jueves, 22 de diciembre de 2016

Jesús, dios entre dioses, que nace en el solsticio

En estos días del solsticio de invierno, de máxima oscuridad/mínima lúz, con la esperanza desde ayer en que el ciclo continúe hacia el solsticio de verano: Carro Solar de Trundholm, Dinamarca, el sol es arrastrado por un caballo por el cielo, y un resumen de la importancia de la fiesta de estos días. En el centro...





lunes, 19 de diciembre de 2016

RUBÉN VILANOVA E TONHO FERREIRO: AUGAS MESTAS





XABIER LIMIA DE GARDÓN.

ARTE ET ALIA.


Xogan os nenos ca auga, saltan nela, móllanse. Xaora, de maiores, temos con ela unha relación intensa, coa chuvia e nos ríos, na mar, na ducha,... Velaquí a relación do principio do mundo, do que é máis intransferiblemente noso.

Así o vimos neste ‘Dentro e Fóra’ do Outono Fotográfico XXXIV que xa devala. Nunha das mostras, ‘Augas vertentes’, aínda das fiestras acristaladas do edificio das Facultades do Campus coordinada por Xosé Lois Vázquez e Celia Simón, amósanos unha reflexión coa auga no fondo, dos seus usos e abusos por parte dunha parte minoritaria da humaninade, como sinalan os organizadores, e na escolla salientan a José Luiz Oubiña, fotógrafo natural de Curitiba, Brasil, e afincado en Vilagarcía fai cinco lustros, con unha obra na que as ondas semellan formas pictóricas abstractas. Mais nós queremos destacar a presenza das fotos do comisario, coas de Lois Pardo e de José Paz, de Ourense, todos ben coñecidos, que se xuntan con unha morea de participantes.



E dende as augas da memoria é precisamente o proxecto de Ferreiro e Vilanova,A man verde’, que na sala baixa do Centro Cultural remata estes días. A idea de aquel, profesor en Ourense na Escola de Arte Superior e Deseño ‘Antonio Faílde’, e máis maior, é plasmada no cadro, para que logo Rubén Vilanova, que estudou aquí fotografía artística, recréea nunha acción fotográfica. Amorean así nove momentos que se explican dende os acaídos títulos: a qué cheiran as avoas?, caligrafía con recendo a café, sábados eléctricos, a mesma pedra, xogos prohibidos, é domingo, en vía morta, o que nos separa, e a morada de verán. Así dispostos os temas, no que hai escaleiras e pedras, claro que son os xogos de cando nenos... 

Os artistas retratados por Eliaz para Ourense tempo de lecer.

Así dende o código visual elixido, con equivalencia nos formatos expresivos, e colocándoos pareados, conforman unha mostra distinta e audaz, nun efecto buscado para os sentidos por ámbolos dous, ainda que deberon engadir unha máis por efectos de simetría. Un catálogo á altura completa este discurso mol que se esgota en si mesmo, malia abrirse con unha cita do poeta irlandés Seamus HeaneyFago versos/ para verme como ecoo dende a escuridade’, como escribe en ‘La muerte de un naturalista’, obra na que relaciona os sons e os arrecendos cos recordos, esa lembranza que é memoria pero máis aínda sentimentos dun xa foi. 


Entender a vida, e tomar conciencia do presente, aínda que para elo só poidamos facemos retrospectivamente, como dixera Soren Kierkegaard e que se fai verdade verdadeira cando un xa ben sendo un ser para a morte máis que ser para a vida... Mais esta, a vida, pode ser tamén entendida como eso que chega dende o futuro, sexa este o que for. Coa liberdade na escolla sempre. 



Como neste tempo de outono, para nós xa inverno dende primeiros de novembro, malia esta ‘galifornia’ de calores que vivimos co cambio climático. A luz, tan necesaria para a vida, que é fundamental para as artes, tanto da fotografía como tamén para a pintura...


sábado, 17 de diciembre de 2016

“Maestro Mateo en el Museo del Prado”


Da basílica-catedral de Santiago de Galicia, Compostela, principalmente, ao Museo do Prado / Madrid.


Son catorce pezas, ca. 1168/1211, extraídas do seu emprazamento orixinal na fachada e coro, que están en insitucións e coleccións particulares, ademáis do propio Museo da catedral.

San Mateo

Enoch


Hai nove esculturas da primitiva fachada exterior do Pórtico da Gloria, oito delas coñecidas, como o rosetón e dúas dovelas, e outras pezas  como os Cabalos do cortexo dos Reises ou San Mateo, que estiveron ata o século XVII nos primeiros tramos da nave.

A elas engádede a que acaba de ser descuberta na base dunha das torres da fachada no curso dunha excavación arqueolóxica.



Abraham e Isaac, que están no Pazo...
...de Meirás, propiedade da Fam. Franco


Feita en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes e a Fundación Catedral de Santiago polo que se achegan obras por primeira vez en 500 anos.

Un novo relatorio dos traballos do mestre Mateo para la Catedral de Santiago, que podedes desfrutar ata o 26 de marzo de 2017.






Dúas das pezas acéfalas hoxendía, Profeta unha, Rei a outra (Fernando II de León?), da exposición.

Aquela foi achada no recheo da torre norte da catedral fai uns meses, no curso duns traballos arqueolóxicos e de cosolidación. Vese aquí por primeira vez...











Cabalos do séquito dos RR. Magos, granito c/ restos policromía.
ca. 1200, Compostela, Mº Catedral



Un relatorio completo dos traballos do gran Mestre Mateo para a catedral compostelana.

                                                  En Madrid ata o 26 de marzo de 2017.



domingo, 11 de diciembre de 2016

Mar Caldas





'Imaxes, xestos, voces' é a exposición que Mar Caldas trae á sala Alterarte, no Campus, na que reúne obras súas dende a segunda metade da década dos anos 90: a máis antiga é ‘Se voçe me abrir, nao esqueça de me fechar’, dos anos 1996-1997, dúas grandes imaxes fotográficas do seu corpo con maillot, aberto/pechado; 

Para empezar’, a vindicación de xénero dende a cabeleira de muller trasquilada e cos rizos para enviar polo mundo adiante por correo postal... e da serie ‘A entrega’ unha foto en gran tamaño dunha parella bicándose con paixón, que non positiva, e semella unha radiografía, obra que centra a mostra. 


Un video é ‘striptease literal’, de 2004, unha descripción dende un texto, a xeito de inventario-denuncia... A derradeira das obras é unha performance en video, ‘Fera engaiolada’, 2006/1016, unha muller que se move con xestos enérxicos sen conseguir erguerse. 




Eis toda ela unha visión práctica, e mesmo teórica da reivindicación feminista, feita con tons serios e graves, e tamén algo de ironía. O modo de proceder seu foi revisar proxectos anteriores e desenvolvelos para os tempos de hoxe, salientando ela que a meirande parte das obras "non foran expostas anteriormente ou só o fixeran dun xeito parcial e esbozado". 


Eis o feminino como discurso, nunha praxe feminista na que a mensaxe corpo / sexualidade, animalismo / machismo se presenta explícito. A profesora viguesa Mar Caldas leva anos inserida dentro do movemento de vindicación feminista, onde hai literatas e artistas, e ten feito outras exposicións caso de ‘Boas pezas’ de 2007 ou ‘Genealogías feministas en el arte español', 1960-2010, en 2012 no MUSAC, León.




O profesor Xosé Manuel Buxán, desta volta o curator dela, salientou que “nun momento tan terrible e estraño como o actual, máis que nunca volven a ser necesarias cousas esenciais como reivindicar a igualdade de xénero”. Como director de Alterarte, Buxán procurou unha vez máis que a exposición de novembro esté dentro do marco do Outono Fotográfico, como unha proposta máis das do Campus, malia integrarse no Plan xeral da Universidade ‘Estado Crítico 10 curadores dez artistas’.