martes, 19 de marzo de 2013

Manolo Figueiras:o sabor da auga (1)

Paul de paseo (1)

A importancia dos feitos expréxase no ámbito cotiá, os xestos falan, e así o atento observador se vai decatando do que é, en verdade, valioso. Eis o ar, e a auga. O sabor desta é o da vida pois leva engadido o do coñecemento. Ule e percibe: fermosa metáfora a de ‘saborear as ideas’. Sabor-saber. Así se está a confirmar dende a inauguración de Miguel Karballo e Manolo Figueiras co seu proxecto expositivo ‘Entre Figueiras e Karballos’, na Galería Visol. Uns cadros-bandeira aluden á súa imaxe natural, de pé: son eles, espidos, diante de nós, e así se presentan, espello e símbolo á vez, sen trampantoxos, nun tema de grande fondura metafísica dende finais da Idade Media. Miguel e a natureza, contemplada e descrita -‘vista dos meus ollos’, precisa- dende o cumio dun monte ou diante dunha árbore, á que abraza pintandoa. Manolo e as paisaxes mentales, nunha reelaboración espacial e ideática, que conforma o fondo dun dicir, no que o artista ve a Cézanne contemplando o seu mundo que limita coa súa amada montaña de Sainte Victoire. Mais son eles os espazos onde suceden cousas: hai que abrir ben os ollos.
            
Paul de paseo (e 2)
Porque a referencia cotiá de Manolo Figueiras é o límite da terra, co mar entrando pola ría de Pontevedra ata Combarro, o que non o circunscribe ata atalo, mais a dicotomía das árbores queimadas ou con froitos semella utilizala como un código binario, sendo outro dos seus fitos recurrentes ese home sombra que insire on road. Esta presenza é comunicativa dunha dialéctica persoal, como nesa obra na que reflexiona, rodeado de obras artísticas, entre unha dona e un dos seus amados gatos, sobre a acción mental confrontada coa figura lonxana dun home cun sacho. Un plantexamento vital, de proxenie culta, expresada nun ar barroco entreverado da lección de Rousseau, Le Douanier


Así as pezas de Eurídice, Ariadna ou Dafne: esculturas broncíneas éstas a modo de parlante medalla renacentística, abano dun mundo non exento de ironía.

Ariadna (anverso/reverso)


No hay comentarios:

Publicar un comentario