A Beleza, para Lezón
Chéganos de novo coa Galería Visol a obra de María Lezón Fernández-Hontoria, (1971, Madrid), pintora que viñera dende Málaga en 2014, coa súa obra apoiándose na historia dun avó, Ricardo Nóvoa Lezón.
Chéganos de novo coa Galería Visol a obra de María Lezón Fernández-Hontoria, (1971, Madrid), pintora que viñera dende Málaga en 2014, coa súa obra apoiándose na historia dun avó, Ricardo Nóvoa Lezón.
Coa exposición que trae quere reivindicar o concepto de Beleza na arte, co argumento de non querer ‘enfocarse en lo conceptual como tema primordial’ pois dese xeito ‘se convierte en elitista y marginal’, xa que logo ‘es menos accesible’.
Un Casarío vasco, a finca con xardín e piscina, e os seus nenos, que aparecen tamén en escenas de interior, o microcosmos dun mundo acomodado no económico, cálida e colorista mostra que expresa paixón dende a rechamante posta en escena para formar ambientes.
A influenza do cine, caso de Alfred Hitchcock, na arte Artemisia Gentilleschi, en a literatura, Vladimir Nabokov, 'Lolita' en concreto, son evasión, modelo e inspiración dunha artista formada en Canadá, con infancia en Getxto, Viscaia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario