jueves, 11 de julio de 2013

Inventando dende Perec

O 'Gabinete dun afeccionado' é un proxecto que se orixina no libro do mesmo nome do escritor francés Georges Perec. Eis unha máis que recomendable expoxición no Museo Municipal (dende onte: todo o verán). Rosendo Cid e José Carlos Seoane foron os comisarios/coordinadores: son microrelatos dun artista e un escritor, polo xeral, en colaboración/relación. Eu abro o catálogo con Acisclo Novo.

Portada do libro catálogo, realizado por Marcos Nácher

Colectivo BO  (Alfredo Omaña & JM Beneitez). Poema obxeto, instalación.
Os participantes no proxecto son os seguintes artistas e escritores:

Acisclo Novo e Xabier Limia de GardónAlejandro Caporale e Juan Conde Souto; Alfredo Omaña e José Mª Benéitez; Misha Bies Golas e Jorge Varela; María Chenut e Estíbaliz Espinosa; Tamara Feijoo e Christian García; José Carlos Seoane e Xurxo Sierra Veloso; Iván Prieto e Sofía Otero; Belén Padrón e Germán Botana; Xosé Vilamoure e Alfonso Rodríguez; e finalmente Elena Gómez (Dahlgren), Pablo Orza, María Puertas, Rosendo Cid, en plan self-made man/girl...

Na presentación vespertina (by Eliaz)

By Vilamoure

No hay comentarios:

Publicar un comentario