Ponte nos arredores de OURENSE, sobre o Miño.
Edgar Thomas Ainger Wigram, 6º Barón de Wigram, 1864-1935. En "Northern Spain", escrito e ilustrado por este aristocrático e curioso acuarelista inglés, publicado en 1906. Fermoso ver aparecer as dúas señoras cos seus mandís polo carreiro fluvial do concello de Canedo. Á dereita da mirada, o de Ourense, e agora neste de Francisco Cendón, cara o solpor e 1850, utilizado como cartaz da exposición "Cidades no Tempo: Ourense", que se inaugura en marzo. A ponte vella como definitoria do novo concello Ourense con Canedo, dende mediados do século XX.
Vista de Ourense deste mesmo artista:. A ponte é a das Burgas, na estrada decimonónica Villacastín-Vigo.
A cidade medrou cara o S. da catedral, e a máis moderna para o N. Enriba dela, nas abas de ontalegre o convento medieval de San Francisco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario