lunes, 13 de agosto de 2012

Sixto Aguirre Garín de Rianxo e Camilo Díaz Baliño, in memoriam

Camilo Díaz Baliño era ben coñecido en 1936 en Santiago, polo que se ten escrito ata hoxe. De Sixto Aguirre Garín, apenas nada. Ámbolos dous foron asasinados en agosto daquel ano. Con este post pretendemos facer memoria histórica, e unha lembranza especial dese apenas coñecido compañeiro de Rianxo, co que coincidíu aquel no derradeiro camiño. Porque hai que lembrarse tamén do rianxeiro...

A historia foi así reconstruída por Isaac Díaz Pardo, fillo do primeiro:
"En varios días no salimos de casa. A los pocos días mi padre se reintegró a su trabajo en el Ayuntamiento y hacia finales de julio lo detuvieron. En la noche del día 13 de agosto lo habrían puesto en libertad, según le informaron a la mujer que le llevaba el desayuno, pero nada se sabía de él (...)".

Na inauguración do monolito adicado á memoria dos galeguistas asasinados

"Aquella noche lo habían tenido unas horas en la cárcel de Arzúa y lo mataron en el amanecer del día 14 en Palas de Rey [sic] 'en las proximidades del lugar de Saa parroquia de Meijide' [sic] junto a Sixto Aguirre Garín de Rianxo, estudiante de medicina (...)."


Foto de 2008: Isaac Díaz Pardo coa súa dona, e o Alcalde de Rianxo; do outro lado Avelino Pousa Antelo e David Otero
"Estas precisiones aún hace muy pocos meses que las pude conocer en un documento judicial que alguien me envió anonimamente".

Cfr. "Testimonio de Isaac Díaz Pardo, que contaba entonces menos de 16 años, de los primeros momentos del alzamiento en Santiago de Compostela, en Isaac Díaz Pardo,Un proxecto socio-cultural para Galicia, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, Decembro 1990-Xaneiro 1991.

No cemiterio de Rianxo, o Día dos Defuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario