martes, 14 de mayo de 2013

Rei David de Covas (San Cristovo de Cea)

Extraña e magnífica peza supostamente de Santa María de Covas (fot. Fernando del Río)
Mañá presentación da 'Peza do mes' do Museo Arqueolóxico Provincial. Ás oito da tarde. Será na sala cedida polo concello dende fai unha década na vella igrexa da Venerable Orde Terceira do antigo convento de San Francisco (espazo compartido co Albergue de Peregrinos). Trátase do "Rei David de Santa María de Covas", que estudou a historiadora Ana María Veiga Romero, quen fará a presentación.
A igrexa dende a cámara da artista da fotografía Asun Adá, de Cea.
Segundo informa (cfr. o Pdf) a peza foi comprada polo director do Museo D. Xesús Ferro Couselo ao anticuario de Ourense Urbano Ferreiro Pérez en 1972, quen lle dixo que era de aquela procedencia. É unha peza de granito (110 cm de alto x 37 de largo x 40 de profundidade). Coñemos a igrexa sita nun pequeno outeiro a kilómetro e medio da vila de Cea, en dirección á Barrela. Aquí estaba segundo vagas testemuñas interesadas un pequeno castelo, destruído na época das guerras irmandiñas do século XV. Tería unha capela, sen dúbida, e a presenza de Santiago Apóstolo na fachada fala da relación co camiño en dirección a Oseira e logo a Compostela na Idade Media. O edificio foi reformado na época do estilo Barroco e convertida en parroquia a finais do século XIX. Dátase pois no século XVIII, máis ten restos anteriores á Idade Moderna tralo retablo.

Velaquí os deixo o documento en Pdf feito ad hoc no 'Museo Arqueolóxico' ( dossier da peza ). No seu texto a historiadora cita unha investigación miña, na que dato a existencia da capela-santuario da Virxe en 1634...




No hay comentarios:

Publicar un comentario