|
No Liceo, Ourense, Junio de 2009, con J. C. Caneiro. |
Basilio Losada Castro (A Pobra de San Xiao, Láncara / Lugo, 1930) ven de ser galardoado co Premio Otero Pedrayo na súa XXXV edición. Así se está a publicar dende o pasado día 27.
O que se suma a: Creu de Sant Jordi (1984), Medalla Castelao (1989) da Xunta de Galicia; Pedrón de Honra (1990), do Patronato Pedrón de Ouro; Premio Nacional de Tradución (1991), do Ministerio de Cultura pola súa versión de "Memorial do convento", de José Saramago; Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique (1993), do Governo da República de Portugal; Ordem do Cruzeiro do Sul (1995), Do Governo do Brasil, e co premio Galego Egrexio, da Fundación Premios da Crítica Galicia (1998).
|
De negro e falando o pasado Xuño da Biblioteca da Cidade da Cultura, Santiago. Con Luis Tosar e Marina Mayoral.
|
|
Con Celso E. Ferreiro en 1975, Venecia.
|
Doutor en Filosofía e Letras e catedrático de Literatura Galaico-Portuguesa pola Universitat de Barcelona. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do PEN Club de Galicia. É doutor honoris causa polo Knox College. Foi director literario de Caralt Editores e a Editorial Noguer de Barcelona, e membro do consello de redacción da revista Grial. Son libros seus
Galicia (1969), ou
O Camiño de Santiago (1992), e traducións ó galego e ó castelán, desde o alemán, o francés, o catalán e o portugués.
(
vide a súa traxectoria na Galipedia)
Noraboa ó mestre galego-lucense, que dende Barcelona alecciona co seu maxisterio e talante...
|
Editado en 2001, trad. súa... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario