sábado, 20 de abril de 2013

O profesor Alonso Montero presidente da R.A.G. nº 12.

Vigués ourensán, do Ribeiro de Ribadavia, onde aprendeu a falar galego cando neno, na casa familiar, e naquela vila estudou. O pasado 24 de novembro foi nomeado Fillo Adoptivo dela.

Na Coruña, un día en que acompañaba a Isaac Díaz Pardo diante da escultura de Manolo Paz...
Cen anos de Literatura Galega , Realismo y conciencia crítica en la Literatura Gallega, O que cómpre saber da lingua galega, O galego na escola… e, sobre todo, Pedro Petouto, os traballos e cavilacións dun mestre subversivo, e ata a versión castelá do Catecismo do labrego de frei Marcos da Portela de Lamas Carvajal...

Obra de Moncho Conde, (exposición da 'cidade da cultura' (sic) no monte Gaias de Santiago. Así o prof. Alonso...

No mes de agosto de 2012, colocouse unha singular placa na casa dos seus avós maternos en Ventosela, pois conmemora desde cando comezou a meterse no mundo sociolinguístico galego con nove anos (segundo Clodio González o seu regreso de Vigo, onde os seus páis tiñan un bar, foi á Gobra, parroquia de Sanín). Aos seus principais galardóns -Premio Galicia de Periodismo en 1986 e 1990, Premio Nacional de Periodismo Julio Camba no 1988, o Otero Pedrayo no 1989 e o Trasalba no 2000-, vense a engadir este encargo de hoxe pola mañá por un voto de diferenza como Presidente da Real Academia Galega.

Parabéns, e saúde para a 'empresa' que lle agarda!

Dende os 'Pseudomenhires' a miña consideración ! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario