A vendima estase a rematar estes días en Ourense. Seica de menor volume que outros anos mais imaxino que non faltará... (ademáis hai excedentes pasados).
|
Tacuinum sanitatis, f. 52v. |
Engado dúas escenas con parras ubérrimas en crave política: escena da XVIIIª dinastía, tumba de Najt, Tebas; e Líderes protestantes da Liga Esmalkalda, 1531 (que defendía os dereitos dos protestantes luteranos fronte dos católicos).
Iste famoso relevo da Arte Asiri amosa o episodio no que
Assur bani pal e maila súa esposa celebran a vitoria contra o reino de Elam, sentados case en igualdade de condicións mentres beben unha copa de viño (Século VII a.C. Museo Británico, Londres). A cabeza do rei colga da palmeira, fora da parra...
|
El banquete bajo la parra. |
***
Na tumba do noble Sennefer, no antigo Luxor do Imperio Exipcio o teito é unha parra ubérrima tamén.
E na Arte Barroca patria, nas columnas salomónicas á carón dos sagrarios...
|
José de Churriguera, 1693: Convento de San Esteban, Salamanca.
*** |
Libro de Horas de EnriqueVIII, f.5r. |
Porque é no mes de setembro cando se adoita facelo viño. Na reproducción ut supra vemos ás mulleres nas viñas baixas, recolléndo a uva sentadas. Logo ven a tarefa dos homes que as transportan e pisan. Mais na primeira deste pots o home vendima e a muller transporta... sendo pois outro o significado. O primeiro é máis realista, e o segundo é xa máis alegórico, relativo á saúde.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario