É esta unha mostra de fotos que ispe ao seu autor, pois nela amósanos o perímetro do seu mundo. Ante todo o do seu entorno, xentes coas que temos compartido miradas e tempos ourensás de noso, persoas que podemos ter coñecido, e tratado, pois moitas son dos nosos días.
Barreiros (Ourense, 1950), busca agora con Read /me. (léeme), e fotos de tamaño medio, unha linguaxe de proximidade, caso distinto dos Retratos dun tempo da plástica galega seu de Xulio Gil, quen utilizou un canon sobranceiro na mencionada mostra da sala d’Afundación. Santi ten transitado por un amplo abano temático ao longo da súa vida profesional por vivir da fotografía, o alimenticio dos mundos da moda, vodas e interiorismo, e a liberdade creativa das exposicións. A última con temática aberta á natureza, e antes con Nito as foto-esculturas land art no Campus. Con Vistas al mar, nas paredes do hospital santa María Nai, salas de cancro, vese o seu studium ao modo Barthes, que o artista busca, e tamén o punctum, fóra do seu control, máis alá dos lacrimais...
Ten publicado libros dende 1993, sendo "Entrambosríos", unha aldea da Ribeira Sacra ourensá", o máis recente. De sentir etnográfico eis o ciclo anual coa familia protagonista coa que conviviu, dende a inicial acollida improvisada que se foi fcendo cotiá, obra que transpira emoción arredor das árbores, nas que nos esquece o castañ-rei-do-souto, recollido no catálogo das senlleiras en Galicia. O primeiro dos retratos desta serie é o do Manolo. Todos están na sala do C.C.M.V. da deputación ourensá.
E o seu amigo-irmán Nito Contreras, que morreu, un día antes da súa anterior exposición xuntos.
Outras das
virtudes da exposición é a de acharmos nun mundo coñecido, dende a paisanaxe ás
fotos de viaxes, algunhas nas rotas turísticas, como Lisboa e Perú; a dos pescadores
en Gambia recolle un lance onde se xogou a vida, e na de Vietnam das capas, chea
de picardía, que o anónimo cristaleiro refugaba as fotos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario