lunes, 22 de enero de 2018

FERNANDO CASÁS EN ALTERARTE


ARTE ET ALIA
O artigo na web do diario La Región. 22.I_18
XABIER LIMIA DE GARDÓN



                                  Fernando Casás, capturando o tempo


'Muy pronto en mi vida fue demasiado tarde. A los dieciocho años era ya demasiado tarde. A los dieciocho años envejecí’. Comeza así, deste xeito deprimente, ‘L’Amant’ de Marguerite Duras. Este é o poder das experiencias. Eis unha percepción do tempo a escala persoal e transcendente. Outra é a da Terra, que tamén envellece, e desgástase, por máis que poidamos coincidir coa poética dos Eidos de Novoneyra de ‘aínda é nova a terra’, unha mirada dende o lado optimista da vida. Mais ignoramos os síntomas das feridas que lle estamos a infrinxir coas agresivas accións industriais, mineiras, a dilapidación enerxética e explotación alimentaria.


Hai artistas como o pontevedrés Fernando Casás (Fernando Estarque Casás, Gondomar, 1946), que veñen alertando, dende fai anos, décadas, no seu caso, de que o tempo da Terra se está a esgotar. Dende Brasil onde viviu e traballou, como tantos galegos do sur da Comunidade Autónoma desenrola como un pioneiro do que logo se denominou Land Art, ou Earth Works/obras da terra, coetaneamente a Richard Long, Walter de Maria e Robert Smithson, unha preocupación artística pola natureza.

En 1989 acada o Premio Ibeu en Río de Janeiro con ‘Amazonas, Serie Negra’, ano no que regresa a Galicia.

Longa noite de pedra, Terra, Granito e pidras erosionadas. N. Friburgo, Brasil. 1981-82. Achegase ás súas raíces galegas, e fai unha serie dende o poema de Celso Emilio Ferreiro Míguez.
O artista de conversa con Buxán. A carón de Despois de Marte,
ramas árbore con pintura fosforescente, 2016.
Da man de Xº Antón Castro Fernández, como comisario artísticohega a Ourense co proxecto Estado Crítico do profesor Xº Manuel Buxán, que remata con esta exposición a súa terceira tempada.

Así mergullados como estamos nun labirinto informe, unha amálgama na que a paisaxe é duración, pois temos memoria, o artista partindo do tema da destrución do mundo quere construír un proxecto para vivir a posteriori, consciente do esgotamento do planeta, un tema sobre o que está a traballar desde 2005.




E dende esta inquedanza, o artista fai esta mostra, ’Materia desvelada’, con catro pezas como situacións creadas polo propio tempo, que envasa para nós, con unha idea da arte como transcendencia. Céntraa 'Depois de Marte', unha escultura arbórea formada por ramas recubertas de pintura branca e fosforescencia, obra magnética que é para as outras obras como o efecto doppler, o fluxo da auga que arrodea un cisne.

Fai con ese título un tríptico de pintura e fume sobre madeira, sendo a terceira tres secuencias fotográficas de 'asteroides', que son en realidade ‘Batatas’, alimento americano que tanta fame ten quitado en Europa nos séculos XIX e XX, produto culinario base hoxe na gastronomía europea.

Depois de Marte / B1, B2, B3.
Tríptico. Pintura y humo sobre madera. 40 x 70cm. cada módulo. 1993.

Velaquí o ascenso do humilde tubérculo a categoría, cerne vital, metáfora da vida. A cuarta das obras son os negativos que soterrou na casa do seu pai cando regresou do Brasil e recuperou vinte un anos máis tarde, co que con estes 'Fantasmas revelados' nos pon diante da acción temporal da terra en clave numerolóxica, tres veces sete.


O que se mantén, e o que se esvae, neste resto arqueolóxico seu.

Árboles como arqueología, Huesca.
'As árbores como arqueoloxía', nos Monegros, Huesca; e a 'Memoria do río', escultura de troncos en bronce con árbores vivas, praza que deseña en Pontevedra son suxestión e lección...


Memoria do río, Pontevedra, 2006. En memoria dos mortos pola liberdade...


No hay comentarios:

Publicar un comentario