Mostrando entradas con la etiqueta Ramón Parada Justel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ramón Parada Justel. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de diciembre de 2014

A rentrée de Parada Justel


Pormenor da expo coa obra recuperada e as principais obras.
O cadro-estrela está mal iluminado, con sombras impropias.
Hai dende fai uns días unha magnífica exposición do Museo Arqueolóxico e de Belas Artes de Ourense no Centro JA Valente. 


Co gallo da obra ‘Los Satélites’ de Ramón Parada Justel, que se ven de restaurar no centro museístico provincial dirixido por Julio Rodríguez

Refulxe así nos días máis escuros do ano solar coa luz dun egrexio artista ourensán nacido en Esgos. 

Está detrás un silente e teimudo traballo de investigadores, documentalistas e conservadores, decisivo no resultado final. 

Co Patrocinio da Xunta, dende a Consellería de Cultura, exhíbese nesta nova sala municipal. Todo ele reflicte un proceder de colaboración entre institucións que hai que aplaudir. Unha mostra de maduro sentidiño... 


En combinación co Ministerio de Cultura, a Autonomía recuperou o control dunha obra que se tiña por desaparecida ata que o investigador Juan Carlos Bejarano deu con ela, nos familiares de Montero Ríos en Madrid. A pista do relevante político santiagués relacionado con Parada dende súa estadía en Madrid xa fora manifestada pola investigadora Belén Lorenzo cando o seu traballo de licenciatura centrado no artista ourensán. Este visibilizouse en 1991 nunha exposición e catálogo, que viña a ampliar as achegas de Francisco Fariña quen, como director do Museo, fixo a exposición e catálogo en 1979 coa que se inauguraba a sala da Casa de la Cultura do Ministerio en Ourense en Concejo, 15: o círculo pechábase deste xeito. Ourense recuperaba para o seu patrimonio cultural unha importante obra. Dela non se tiñan mais que referencias, e unha ilustración. Coa obra restaurada por Cristina Rodríguez e Nieves Gómez, proceso que se amosa na exposición, o Museo faise visible aínda máis nestes tempos, logo da espléndida mostra bibliográfica e pictórica arredor do P. Feijoo Montenegro, que aínda se pode visitar. Dilo, da súa vitalidade, na nova dirección, debémosnos felicitar. Ogallá sexa o augurio de que os tempos do exilio rematen.

Os Satélites, no fondo, busto do artista, obra de Carlos Mani Roig, en primeiro plano.
Pasamos así do lonxevo monxe, reivindicado como gloria local malia vivir encapsulado no mundo beneditino ovetense, capital asturiana, ao histórico pintor auriense, natural de Esgos, onde nacera en 1871, e morto pouco despois do seu trinta un aniversario en Ourense. O temperán mestre da pintura quixo vivir en Madrid ou Roma, empeños nos que se estrelou, sendo esta obra de 1898 que orixina a exposición, e ‘Recuerdo de las joyas’, de 1901, as dúas premiadas en Madrid, de agridoce lembranza á vista da escasa vida que acadou. Na exposición complementaria, con biografía en liña temporal, se poden ver, entre os retratos dos pais, un nu de campesiña, algo desproporcionado, que foi propiedade de Xoaquín Lorenzo, e as grandes obras ‘Otra helena pompeyana’, feita en Roma en 1894, do despacho presidencial do Pazo Provincial, e ‘Familia del anarquista el día de su ejecución’, do Mº de Pontevedra. 

Á dereita, 'Recuerdo de las joyas', y al fondo 'Familia del anarquista el día de su ejecución'
'Otra Helena pompeyana', á esquerda e 'Nu de campesiña', na parede do fondo.

O Catálogo con fotos de Fernando del Río e textos de Lorenzo Rumbao, achega fotos novas e corrixe algún erro anterior. Aquela obra, e a Adoración dos Magos, coa que o Museo felicita o Nadal, obras do exame para a Academia de Roma permiten decatarnos da súa boa man...

Tódalas fotos que acompañan o noso texto son de F. del Río.
                                             (artigo en La Región o 22.XII.2014)

lunes, 6 de enero de 2014

Adoración de los Reyes de Ramón Parada Justel

Del gran (y malogrado) artista orensano, que vivió poco más de treinta y un años (Esgos 1871/ Ourense 1902), se conserva en los fondos del Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense una desconocida obrita, con el tema de hoy, gran fiesta para niños y mayores.

Adoración dos Reises Magos, M.A.P. Or (nº registro 3.255, 30x40 cm. Firma en el lado inf. izquierdo: 'Parada'.

Es una magnífica composición en óleo sobre lienzo que, pese a su pequeño formato, revela una gran calidad técnica y compositiva. La obra, que se data en 1899 -primera parte de un examen, último intento para la plaza de pensionado en la Academia de España en Roma-, debe ser tomada plausiblemente como base de otra de mayores dimensiones, que acometería con posterioridad. Los encargos y la enfermedad que acabó con su vida lo impidieron. Un regalo para el disfrute...

sábado, 8 de septiembre de 2012

Mujer ante la joyería, desde Parada Justel a Audrey Hepburn


                   El "Recuerdo de las joyas" es ese gran óleo de Parada Justel que va a presentar en breve el Museo Arqueolóxico Provincial en su pequeña-gran sala de San Francisco en su serie mensual como "Cadro do mes" (realmente la única manifestación relevante de su existencia como Museo en los diez últimos años, infaustamente...).


Óleo sobre lienzo, 151 x 117 cm.
Orensano nacido en Esgos fue Ramón Parada Justel (1871-1902). El cuadro está datado en 1901, al final de su breve y corta vida (32 años). Desde septiembre de 1900 era profesor interino en la Escuela de Artes y Oficios de Ourense ("Dibujo de figura, adorno, modelado y vaciado").

Fotografía de Franz Planer

Desayuno con diamantes de Blake Edwards (1961), fue protagonizada en sus papeles principales por Audrey Hepburn y George Peppard. Una de las imágenes más conocidas es la de aquella mirando los escaparates de Tiffany's de Nueva York, en el nº 757 de la Quinta Avenida.

Ataviada con un vestido de la “Casa de modas Givenchy”, que desde 1953 había iniciado su relación laboral con la famosa actriz, para la que diseñó su vestuario en “Sabrina” y, además de la mencionada, en “Funny Face”).

En 1961 el “atelier” Givenchy realiza “Little black dress” -satén de seda negro-, que Hepburn viste en la primera escena de “Breakfast at Tiffany’s”, una de las imágenes de referencia desde entonces de la marca. Es una escena de mitómanos con la música de Henry Mancini...


             Subiremos a la presentación del gran óleo del orensano la próxima semana...
                    Para los que deseen ampliar pueden ir aquí y leer el dossier ad hoc
                             (by Belén Lorenzo, del 'museoarqueolóxicoprovincial', sic)