lunes, 25 de enero de 2016

OS BODEGÓNS SÉCULO XXI DE QUINTANA MARTELO


ARTE ET ALIA.
artº en La Región
XABIER LIMIA DE GARDÓN

O artista o día da presentación diante do 'Gran prato marelo', 2013-2014, ól. s. tea, 200x300 cm.
Trátase de Quintana Martelo. Arriba e abaixo, no Centro Cultural, a súa obra se extende, luminosa, nas dúas salas de exposición, ofrecendo nos dous campos visuais a súa percepción. Con un afán de complementariedade non buscada, pois as obras foron xurdindo no tempo dende motivacións e inquedanzas distintas, afinada sempre, dende a súa mirada, os cadros, debuxos e esculturas. No seu estudo de Teo, a un lado de Santiago, pintou e realizou as que colocou na da planta baixa, elaborándoas por varios anos; e as do primeiro andar, máis recentes, fíxoas en Madrid, o seu novo taller. Quintana e Martelo, mais todo elo non é máis que un camiño pois un, Manuel, é o mestre. Todo conduce a todo, pola canle segreda do ser, cordón umbilical da esencia creadora plástica. E tamén da coherencia da vida.
As últimas rosas do roxo, e As rosas do roxo, 2013 ól.s.tea, 130x175 cm. (...), foto A.nieto.
'Composición II, 2015: Marmelos sobre pila de pratos e follas,
sobre base, enriba dunha mesa. Non incluída no catálogo.
O artista que chega ata nós por vez primeira é todo un veterano no mundo da arte, logo de ter levado a súa obra a Barcelona en 1970, onde estudou, Tarragona, Reus, Vigo, A Coruña, Pontevedra e a Compostela, terra na que naceu (Roxos, 1946). Madrid, París, Porto, Panamá e Suiza, e tamén La Habana e Nova York. Nesta gran urbe viviu tempadas, logo do seu paso pola docencia de Instituto no Xelmírez, decisión transcendente, fuxida persoal que o centra dende a introspección gañando a arte, e o noso país, un creador apaixonado.

Dende o Expresionismo á Abstracción, gusta o artista de Rembrandt e Lucien Freud, Bacon e Duchamp. Mais é o realismo táctil á súa moda, ou xeito, o que engaiola a todos. En 2007, con sesenta cumpridos, un alto no camiño con unha dobre exposición en Compostela, a retrospectiva de trinta anos e ‘Memoria’, coa que tomar impulso. Pasado e presente, como escribe Fernández Cid no magnífico texto do espléndido catálogo. Aparece así unha escultura sui xéneris, na que todo, pedestal de madeira e peza broncínea conforman un todo: eis a procura da terceira dimensión. A estratexia de suscitar dous planos, que comezan sendo ángulos ('From Schindler’s list', que coloca no frontispicio de xeito significativo) transfórmase nas obras-díptico, plasmando nun deles o concreto, como nos pratos de atelier, que repite con teimuda parsimonia e pracer. O outro é máis libre. Nel achegase ao abstracto ou informal.

'Duque de Medinacelli, 9', 2015, mixta s. papel
Na planta superior QM reivindicase como un pintor novel cos seus ‘Containers’ de Madrid, que amosa por primeira vez. Velaquí o ‘urban return’ neoiorquino, noutra volta da súa vida. Con un dicir plástico contemporáneo, o artista exhibe músculo pictórico. É unha formidable expresión da forma mental, dende a mirada, poesía da ollada sorprendida, bodegóns na rúa que documenta por capas, ou estratos, en papel, logo da fotografía inicial, para o cambio de escala final. Velaquí a mirada do artista, que transforma o mundo. Coa súa prodixiosa man para o debuxo, tema que escolle precisamente para o discurso de entrada na Real Academia Galega de BB.AA. en 2004, cubrindo a vacante de Xavier Pousa, ourensán por matrimonio.


No centro, 'Marqués de Cubas, 23', 2012-2015, ól.s.tea, 260x780 cm., políptico. Obra utilizada para a invitación da exosición, que serviu como motivo para a capa do libro-catálogo.
Dela é hoxe en día o seu Presidente. Dous anos antes, en 2012, habíanlle dado o Premio da Cultura Galega.


No hay comentarios:

Publicar un comentario