jueves, 7 de junio de 2012

En Triskel e Medulio vaise Paz Antón, entra Rosendo Cid



Na sala Triskel e Medulio (rúa Antero Rubín) de Tui, Manolo Martínez e a súa dona Fermi veñen de facer o cambio de mostra artística: rematou a exposición de Paz Antón, excelente pintor e músico (de Na Lúa) ( aquí unha mostra da súa música ) para escomezar Rosendo Cid, de Ourense.

Nesta foto de La Opinión de Na Lúa Paz Antón está diante
En cada inauguración, dende fai moitos anos, nesta singular galería onde a arte e a amizade se dan a man, se produce tamén a unión da música o día de cada inauguración. Así con aquel o miniconcerto foi de Kiko Paz, Antón Rodríguez e Aloia Martínez. E co de Ourense foi de Paco Barreiro.

Velaquí unha das obras do artista Paz Antón, na que a música está ben presente. E tamén un ar que lembra obras de Xosé Luis de Dios.






Entra na galería Rosendo Cid, coa mostra “365 collages después...” dende o pasado sábado. O seu blog se titula de xeito característico "365 maneras de estar en el mundo", o mesmo dunha serie de fotografías que leva a facer dende 2007.
O artista está licenciado dende 1999 na facultade de Belas Artes da U. Vigo en escultura... Eis a influencia do seu pai, o escultor Xosé Cid.


A mostra poderá visitarse ata o 15 de xullo.

martes, 5 de junio de 2012

Czar invita antes de descolgar no Municipal de Ourense...

será este próximo xoves segundo un folleto / díptico ad hoc very special que se nos deu nos pasados días ...

Era necesario facer un folleto especial para esta 'xuntanza' lúdica? quén paga o ágape ('viño español', sic) gratuito? É todo cousa dun agasallo por parte do artista ou é da Concellaría propietaria da sala? Convén diferenciar de contado pois non está o forno para bolas. E máis aínda no tocante ós cartos públicos.

Taboada explica á Concellala e a Directora a obra ut infra (fot. de Tempo de Lecer)

                                                                       * * *

Mais veñamos á esencia deste caderno dixital: a de divulgar a arte.

Vexamos pois tres exempros da arte de Czar. Por máis que os comportamentos de uns e doutros sexan censurables.

Velaquí o que ven facendo dende hai dez anos:

 a) Denantes (obra que conecta co que facía fai dez anos)
Epcr, 2006. É dicir: Epicuro (sic).


Nesta, anque do mesmo ano que a anterior, apunta un cambio: b) Antes de agora

Brz rj, 2006. Isto é "Berza roja"


















Finalmente o penúltimo que está facendo: c) Antronte

Cfdnc mr, 2010, ou o que é o mesmo "Confidencia mora".
E domani ?

Mentres ..., e la nave va (Fellini) !


domingo, 3 de junio de 2012

Seo, unha nova voz plástica


Chega ‘Seo’ cos seus cadros á sala Visol, cos seus mundos entrevistos que titula Renacimiento íntimo.


Dende un amplo percorrido vital e unha bagaxe de docente da filosofía Antonio Seoane. Nace para a arte de Ourense nos pasados días do mes de maio, sendo noutro mes semellante do calendario de 1970 cando nacía -nunca igual pois é sabido que non se pode bañar ún dúas veces nas mesmas augas do tempo-. E séntese pintor dende os primeiros noventa, cando andaba a estudar en Santiago. Xa que logo todo o demais é aprendizaxe no oficio de vivir. Todo elo coa poesía no ar, que escribe, sendo fundador e coeditor da infaustamente efímera Letras de Cal, colección de referencia no medio cultural galego.


O mundo do circo é un tema que o ten aproximado a Manolo Figueiras. Con Antonio Soria Rocafort, ou Jorge Varela, véselle por veces en Allariz, tendo escrito no catálogo deste da exposición do Simeón de 2004 co seudónimo / heterónimo de Antón Ferne.

                                    "Ser
                                     Renacer 
                                     con muerte 
                                     sin fin. 
                                     Siempre, siempre 
                                     de instante en instante 
                                     a toda velocidad 
                                     renacer 
                                     mientras por dentro mueres 
                                     Muy lentamente",

é un dos seus poemas do Caderno da exposición acaído ó tema, por máis que para ela sexa máis explícito aquel no que se le

                                       “cada despertar, un renacimiento; 
                                         cada instante un cauce posible para el éxtasis”.

 
El amor que nos conforta (dende Velázquez e Tintoretto, vide infra).








Este é en si mesmo un curioso documento manuscrito con amplas citas de eruditos da arte en relación coa temática das obras da mostra, e debuxos de obras da historia da arte que lle teñen interesado (Rothko, Velázquez, Tintoretto, Leonardo, pero tamén Toulouse-Lautrec, Dégas, Balthus e Michelángelo, entre outros, como o seu autorretrato).

viernes, 1 de junio de 2012

Jorge Varela, artista, licenciouse na Facultade de Humanidades

Arte, utopía e dó. Catro aproximacións 1989-2007. Con este título o artista alaricano Jorge Varela ben de defender a súa tese de licenciatura na Facultade de Historia do campus de Ourense. Noraboa !

Foto do artista, tomada do D.U.V.I.
Todos os traballos expoñen a necesidade dun cambio social e político, desde unha actitude que pretende dalgún modo reparar a perda: dos mortos e esquecidos e da súa imaxe, dos desaparecidos e asasinados e torturados, dos emigrantes que perderon a súa relación coa linguaxe de orixe ou dos que xacen en fosas comúns baixo os nosos pés”, sinalou Varela á redactora do Diario da Universidade de Vigo (http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=6090&Itemid=10). A investigación, foi dirixida pola Dra. Mª Victoria Carballo Calero. Segundo a noticia tratase de prácticas artísticas (O bus da memoria, Carteis viarios, Index of the disappeared e Foxa común) nas que os creadores desenvolven proxectos en colaboración con asociacións de dereitos humanos, de memoria ou de inmigrantes, obras que tratan dende as 'ferramentas estéticas' pretenden 'reparar a perda ante a morte ou pedir xustiza (?!).

O artista con unha das súas obras coa que se premiou a Fernández Naval en 2010 (Certame Fiz Vergara Vilariño)
Velaquí outra das súas obras, que puidemos ver en Volter, Ourense, 2009. O boneco chámase Manolo...



martes, 29 de mayo de 2012

Para D. RAMÓN ante a súa estatua agredida

Ante o pedestal  baleiro da estatua a D. Ramón Otero Pedrayo na Praza do Corrixidor (a obra do artista Manuel García de Buciños Vázquez (Buciños, Carballedo-Lugo, 1938) foi retirada logo de ser derrubada por unhos mozos nunha das noites a pasada fin de semana).



Poden agredila, mais sempre será a súa estatua. Non saben que a íl non o agreden pois non poden: non ofende quen quere senon quen pode. E eles non poden. Non !, pois non o coñecen...

Semella unha parte do mobiliario urbano, un banco, unha mesa, unha farola... Cada ún delen ten unha función máis unha estatua -esta estatua máis que outras- é un símbolo. De Nós, noso, de Ourense, de Galicia enteira.

Porque unha estatua non é unha farola, ou un banco, hai que protexela e realzala nun pedestal ad hoc, nunha altura apropiada ó persoeiro, como corresponde ou polo que representa: porque non só era a bonhomía, a convivencia, a cultura, novela, poesía, ensaio, artigos, eran ademais as clases docentes, a oratoria, a participación nunha idea de país, o sentimento de Galicia, da terra, cumio da galeguidade !

A abreviatura do "D." parece que se se lle engadiu a posteriori...


Esto está a suceder un mes antes da xuntanxa en lembranza de D. Ramón Otero Pedrayo, no seu antigo pazo de Trasalba, sé da Fundación que leva o seu nome. Alí celebrarase (celebraremos) a nosa festa da galeguidade cultural. Este ano co premio merecido á ilustre mestra e pedagoga Antía Cal.