miércoles, 30 de noviembre de 2016

FOTOGRAFÍA DE ARQUITECTOS



XABIER LIMIA DE GARDÓN.
O texto aquí, na web de La Región
ARTE ET ALIA.


Expone en Ourense Víctor Enrich, con ocasión del Outono Fotográfico 2016 ‘Dentro e fóra’. Su muestra en el Museo Municipal lleva por título ‘City Portraits’, un proyecto de 2011 galardonado en el festival ‘Encontros da Imagem’ de Braga. Lo destacado de este artista de Barcelona, que trae una imaginativa propuesta con la arquitectura en la base, es que halla descubierto su vocación desde los estudios para arquitecto.



Malia concluilos, non foi quen de dedicarse á actividade constructiva, que o seu foi a creatividade virtual dende os entornos do Autocad, coñecementos ampliados con 3D Studio Max. Con todo elo acada uns edificios inverosímiles, estructuras nas que amosa non ter medo ao imposible, imaxes relacionadas con Escher, os deseñadores de videoxogos ou algúns dos máis importantes debuxantes da banda deseñada. Son todas unhas imaxes que traen ata nós uns mundos sub reais que deben moito á súa paixón polo xogo arquitectónico.

Medusa: da orixe ao resultado de Enrich

Parte de edificios reais que fotografía en diferentes ciudades, caso de Roma, ou Riga, en Estonia, país a carón do mar Báltico onde se mudou, e no que descubriu a súa vocación. Viviu tamén en Israel varios anos, no que fixo varias exposicións e que lle deixou unha fonda pegada, como se ve en Ourense.


Así ‘Medusa’ que lembra o edificio Viacambre no Paseo, e a suxestiva ‘Mersand’, edificio de cinco andares enriba dun monte do revés, apoiado nun punto, e que se extende coa casa cara o ceo como un fuso. Será unha metáfora de Israel, no medio dun deserto (Negueb)?. A inscripción xudea nun dos toldos dos baixos lévanos alí.

Logo da imaxinación posta ao servizo dunha idea, o retoque fotográfico fai o resto neste ‘arquitectoide’, como se ten definido. Dende a súa inspiración as escaleiras ascenden cara o ceo, ingrávidas, e os rañaceos ábrense por unha fenda superior como si dunha palmeira se tratasen. Con un tanto de argumentario crítico, o certo é que o camiño que nos desvela semella inexplorado e moi creativo.

Mersand, do orixinal á creación de Victor Enrich, cartel da súa exposición en Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario