Mostrando entradas con la etiqueta Antón Pulido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Antón Pulido. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de enero de 2017

ELENCO SELECTO DE ANTÓN PULIDO EN 'MOSTRARTE'









XABIER L. DE GARDÓN. 
ARTE ET ALIA










O artista de Amoeiro / Ourense Antón Pulido está a amosar unha selectiva mostra da súa traxectoria plástica en ‘Mostrarte’, concepto expositivo que dirixe Mingos Teixeira para o edificio da Alcaldía de Vigo. Chégalle esta invitación de honra como un aceno á súa calidade, e o artista da resposta presentando un elenco escollido con vinte cinco das súas obras-fito. Dende elas fala Pulido da súa andaina artística como vacina para a desmemoria dos nosos días, xa que logo a voracidade das noticias nos medios de comunicación social fai que a súa Antolóxica de fins de 2014 no centro Cultural de AFundación semelle xa vintage. 

Antón Pulido diante de dúas Quermeses (foto Xúlio Gil)
A escolma permite a este 'Vigués Distinguido' dende 2006, que ben de ser o pregoeiro do 'Día de Galicia' na cidade olívica e 'Premio á Excelencia' do Rotary Club, o pasado ano, que os seus óleos, acrílicos, acuarelas e outras obras de técnica mixta se xunten de novo para achegarmos neste frío inverno a calor da súa mirada, profundamente humana, dende as recentes Quermeses, versos da súa canción, partitura na que traballa nos últimos anos coa alegría nas cores, dispostas en segredos ritmos. 



A mirada retrospectiva é reveladora da súa capacidade de superación, do seu renacer estilístico, reinventándose dende as composicións figurativas familiares ou urbanas dos anos setenta e oitenta, década esta última na que concentra o seu dicir plástico nas parellas ou personaxes solitarios que fan música ou camiñan, figuras de carga emotiva que son alegoría no seu conxunto e símbolos poderosos para a nosa terra galega: seres en situacións extremas enfrontados á súa rocha Tarpeia, con Antón Pulido como si dun Quirón se tratase... 




Mais o 'Premio da Crítica Galicia de Artes Plásticas 2014' non está detido, que está a facer capas para libros, caso dos de Xavier Senín, ‘O alfaiate portugués’, e ‘O soño da bolboreta’ de Arcadio López-Casanova, ou revistas como Ágora de Orcellón e Dorna, publicacións ás que pretende engadir outra especial, de poesía, con poemas e ilustracións da súa autoría, rompendo así como quería o seu admirado Juan Rulfo por onde se pecha o círculo, proceder que aplica tamén á arte dende a escoita profunda do corazón co fin de ser sempre un mesmo. Soña Antón, e pinta, para a Galería Solomon de Nova Iorque, e para Roma. É artista que pinta as sombras, e volve á poesía 'Quién besará la sombra', co seu amigo Carlos Oroza, pois son elas as que lle dan forza á luz, insiste o 'Fillo predilecto de Amoeiro' desde 2008, e 'Premio Trasalba 2015'. 

Xulio Gil na inauguración de 'Mostrarte'.

Últimamente está a deixar pegada transcendente na trama urbana de Vigo, no cruce de Pi y Margall e o Camiño Pazos, en Peniche, transformando un espazo deprimido nun lugar de encontros e aloumiños, a Praza das Apertas, coas formas da Quermese, nas paredes, e o mobiliario formando a palabra aperta, dous conceptos que son bandeira do artista desde os anos oitenta. Faise agora a fase final nas medianeiras posteriores, plasmando a tridimensionalidade.


Cando os cadros desaparezan de ‘Mostrarte’ iremos a Peniche e poderemos vivir dentro dunha obra de Pulido.


sábado, 12 de noviembre de 2016

La Luna llena en Antón Pulido y Nicolás, Ourense, Carballiño... Firenze

                       Lúa chea dende a Gran Vía, Vigo, de Antón Pulido Nóvoa


Lúa chea en Ourense, foto: 


Superlúa na vila de O Carballiño


Obra de Nicolás González Aller, en la exposición 'Mergullos de amor' en a Virxe da Cerca, Santiago de Compostela.


A Lúa en Ourense, dende o barrio da Ponte:


*****

Lúa chea en Firenze, dende o Palazzo Pitti, foto.



                       Cúpula... di Santa Maria del Fiore / Firenze - Italia. O ollo cara a o ceo...


e un piso debaixo cara o centro de...


Buona notte!

sábado, 19 de marzo de 2016

Padre e hijo


Ramón Conde

'Coma ondas que gallopan
sobre o dourado areal,
fúndense en aperta inmensa.
¡¡Papá !!'

(Modesto Hermida)

Antón Pulido.




miércoles, 24 de febrero de 2016

A Rosalía de Antón Pulido


Un regalo coñecer hoxe esta fermosa achega plástica de Rosalía, a nosa gran poetisa -'alba de groria', parafraseando a ao Irmán Daniel Castelao-, da man de Antón Pulido Nóvoa, grande artista.

Anovando a iconografía. 

Parabéns, mestre da arte.

Rosalía de Castro. Pastel sobre papel. 60 x 60 cm., Fundación Rosalía de Castro.

'A Rosalía de Castro da que se namorou Murguía en Madrid', dí Antón Pulido Novoa, seu autor.


...e xa está no canon iconográfico...
'Triste é o cantar que cantamos,
mais ¿qué facer se outro mellor non hai?
'
                        Rosalía Castro de Murguía: 'Follas Novas', 126 anos.


miércoles, 22 de julio de 2015

Rivas, na Festa da Palabra dedicada a Francisco L. Bernárdez

Manuel Rivas lendo / recitando 'A boca da terra' onte na Insua dos Poetas / VIIª Festa da Palabra, adicada a Francisco Luís Bernárdez, escritor arxentino nado nas terras de Maside, bisbarra do Carballiño.

En lembranza no agasallado deste ano

Follas da carpeta preparada ao efecto con textos inéditos, e portada con retrato da autoría de Antón Pulido, dende unha vella foto... (a composción da foto de Armando Requeixo).


Rivas posa co busto cerámico do escultor acisclo Manzano 






O novo poemario de Rivas, cincuenta e seis poemas 'de natureza insurxente': A terra que se esconde, A báscula de Ohio e Oracións funebres, son as súas seccións.




Un agasallo, de seguro ( o libro presentarase na Feira do Libro de A Coruña a comezos de agosto) Para os que somos de Toledo/Ohio, of course, tamén.




           Mágoa non poder estar (compromisos familiares festivos no día de Santa Mariña)




[Desta volta o evento retrasouse unha semana, e foi finalmente polo serán (a nosa reseña dende as fotos recibidas...)].










sábado, 23 de mayo de 2015

Antón Pulido: plaza de Peniche en Vigo

El cruce de Peniche tiene desde hace días una faz. Antón Pulido ha diseñado una nueva plaza en el cruce de Pi i Margall / Camiño Pazos. El pequeño solar pequeño vacío desde que en diciembre del pasado año derribaron los tres inmuebles abandonados Así se ha generado esta nueva área de descanso y  punto de encuentro entre Pi i Margall / Tomás Alonso / López Mora.



(foto 1:Portada de El Faro de Vigo, día 19.V; foto 2: el artista supervisa la instalación de los murales)


El Proyecto:
El proyecto de la plaza 'Aperta', murales e instalación.
Sobre esta idea el gran artista, pintor (y escultor) ha desarrollado la 'Praza Aperta', que pretende propiciar la conversación entre vecinos y viandantes, en el que los bancos dibujarán sobre el hormigón del suelo dicha palabra y concepto: cada letra será un banco curvo...


"Es un espacio pequeño y opté por un diseño sencillo que creo que funcionará muy bien en esa zona. Pretendo concitar el diálogo, la tertulia y por eso quise romper con el mobiliario actual de los parques e idear algo que favoreciese la idea con la que empecé a trabajar", dijo el artista.


Con un presupuesto de 175.000 euros, la plaza en su perímetro la rodeará un mural de altura variable que en algunos tramos llegará hasta los seis metros.

El proyecto contempla la ealización de una pérgola a modo de paraguas invertido que permitirá usarla en días de lluvia y sol fuerte.

Debajo de los bancos sale luz. Además el Concello de Vigo colocó nuevas aceras de granito y renovó las redes subterráneas...


Al margen del gran cambio en superficie, lo que más llamará la atención de esta Praza da Aperta será el mural que rodeará la misma y ascenderá por el lateral del edificio que hace de fondo. Pulido explica las claves de su diseño: "Opté para este parte por colores intensos y vibrantes más propios de mis últimos trabajos. Me inspiré en esas imágenes de una fiesta sana, quiero que evoque la alegría de vivir y transmita esas sensaciones positivas", explicó.


Para el artista ha sido un gran reto muy distinto de sus pinturas, pero basada en ella, como se puede apreciar en la que incluímos: portada de la exposición de Pontevedra. "Me propusieron la idea y me pareció muy interesante. Que los artistas colaboren en el diseño de los espacios públicos no es una idea novedosa. Ya lo hizo Leonardo da Vinci, pero sí que aplaudo que se nos vuelva a dar participación y que cada uno podamos dotar de una personalidad propia a diferentes espacios y plazas. Creo que es una idea muy interesante", dijo Pulido.



El artista Antón Pulido quiso así facilitar que este espacio se convierta en "una zona de descanso en el camino de las humanizaciones".  Busca además que el mural tenga continuidad en algunas partes de los edificios posterior, hacia Camiño Pazos.




lunes, 2 de marzo de 2015

ANTOLÓXICA DE PULIDO EN AFUNDACIÓN

ARTE ET ALIA. XABIER LIMIA DE GARDÓN 



Kermesse, 2013, e preside Camiñante VII, 2005. Na parede do fondo,  Músico, 2008.
Era primavera naquela altura cando chegou Pulido e, estendendo a alfombra coas obras feitas entre 1980 e 2000, amosou a Ourense o seu camiñar plástico. Dúas eran as fases vitais, que traía, a de Cataluña, formativa e de traballo, e a do seu asentamento definitivo en Galicia. Foron anos de intensa actividade, nos que interveu decisivamente en proxectos de país, institucionais, presenza proteica en verdade, dun artista metido a xestor, deseñador gráfico no mundo editorial, e a pouco, profesor de debuxo nun Instituto de Vigo... Neste remuíño de accións, as súas facianas comunicativa e colaborativa, expresaron o seu carácter de home de acordo na construción do edificio cultural galego. Expresión do seu poderoso latexo de hiperactivo en calma é o debuxo que lle fixo en 1994 o gran arquitecto portugués Álvaro Siza. Dos Chaos de Amoeiro, en Bóveda, onde naceu, ata o seminario da cidade das Burgas, no que estudou latín, humanidades e música mirando o nacente, e Ourense no val. Mestre rural en Casaio, leccións ourensáns con Prego de Oliver, un grande, nos primeiros sesenta. 

En Ollando, 1981, os fillos de Pulido miran para o espazo abisal do estudo.
Logo en Barcelona, Belas Artes e o mestre Hernández Pijoán, outro gran artista. Son as primeiras kermesses, os músicos de clarinete, o ser que camiña baixo nubeiros, en silencio, ou chanta os pés na rocha poderosa dende a que mira a vida, e das súas mulleres, núas e soas. As angulacións expresionistas de seu con encadres cinematográficos. Noutra primavera, a de 2008, chegou coa súa obra recente, e a cidade luciu cos percebes, entre estraloques, baixo as lúas dobres, e as súas mulleres durmían na praia, baixo unha mirada cálida. Daquela os azuis celestes comezan a facerse máis presentes. 


INTÉRPRETE DO SEU TEMPO

O artista plástico é un lector avisado que gusta de ler, dende a súa formación humanística, incluso o ensaio antropolóxico e filosofía, áreas de grande importancia no canto das inquedanzas, dende as raiceiras. As súas obras o expresan. Así cando os dous vellos segadores están a falar sentados no cumprido valado, sae Casares e Mendoza, Dieste e Nélida Piñón; e nos homes que camiñan lixeiros de equipaxe, que veñen e, sobre todo, van, está Cortázar, Tabucchi, Vila-Matas, Valente ou Gamoneda; e nas kermeses da pasada década Atxaga, McEwan e outros.


CAMIÑO VERMELLO, 1988. Óleo lenzo, 130x130.

Séntese no ceo a tempestade ambigua: é doce e inquietante ó mesmo tempo. Na terra inscríbense os sulcos da dor. Entre estes dous mundos irreconciliables, entre dúas paisaxes hostís provócase a andadura. (Ramiro Fonte, 1988).

Músico, 1992.

Na antolóxica as voces de Ramiro Fonte, Ferrín e Otero Pedrayo impresas nas paredes son fitos e testemuñas nun camiñar en compañía. D. Ramón, o seu ilustre conveciño, xa acreditou a súas ‘fantasías das luces e sombras’. Estas son un eixo central do pulidiano modo, coa imaxinación a traballar dende o mito platónico, sombras na noite, en interiores onde mulleres dormen, azuis e louras, núas; sombras dos danzantes arredor do lume, sombras luminosas das lúas no lombo dese home que avanza dobrado mirando de pisar a eito no pasal interestelar, camiño en zig-zag onde ensaia invisibles cores que as felices kermesses amosan en ritmos musicais.

Camiñante VII, de 2005.
No canto á disposición das obras, magnífica a montaxe de Carlos L. Bernárdez, de quen é o texto do catálogo, no que se aprecia algunha obra das que vimos no outono en Vigo.


Kermesse, tríptico, 2010.

martes, 21 de octubre de 2014

Antón Pulido, Premio das Artes 2014


                           (artigo en La Región, portada da web, onte día 20, luns)

                            ARTE ET ALIA. XABIER LIMIA DE GARDÓN
                      Antón Pulido, galardón e recoñecemento

Ben de acadar Antón Pulido o Premio das Artes Plásticas de Galicia 2014. Un xurado variado en saberes e idades, plurixeracional en coñecementos e facianas do variado campo plástico do noso tempo, tivo a ben concederllo, entre os diversos artistas presentados desta volta. A Fundación Premios da Crítica de Galicia, que os concede dende o ano 1978, reuniu no Hotel Os Escudos de Vigo, onde foi a gala, ademais á creación literaria, investigación, iniciativas culturais, artes escénicas e audiovisuais, música e mais o de cultura gastronómica, por primeira vez. Este foi para o ourensán Grupo Cuevas e o seu ‘Marrón glacé’, pola posta en valor da castaña, produto popular desprestixiado noutrora que, logo de ser confitada, acada a excelencia. Unha traxectoria empresarial de máis de cen anos hai detrás, a valía do capital humano familiar. Foi tamén a primeira vez que un Presidente da Xunta se fixo presente, e acompañado do seu Conselleiro de Cultura e Educación, entre outros invitados relevantes, fixeron que o acto, no decurso dun xantar, acadase en verdade a categoría de evento.


PREMIO PARA PULIDO

Unha exposición, Kermesse, no sexto edificio do Museo de Pontevedra, foi a base. Iniciada a fins de 2013, rematou a comezos de ano; mais logo, o artista ourensán levouna ó Museo de Lugo, dende maio a xullo, transformándoa para destacar as súas últimas achegas plásticas. Esta grande mostra contiña moito máis que unhas obras recentes de grandes formatos, pois para el o tema kermesse viña aboiando dende os anos noventa. Daquela era a idea de festa do pobo, un tempo de ledicia, e sempre con música, arredor do viño e da comida: eis a expresión festiva dunha cultura, a nosa. Coa xubilación, o que era unha liña, ou tema, fíxose filosofía de vida, cosmovisión na que pintura e vida son indisociábeis (Carlos L. Bernárdez); un cambio metabólico de transcendente visión, que o transforma todo no novo século. E tamén a técnica, do óleo ó acrílico. E coa polisemia do termo kermesse, Pulido viaxou a Taiwan, Beijing, Shangai e Seúl desde 2007. Música e poesía do mundo (M. Ferrín).


O vitalista artista segue a camiñar, e nestes días está na carteleira do Centro Cultural de Afundación en Vigo, con unha exposición que se insire na serie ‘Grandes artistas galegos’, unha Antolóxica anticipada por incompleta da súa traxectoria. Ela permite ás novas xeracións, e os amantes da arte, máis alá do seu magnetismo persoal, decatarse do peso da pegada para Galicia deste pintor de vocación que se inicia, dende a aprendizaxe con Prego de Oliver, con obras que emanan do rural, montuoso e agropecuario do interior de Galicia, verbo de Casaio, onde comezou a súa carreira docente, e do seu entorno familiar de Bóveda de Amoeiro, nos anos setenta, que reflectía xa o súa preocupación pola cor, máis alá da gama cromática do verde, e deses ronseis terrestres que son as sombras. Así se aquilata na acta do xurado, ‘Pola lección de frescura e renovación comprendendo o seu tempo’.

Durante a montaxe: 'Sono', 1989. No fondo sala ún con 'Dous vellos', 1974, et alia.
 

sábado, 11 de octubre de 2014

Entrevista a Antón Pulido en su Antológica de Vigo

En El FarodeVigo, 23.09.2014 por Ágatha de Santos.

Antón Pulido: ´No hay mayor democracia y anarquía que lo que hace un artista'.

Cuarenta cuadros para resumir una trayectoria artística que se remonta a finales de los sesenta, aunque si echa la mirada atrás, Antón Pulido se se recuerda siempre entre lápices de colores y que su padre le animaba a dibujar siendo muy pequeño. Paloma Vela, responsable de Artes Plásticas de Afundación, comisaría esta retrospectiva sobre este artista, que se inaugurará en la Sala de Exposiciones de Afundación en Vigo este jueves. Antón Pulido también estudio Magisterio y cuando fue destinado a dar clases a Barcelona, se inscribió en Bellas Artes. Desde entonces, arte y docencia han ido de la mano, ya que cuando se trasladó a vivir a Vigo pasó a ejercer como profesor de dibujo en el instituto Álvaro Cunqueiro.

-¿Cómo se enfrenta un artista a su propia retrospectiva?
-La verdad es que la comisaria ha elegido muy bien las obras de esta exposición. Son cuarenta, que van desde un paisaje que pinté a finales de los sesenta, cuando estaba de maestro en Pena Trevinca y abría la ventana y tenía esas montañas nevadas de fondo, hasta una obra de 2013-2014. Creo que la visión que puede tener un comisario siempre es más certera que la tuya porque el artista no es objetivo con su propia obra, no puede serlo porque te dejas guiar más por el sentimiento. Cada cuadro es un relato de tu vida y la vida se hace de relatos. Y la antología es eso, un conjunto de pequeños relatos. Algunas no son mías, así que vuelvo a verlas ahora después de muchos años.

Escaleira, 1982.
-¿Y cómo está siendo ese reencuentro?
-Es como si ves a un hijo al que hace tiempo que no ves y dices: "Que bien se conserva". Cuando pintas una obra no sabes si funcionará dentro de treinta años, pero he de decir que los cuadros de mis primeras etapas de esta exposición no los habría podido pintar mejor ahora. Los veo ahora, después de tanto tiempo, y me entusiasman. Desde que comencé he ido pasado por el impresionismo, la abstracción, el fauvismo... La vida te va llevando, como en una danza, y lo bonito de ser artista es que no dependes de nadie. Haces lo que quieres. No hay mayor democracia y anarquía que lo que hace un artista.
Ceo marelo, 1990.
-¿No depende ni del mercado?
-Tampoco. Cuando el arte se hace pensando en el mercado nunca sale bien. Yo no puedo hacer lo que le gusta a la gente, sino lo que me gusta a mí y si luego eso le gusta al público, pues extraordinario. El arte es la forma que tienes de expresar tus sentimientos y tus sensaciones. Lo importante es gozar pintando.

-Usted estudió Magisterio antes que Bellas Artes, ¿fue primero la vocación docente que la artística?
-Siempre tuve cualidades para pintar. Mi padre, que era maestro, ya me animaba para que pintara porque ya sobresalía. Pero antes, para estudiar Bellas Artes tenías que ir a Barcelona o a Madrid. Por eso estudié Magisterio y fue maestro durante 13 años. Cuando me trasladaron a Barcelona aproveché para hacer Bellas Artes y desde he compaginado el arte con la docencia porque cuando me trasladé a Vigo ya comencé como profesor de dibujo en el instituto, lo que a su vez me ayudó a continuar pintando.

                                                          ***

Al lado del Pte. de la Xunta. Al fondo el Obispo de Tui-Vigo, anteriormente de Ourense, y Santalices, Vicepresidente del Parlamentto, ourensano.
             http://www.afundacion.org/docs/cesionsalas/21461/folleto_anton_pulido_antoloxica.pdf

Autoridades varias, entre las que están el Alcalde de Vigo y...
                                Poema de Luís Tosar no catálogo da Antolóxica:

                                     'A escuridade eran tebras cara a dentro,
                                     longo lenzo de sombra en desacougo
                                     que o teu puño encheu de incandescencia;

                                     esa música da luz que agranda os ollos.

                                     Pecho puño o pincel coa cor do home
                                     que foxe da soedade azul de aceiro,
                                     que berra cara a diante nun camiño
                                     de espigas e lúas contra o vento.


                                     Soños do río que esperta dun silencio
                                     fondo e carmesí, como apertas de mar.
                                    Rostros, mans de nenos que descobren,
                                     fío a fío, a textura do mundo, Pulido
'.


Camiñante VII, 2005.