O mércores inaugurouse (sala Novacaixagalicia) unha cuasi Antolóxica de Virxilio, falecido o ano pasado (1925-2011). A maioría das obras están en manos privadas, obras feitas á calor do Cumial e de Tamallancos, mais tamén de Colonia e Berlín.
|
Entre o público, clientes, artistas (Alexandro, Acisclo, Basallo...), by La Región
|
Coordinada pola filla do artista, é unha gran oportunidade para perecorrer o principal da súa traxectoria (1950-2009). Dende o voluntarismo plantexado con un didactismo por décadas, que son como departamentos-estanco nos que a penas se aprecia máis que o paso do tempo nas obras, ou o troco da técnica e os temas, co conseguinte tratamento da color.
O máis sinificativo dunha biografía son sempre os fitos (viaxes, filla, amizades, vodas e parellas…), e con elo as lecturas, experiencias ou enfermidades. Todo elo axuda, dun xeito decisivo, para achegarmos ás circunstancias nas que as obras son elaboradas.
|
Señoras en la Boutique, 1979. |
A testemuña da filla sería dunha gran importancia, fundamental para concretar os rexistros artísticos menos coñecidos do artista, ó redor dos seus ámetos externos: o Cumial, as cidades alemáns de Berlín e Colonia nas que residiu entre 1974 e 1990, e Tamallancos a partir de 1993.
|
A viuva de Quessada, Karballo e Acisclo, Fermi e Manolo (galeristas en Tui)... (na Voz de Galicia). |
Nestas, como é coñecido, traballa o tema dos espectáculos musicais de Jazz. É o máis novidoso, se ben o máis arriscado do seu elenco son as paisaxes de incendio e o dos mariscadores, con arume a
Cézanne e a
Gauguin , unha reinterpretación dende a cor e o contraluz que lembra a famosa obra de
Monet ‘
Impressión, soleil levant’. Aparecen daquela as feiras e as vendimas, ás que engade as voluptuosas ‘cachondas’ do Paraguay, soas o en contraste coas mulleres de
pañoletas / hayib.
|
Feira, 2000, acrílico e relevo s/táboa |
Arríscase aquí máis que o seu amigo
Baltar, con que compartiu temas, técnicas e inspiración, máis por trás deles está a sombra de
Prego de Oliver, uns anos máis vello. Os bodegóns, debuxos a plumiña e as acuarelas son divertimentos maiores, un viveiro para expresar a inspiración.
A ampla selección é case unha antolóxica -só posible dende un inexistente catálogo-, que se presenta na compaña dun libro coas reproduccións, do que destacamos ademáis do listado de libros que ilustróu, a ampla bibliografía final e, entre os tres textos, o de Santiago Lamas, un soliloquio, que leu na presentación.
[Antiga feira de Tamallancos (Bouzas), 1994, Catálogo Novagaixagalicia, 2012; máis xa será a de Cambeo (cfr. Catálogo Fundación Caixa Galicia 1996)].
Esta máis que suxestiva e importante mostra pode ser a derradeira de Novacaixagalicia en Ourense.
No hay comentarios:
Publicar un comentario