Nos Vº Encontros de Arte e Natureza_ 2017, Pontevedra, coordinados polos artistas Carme Hermo e Antón Sobral, participou Christian Villamide, de Lugo.
Cos demáis artistas, fixo unha intervención efémera na Illa das Esculturas do Lérez. A súa foi a 'Ilustración Tratado II', que pendurou dunha árbore enriba das augas do río.
O artista lucense impartiu ademais unha conferencia: 'Hortus conclusus e a paisaxe creada'.
Xa antes, en xullo de 2016, tiñaa colocado nunha pola doutra árbore no claustro do antigo convento de san Francisco no contexto da súa exposición ‘A Paisaxe contra a parede', do Museo de Lugo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario