Mostrando entradas con la etiqueta Breogán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Breogán. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de julio de 2011

INAUGURACIÓN DEL "ARCO DOS TEMPOS", DE TOÑO MONTEIRO


           "Ouh Breogan, escoita ! Son Ith, o teu fillo amado que quere falarche dun sobranceiro acontecemento na vella Auria. Aquí, na banda norte do Miño –o gran camiño de auga da túa terra-, no lugar do Ribeiriño, e algo máis arriba dos salutíferos mananciais das Caldas e  do Tinteiro, tes dende hoxe a túa harpa de sete cores para que poidas voltar ó teu fogar. Baixa, amado Pai por este novo Arco dos Tempos e camiña de contado polos campos húmidos e verdes de Augasquentes.

          
Toño Monteiro é quen o fixo, colocando dúas parellas de espilidos fillos da túa grei ós lados que che dan a benvida. Tocado polo estro harmónico este visionario home do século XXI é o Lobito de Ganceiros, escultor do cerne dos bosques dos Oestrimnios. Il ideou este inxenio de luces e cores para o teu regalo.

Ven, Pai, e inaugura coa túa presenza os nosos tempos. Vagalume original, abre a Porta Oestrimnia instalada neste extremo da túa antiga nazón. O bardo ossiánico Pondal puxo verbas ó sentimento inmorrente das xentes que devalan polas augas do Limia, que se fai Lima contra o mar. Toño Monteiro de Ganceiros sabedor delo fixoo presente co nivelínico raio transparente un prácido luar".

[texto enviado al autor para el tríptico ad hoc editado polo Concello de Ourense con motivo de la inauguración]