Mostrando entradas con la etiqueta Xulio Gil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xulio Gil. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de noviembre de 2017

A visita do exiliado Carlos Velo aos seus pais en 1967



A nai é triple, para o fillo...
Foi contra o fin de mes de maio de 1967 cando, segundo recolle La Región,El cineasta mexicano de origen orensano Carlos Velo’ chega a ‘Orense después de más de treinta años de ausencia para visitar a sus padres en Cartelle’. Aquela estadía breve e privada, pódese ollar convertida nunha gran exposición no primeiro andar do Centro Cultural da Deputación, quen patrocina a posta de largo da Fundación que leva o nome do director cinematográfico.


A escolla dos motivos das fotos polo mestre de cine céntrase nas persoas da súa familia dende a maxia da súa mirada: a súa nai Dolores Cobelo Alberte, e José Velo Castro, o pai, aos que non vira dende que tivera que fuxir de España trinta anos antes, en plena guerra civil. Ela, na horta ou no lavadoiro, posa co seu home para que o fillo teña un recordo deles cando estea no D.F.

A constatación de que Carlos Velo puso aquella os pés esta terra, autorretratándose cos seus pais. A parra sen amañar...
E Velo fillo retrátaa facendo as tarefas domésticas no entorno da casa da familia en Cartelle, mais nun momento ela rube ao primeiro andar para coller a medalla de ouro, e pendura a alfaia para as fotos. O seu home pasea con traxe e bolígrafo á vista, chaleco e garabata, cubríndose coa pucha, no que vemos, e tamén nos zapatos, o seu status social de médico. Resulta significativo decatarmos que nunha das diapositivas daquela reportaxe que lle chegou a Teresa, filla de Carlos e Mª Luisa Santullano, a primeira muller do cineasta, nunha das caixas que Carol de Swaan, a viúva, lle entregara, apareza a imaxe borrosa da nai na cociña, e noutra apareza por sobreimpresión de tres imaxes súas na horta e con mandil con unha tricefalia consciente, que non un erro xa que logo leva o nº 10.

Velo tira a diapositiva do seu pai diante da casa familiar, nenos e veciños,
dende o adro da igrexa.
As corenta e dúas fotos de 1x1m. forman na sala un plano-secuencia dun lugar e un tempo. Os positivos orixinais de 6x6cm. foron restaurados por Xulio Gil coa profesionalidade e calma precisa para facer a súa transferencia a papel. Este grande da fotografía é un ourensán profundo de Vigo, de relevante traxectoria individual xa dende os anos noventa, fixo o traballo necesario para que o comisario Xosé Enrique Acuña puidera desenvolver con brillantez a idea expositiva.



Coa Rolleiflex TLR, unha réflex con visor de dúas lentes, e os carretes de 120 ou 220 das películas Ektachrome de 100 ASA, de característico gran fino e bo contraste que facía Kodak cando a fotografía era analóxica e química, plasma as xentes do lugar con naturalidade, como si llas tirase sen se decataren cargando a cámara do pescozo. O pai coas vides agromando, ou na horta, co gato entre os pés, e no rueiro pola vila, no que atopan á mestra Carmen Armada, co leite, e a farmacéutica cos seus fillos, posando todos. Aqueles nenos son hoxe farmacéutica en Ourense, e veterinario, segundo nos dixo unha visitante. Eles poderán decatarse daquel momento casual das súas vidas revivido dende a maxia do posado co pai de Velo para a cámara de Carlos. E nós decatarmos como o grande cineasta mexicano entra na historia da fotografía galega.

Aquí tes a túa casa, fillo..., ben puidera ser o título desta intensa foto que ten categoria de ser a derradeira do relato cinematográfico.

***
A presidenta da Fundación e o Comisario o día da inauguración.

martes, 24 de enero de 2017

ELENCO SELECTO DE ANTÓN PULIDO EN 'MOSTRARTE'









XABIER L. DE GARDÓN. 
ARTE ET ALIA










O artista de Amoeiro / Ourense Antón Pulido está a amosar unha selectiva mostra da súa traxectoria plástica en ‘Mostrarte’, concepto expositivo que dirixe Mingos Teixeira para o edificio da Alcaldía de Vigo. Chégalle esta invitación de honra como un aceno á súa calidade, e o artista da resposta presentando un elenco escollido con vinte cinco das súas obras-fito. Dende elas fala Pulido da súa andaina artística como vacina para a desmemoria dos nosos días, xa que logo a voracidade das noticias nos medios de comunicación social fai que a súa Antolóxica de fins de 2014 no centro Cultural de AFundación semelle xa vintage. 

Antón Pulido diante de dúas Quermeses (foto Xúlio Gil)
A escolma permite a este 'Vigués Distinguido' dende 2006, que ben de ser o pregoeiro do 'Día de Galicia' na cidade olívica e 'Premio á Excelencia' do Rotary Club, o pasado ano, que os seus óleos, acrílicos, acuarelas e outras obras de técnica mixta se xunten de novo para achegarmos neste frío inverno a calor da súa mirada, profundamente humana, dende as recentes Quermeses, versos da súa canción, partitura na que traballa nos últimos anos coa alegría nas cores, dispostas en segredos ritmos. 



A mirada retrospectiva é reveladora da súa capacidade de superación, do seu renacer estilístico, reinventándose dende as composicións figurativas familiares ou urbanas dos anos setenta e oitenta, década esta última na que concentra o seu dicir plástico nas parellas ou personaxes solitarios que fan música ou camiñan, figuras de carga emotiva que son alegoría no seu conxunto e símbolos poderosos para a nosa terra galega: seres en situacións extremas enfrontados á súa rocha Tarpeia, con Antón Pulido como si dun Quirón se tratase... 




Mais o 'Premio da Crítica Galicia de Artes Plásticas 2014' non está detido, que está a facer capas para libros, caso dos de Xavier Senín, ‘O alfaiate portugués’, e ‘O soño da bolboreta’ de Arcadio López-Casanova, ou revistas como Ágora de Orcellón e Dorna, publicacións ás que pretende engadir outra especial, de poesía, con poemas e ilustracións da súa autoría, rompendo así como quería o seu admirado Juan Rulfo por onde se pecha o círculo, proceder que aplica tamén á arte dende a escoita profunda do corazón co fin de ser sempre un mesmo. Soña Antón, e pinta, para a Galería Solomon de Nova Iorque, e para Roma. É artista que pinta as sombras, e volve á poesía 'Quién besará la sombra', co seu amigo Carlos Oroza, pois son elas as que lle dan forza á luz, insiste o 'Fillo predilecto de Amoeiro' desde 2008, e 'Premio Trasalba 2015'. 

Xulio Gil na inauguración de 'Mostrarte'.

Últimamente está a deixar pegada transcendente na trama urbana de Vigo, no cruce de Pi y Margall e o Camiño Pazos, en Peniche, transformando un espazo deprimido nun lugar de encontros e aloumiños, a Praza das Apertas, coas formas da Quermese, nas paredes, e o mobiliario formando a palabra aperta, dous conceptos que son bandeira do artista desde os anos oitenta. Faise agora a fase final nas medianeiras posteriores, plasmando a tridimensionalidade.


Cando os cadros desaparezan de ‘Mostrarte’ iremos a Peniche e poderemos vivir dentro dunha obra de Pulido.


lunes, 29 de febrero de 2016

CON XULIO GIL ‘CEA REFULXE’

ARTE ET ALIA

XABIER LIMIA DE GARDÓN


Santiago é de arte e de pedra. E ten unhas pedriñas pedras de chocolate e améndoas, que fai unha famosa pastelaría. Cea é pan, dende fai centos de anos, e dende fai máis de dous lustros refulxe coa Indicación Xeográfica Protexida e os seus dezasete fornos. 

Xulio Gil, gran fotógrafo galego, tennos amosado dabondo dende fai décadas, con gran técnica e sensibilidade, ser un especialista na arte monumental Galega. 



Así se pode apreciar no libro que ilustra para o texto de Bieito Iglesias e Engaiolarte Edicións, que ben de presentar no Centro Cultural, espazo onde fai uns meses a súa mostra fotográfica ‘Retablos e Diálogos’, triunfou no outono ourensán. O retablo do Pan de Cea que se estreou loce agora no centro da exposición que coordinamos, ‘San Cristovo de Cea refulxe’. 

Xosé Luís Valladares, alcalde de Cea, saúda ao autor Xulio Gil,
e a Xabier Limia de Gardón, comisario da mostra.
Ao seu carón un feixe selecto de imaxes cheas de fermosura e ‘savoir faire’ do mosteiro cisterciense de Oseira. Os tres claustros desde as respectivas fontes, escaleiras, bóvedas da igrexa e capítulo baixo, os santos... 

Xabier Limia explica as craves da exposición ante Pilar Gª Tizón, Aurelio Gómez, Gonzalo Fernández, Jesús Manuel García, Pepe Puga e Xulio Gil, á dereita; e Xosé Luis Valladares, Carlos Rodríguez e Maribel Dávila, á esquerda da foto.

 As rechamantes alfaias seleccionadas polo fotógrafo ourensán-vigués son, a esencia do Concello. Ámbolos dous serán tratados nun curso monográfico da UNED-Ourense na próxima fin de semana. A exposición poderase visitar ata fins de abril, na primavera.

Xabier Limia entre Maribel Dávila e Jesús Manuel García, con Pepe Puga Gonzalo Fernández á esquerda.

jueves, 19 de noviembre de 2015

Ad Heyra Liti

Atendiendo al presentador de los vinos que les da la vez...
Delante un visitante con la copa en la mano...

Conocimos al dúo 'Ad Heyra Liti', Erea Carbajales y Aser Rodríguez, en la cata con arte del Centro CUltural de la Deputación, el pasado jueves.

Concentrados. Alguno de los temas era de música irlandesa:The Chiefstains

Así suenan, In This Moment,

sin el ruido de las voces de las gentes que allí hablaban, y hablaban, con la lengua del vino gratis,
de O Ribeiro esa tarde-noche. Sin importarles nada más que las palabras del presentador de los vinos...

Ambos, en concierto.

El sentimiento de la melodía en el rostro de la violinista
Detrás, el retablo del Pan de Cea del gran Xulio Gil.

El guitarrista atento al pasaje musical del violín

miércoles, 4 de noviembre de 2015

XULIO XIL, DENDE O CERNE DO SER GALEGO…

ARTE ET ALIA. 
3.XI.2015, texto do artigo en La Región
XABIER LIMIA DE GARDÓN.



Moito ten chovido, e non só auga, dende que Xulio Gil, fixera o seu debut en Santiago en 1974. Porque o seu non é o foto periodismo, o acontecemento, a reportaxe ou a natureza, senón a innovación temática, coas ideas a rebulir dende a polisemia material e espiritual do noso País Atlántico, Galicia. O seu alancar faino ser un pioneiro cando é premiado pola Deputación de Pontevedra, en 1985, igualdade coa pintura e escultura. En Compostela atopa o seu lugar ao redor da Prehistoria, e as artes románica e barroca, reinvención persoal, da que xurde ‘Petróglifos de Galicia’ (con Antonio de la Peña, 2009). En paralelo, o mundo feminino e un vocabulario, núas ou espidas, soas ou acompañadas, sen desbotar o masculino masculino, en parella, ou tamén só: as matemáticas da súa vida de docente, tempos de xuventude e folie. Así xurde ‘Tigres como cabalos’ (1991) coa poetisa Xela Arias, experimento rompedor que trae, en parte a Ourense. Profesor no Instituto Álvaro Cunqueiro de Vigo, cidade da súa infancia e adolescencia, creatividade explosiva con retratos e nús (Casa da Cultura, ’87), e ‘Antropolóxicas’ (Pontevedra ’88), a primeira nun Museo dun fotógrafo contemporáneo galego. E tamén o foi no firmar o libro ‘Vigo, fronteira do Alén’ con Méndez Ferrín (1989), ourensáns e docentes ámbolos dous na cidade, Xulio do Viñal (Santo Estevo de Ambía, Baños de Molgas). A teimosía de Bieito Ledo, como editor, que creeu nel, fixo o resto. Outros libros con Carlos Casares, Gª Iglesias e Lois Diéguez, o patrimonio cultural material do País para varias editoriais, as participacións no Outono Fotográfico, e diversas exposicións, teñen o recoñecemento do Premio da Crítica de Galicia, en 2013.


Esta do Centro Cultural, na súa sala principal, é un compendio da súa sapiencia compositiva e técnica, xa anticipada na capela dos Arcos en Alterarte. Na parede frontal coloca dez Diálogos entre artistas, a maioría mortos, como Xaime Quesada / AntonioQuesada; e outros nos que se funde coa senectude, como Sucasas / Arturo Baltar, Isaac DíazPardo / AntónPulido; VidalSouto / Aramburu ou FelipeCriado / Alexandro. Son unha achega dun corpus maior.

Manpaso, 2000 / Xavier Pousa, 2001. O único 'Diálogo' con tres figuras...

E coa maxia da buxaina e os bailarín no centro con ‘Trompos’ , de 2008, baile-xogo en off, do Homo ludens que somos, subimos ao balcón onde están os Nus/espidos, marabillosos de suxestións, mais plenos de concepto e significado nús, todo en branco e negro.

Unha terceira temática, trala baranda, para o que hai que rubir as escaleiras de caracol...

E con eles, de cores, os retablos, nas paredes que dan á rúa da Cruz Vermella: da Uva, da Castaña, que son o ciclo do val e do monte na Ribeira Sacra; o do Millo, e o do Pan de Cea, que personifica na panadeira, María José.


Retblo do Pan de Cea da María José
O cumio é ‘A fartura ou o Ourense das tres cousas’, aggiornamento da tradición, coas patacas no ático do retablo. Banco e segundo corpo acompañan e completan o canon da cidade, a ponte maior, a Burga e a catedral, na visión do artista fotógrafo.


Xulio, do que teño escrito que é tan de Vigo que naceu en Ourense, frase que se podería aplicar a Ledo, a Pulido,... cociña agora os seus proxectos dende unha ética de volta, liberadora sempre, apostando por ese punto de risco que lle da sentido á vida, dende distintas linguaxes, mais comunicando dende a reflexión emocións e sentimentos singulares.

Xulio Gil posa co autor destas liñas o día da presentación (foto Víctor Jesús Carvajal). Detrás o retablo do viño.

miércoles, 28 de octubre de 2015

Xulio Gil: Retablos e Diálogos. Presentación



A presentación de hoxe.

Fase 1: pola máñá para a prensa...Políticos only.





Xuilio Gil explica para o Vicepresidente da Deputación o retablo do viño (foto Eliaz)

Fase 2: Presentación pola tarde. Vernissage.





Abre o acto Francisco Glez., diretor do Centro Cultural. Eu estou a repasar... (Foto:Crónicas de Auria).
Queixo, chourizo, pan de Cea, con Denominación de Orixe, a carón dos retratose do retablo da castaña



Unha gran exposición de Xulio Gil, 'Retablos e Diálogos', no Centro Cultural da Deputación, pranta baixa, a principal. 

miércoles, 15 de julio de 2015

'Banzo' de Xela Arias / fotos Xulio Gil






BANZO


É dolor de ver a quen ven que vai
pasar agora agoniada no poder do gozo a perda
nada infantil e groseiro presidindo veces
fuga va das cadeiras asentadas así percorridas

De bechos.



Tigres coma Cabalos, Xela Arias / fotos Xulio Gil
(Xerais, Vigo, 1990).


Deste gran libro, con deseño gráfico de Miguel A. Vigo, con foto da portada de Xulio Gil
Dende 24 fotografías e poemas, que se intercambiaron, a outras 24 creacións a posteriori. Foron trece os modelos que posaron para o fotógrafo, entre elas a propia Xela Arias, compañeira súa.


            Así 'foi o modo. Publicouse sen pés de foto, nin ilustracións ó texto'.

Fol. v./ dereita
              (As fotos do libro son nosas, viradas en sepia: o tempo que se mai marelo no papel...).


Fol. r. /esquerda
Lucía Barbeito escribiu dil: 'En 1990 publicou, en colaboración co seu marido e fotógrafo Xulio Gil, Tigres coma cabalos, obra de grande repercusión en que se mesturan poemas e espidos da autora. O libro trasmítenos unha mensaxe a prol da sinceridade e da procura dos sentimentos máis básicos'. 

Nada en Lugo en 1961, a autora morreu en novembro de 2003. Tiña 41 anos.

Neste ano o seu nome sonou con forza para dedicarlle o próximo Día das Letras Galegas...