Coincidindo co remate das festas do Corpus hai en Ourense treboadas, e nimbos. Uns dependen de Xosé María Díaz Castro (Vilariño dos Cregos-Vilares de Parga, 19.II.1914 / Guitiriz, 3.X.1990), quen veu publicado en vida un libro pola Editorial Galaxia en 1961: "Nimbos". Para o poeta de forte pegada relixiosa, máis que nubes, é o resplandor da divididade en forma de santidade...
Segundo dixo: “é o nimbo dos santos, a aureola que rodea a cabeza dos santos, unha aureola de gloria. E coma unha aureola que lles poñemos ás cousas para facelas resaltar máis… Algún crítico dixo que era un home con moito respecto ás cousas, un respecto ás criaturas de Deus non acariñadas. Esas son as que busca o poeta para elevalas a unha categoría, e por iso envólveas nun nimbo de luz, para darlles gloria”... Hai dados dabondo na web da Cultura Galega.
Na foto de Martiño Pinal (La Voz de Galicia de onte, que da o anticipo da noticia), o escultor Xosé Cid traballando en pedra de Trasalba no lugar da Pousa a obra inspirada sobre a obra do autor lucense, encargada pola Deputación para o encontro anual da Ínsua dos Poetas a comezos do mes de xullo que dirixe o autor de "Estúrdiga materia", Luís G. Tosar.
Mentres, en Trasalba, na sé da Fundación Otero Pedrayo e coincidindo coa entrega do premio da fundación ó filógogo Ramón Lorenzo, o grande escultor Manolo de Buciños ven de doar como agasallo unha réplica da escultura que dedicara a D. Ramón que puxo en Bouzas, barrio portuario de Vigo no 2003 (que forma parte dun 'encontro imaxinario' con Valle Inclán, Saramago e Álvaro Cunqueiro. Así o di La Región.
Máis se un lé en Galicia-hoxe (a piques de fechalo a cabeceira de El Correo Gallego), a noticia é distinta: "Ademais, o escultor Manuel Buciños entregoulle onte á Fundación Otero Pedrayo, presidida polo director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, unha réplica en miniatura da figura en bronce que realizou do histórico galeguista en 1983 e que hoxe está colocada na Praza do Correxedor en Ourense". ¿Cómo se entende?
Ben puideron ter escollido outro día, pois no caso de Buciños o protagonista era o "Señor das Palabras", o filólogo do galego. E no primeiro, aínda non é tempo de dala, ata o día da inaugación. Vanitas vanitatis et omnia vanitas !.
No hay comentarios:
Publicar un comentario