Noraboa a Luz Pozo Garza (Ribadeo/Lugo, 1922...) polo merecido premio. Eurisaces Editora ven de publicarlle o seu último poemario (vide infra). Outra editorial de Ourense, Ediciones Linteo, lle tiña publicado varias obras (A ave do norte, 2002; Medea en Corinto, 2003; Memoria solar, 2004; As arpas de Iwerddon, 2006).
Agora que regresa a primavera
por riba de Seivane nas terras de Abadín
e vai deixando sámago nos bimbios.
Agora que retornan as floracións antigas
e unha bris delicada fragmento de escritura
vai liberando a alma.
Agora me decato da presencia do amigo
cando as aves concertan o equinoccio celeste
e os bois en Lamanide
levan na cornamenta unha roda solar.
Atrás quedou a aldea
a páxina purísima escrita en neve
o principio da patria
a pureza inocente que respiran os nenos
e dá tempero a alma.
¿Lémbraste, meu amigo?
A luz deixaba formas de saudade
e a frescura das pedras
podía modular os ámbitos do río
lámina impresionista na mañá fuxidía.
Era o tempo
en que as rapazas novas apañaban nos fieitos.
Lembraraste ás vegadas da mudanza das follas
dos espacios marcados por unha chuvia límpida
da textura da frol rosada das silveiras
da imprecisa distancia que vai da vida á morte
aló por Vilarente.
O serán descendía coma un palio
sobre das terras de Mondoñedo
no tempo dos hexámetros latinos.
Era a consagración da primavera
na materia das árbores na ledicia do vértigo
na memoria das églogas:
Silvestrem tenui Musam meditaris avena.
Viña a palabra nova
na fábula do amor no principio da música
no esplendor imprevisto das maceiras.
Chegaría unha carta de Virxilio:
Sunt nobis mitia poma.
Fuxían as escuras peonías
lonxe do corazón adolescente:
Aínda non entraras nos palafitos da morte.
(Códice Calixtino, Ed. Sotelo Blanco, 1986)

O coord. de Eurisaces Editora Javier Glez. Lamelas no centro... |

No hay comentarios:
Publicar un comentario