martes, 4 de septiembre de 2012

Con Acisclo na exposición de Allariz



            Vou con Acisclo para escoitar da súa voz a exposición que inaugurou a semana pasada -aínda agosto-, pois as súas obras ocupan a sala de exposicións na Casa de Risco.

Acompáñanos Alfonso V. Monjardín Blanco, posando ámbolos a carón dun retrato que o artista lle fixo a D. Vicente en 1961.
Esta é un espazo de varios andares que hai que visitar con corazón agradecido para co gran polígrafo -un dos creadores xerminais da moderna Galicia que medrou ata a súa maioría de idade na primeira metade do pasado século-, e para os que pilotan a súa Fundación, no edificio de Allariz.

Dona da Acearrica
A exposición é unha sorpresa plástica, e aínda sinestésica cando se chega ó final, coa colaboración de Fina Rei, nunhas esculturas aciscleanas de chocolate, repostería fina coa teobromina absorbendo as cores baixo o cristal, na apetecible caixa.


Soños de Romasanta
 Dende a entrada co Totem alaricano -madeira e chumbo-, pasando polas pezas ibizencas -terra e ceo-, e o gran relevo monocromo que dun tálamo próximo se amosa de novo dende 1983, ata as catro pezas dos Soños de Romasanta, ou Fuxindo do Arnoia, todo son formas e cores, rostros e torsos, anacos dunha paisaxe que fusiona fuxindo da anécdota coa categoría da terracota policromada.


Soños de Romasanta

Este é Acisclo, exemplo de actitude que remove as derrotistas actitudes coa súa actividade. Eis a esencia do grande mestre no que se ten convertido, a mirada pousada, son de seu. Rematou o verán mais Acisclo segue a ser luz. E sorriso.



No hay comentarios:

Publicar un comentario