viernes, 18 de septiembre de 2015

Visita á exposición Embalaxes cos meus almunos maiores

Visita cos meus alumni maiores á exposición 'Embalaxes' no Centro Cultural da Deputación. Para elo contamos coa inestimable compaña do propio artista Leandro Sánchez. 



              O grupo pertence ao segundo de bacharelato dos Maristas (Colexio plurilingüe Santa Mª).

A instantánea recolle un momento ante unha das súas obras, baseada no gran pintor vivo español Antonio López
Nesta outra instantánea co artista diante de outra das súas obras, nas que engade papel pegado ao lenzo, sobre os que pinta, nun dos seus característicos xogos de 'trampantojo'.
Nesta obra, baseada en Sorolla, os alumni invitados a tocar e comprobar dende o tacto os límites da súa arte, desfrutaron dende o asombro...
Deste xeito puideron así coñecer a pintura, e o seu creador. Un xeito de achegalos á arte e, ademais ás instalacións do Centro Cultural.  

Unha magnífica tarde de arte no comezo do curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario