lunes, 28 de mayo de 2018

IGNACIO BASALLO e a COLECTIVA da FUNDACIÓN ARTIAGA


Mar Barral, e Luis Seoane, nun pormenor da exposición. E na vitrina Ignacio Basallo (vide infra)...

IGNACIO BASALLO e a COLECTIVA da FUNDACIÓN ARTIAGA


As casiñas de animais en ‘Sobre perros y estrellas’, cadro de Tono Carbajo, son un símbolo da meritoria acción que a Fundación Artiaga promove coa exposición itinerante do Centro Cultural da Deputación. Aquelas poñen de manifesto o programa AAN (Axuda Animal Necesitado). Promover e divulgar a cultura a través da arte, apoiar artistas e contribuír ao desenrolo humano, cultural, científico, social de Galicia son os seus fins altruístas.

A obra de Tono Carbajo
Da serie 'A linguae da Memoria', 2015.




O conxunto comeza co 'Peto das doazóns' de Mar Barral, unha instalación cerámica dende os coñecidos chupa-chups; e segue pola Poesía en forma de libro, de Daniel Caxigueiro, escultura en gres con un burato na capa, outra ‘Fiestra valdeira’.

As fotos monocromas de Vari Caramés comparten técnica coas de Xosé Artiaga (Mondoñedo, Lugo, 1955), grandes e en aluminio, sombras de figuras a través de portas translúcidas, como aquelas presenzas das que falaba Miguel Fernández-Cid dunha exposición súa de 1990 no desaparecido Diario16.

Obra de Mauro Leivas



As frores de Xoán Lomarti, e os Kiwis hiperrealistas de Xoán Manuel Guerreiro cos mindonienses Xosé Vizoso e Mauro Leivas, que amosan un dos seus celebrados carteis das San Lucas, as famosas festas, e, respectivamente,



 unhas cerdeiras en flor a contraluz cun paxaro, achegado ao espirito das artes do leste asiático.


O gran Luís Seoane, un dos nosos clásicos, comparte protagonismo con doce xilografías, con outro, aínda vivo, Antonio López, do que se amosa un debuxo. E con eles, Mar Barral, Saudade Artiaga, Ana DMatos, Luis Fega, María X. Fernández ou Monasterio; e o santiagués Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, con un dos contedores madrileños de lixo...


Unha selección dos moitos que colaboran con Artiaga, presentada co viño do chantadino Pazo de Sabadelle, Ribeira Sacra en Lugo: así se potencia tamén, e proxecta, coa arte decote nas súas salas, exemplo que podían imitar outros pazos e adegas do Sil, pola banda de Sober e pola de Parada do Sil, Castro Caldelas e Valdeorras, ausentes polo de agora no ameto da cultura.


Ignacio Basallo, unha presenza estelar



Ten o escultor ourensán un máis que relevante protagonismo na sala con ducias de pequenas pezas en varios contedores-vitrinas, nas que amosa os seus pensamentos.

Caixa de madeira okume, cinc e cordel de cáñamo, 2001/ Caixa negra, tea metálica e escaiola, 1997





Amais dilo hai outras nas paredes, a modo de cadros, de madeira e papel, ás que se engaden as que pendura do teito, e as que van directamente no parqué. Esta luminosa aparición é a primeira fai entre nós logo de súa entrada a fins de 2015 na mencionada Real Academia Galega.



A plasticidade da materia nas súas mans, directamente, e co coidado das pezas que pule e ensambla, acada a canle pola que a poesía flúe dende a sutileza da escala, e o asombro do artista que está dende neno en contacto coa madeira no serradoiro, co seu pai, e o coiro. Unha poética especial teñen as obras nas que cose sobre cartón dende a máquina que era da súa nai, cosido que aparece na solitaria peza en coiro dunha vitrina.


Un xesto de xenerosidade coa substancia do conxunto e as dimensións da sala, que se materializou polo predicamento de Paco G. Bouzán, director do centro, e de Fernández-Cid.

Temos así este regalo, que nace por unha boa causa e se desfruta dun xeito especial.

viernes, 25 de mayo de 2018

María Lezón á voltas coa beleza


A Beleza, para Lezón



Chéganos de novo coa Galería Visol a obra de María Lezón Fernández-Hontoria, (1971, Madrid), pintora que viñera dende Málaga en 2014, coa súa obra apoiándose na historia dun avó, Ricardo Nóvoa Lezón.

caserío en primavera 
Coa exposición que trae quere reivindicar o concepto de Beleza na arte, co argumento de non querer ‘enfocarse en lo conceptual como tema primordial’ pois dese xeito ‘se convierte en elitista y marginal’, xa que logo ‘es menos accesible’.


Dende esta discutible apreciación presenta unha obra figurativa e narrativa, na que as rosas xogan un papel cromático determinante. E coas flores vai contando historias persoais, con un enfoque un punto inxenuo dende o mundo da ilustración, e claves persoais simbólicas, que se patentizan nas formas dalgunhas escenas que coloca xuntando pezas de distintos tamaños buscando dende as asimetrías unha suxestión.






Un Casarío vasco, a finca con xardín e piscina, e os seus nenos, que aparecen tamén en escenas de interior, o microcosmos dun mundo acomodado no económico, cálida e colorista mostra que expresa paixón dende a rechamante posta en escena para formar ambientes.



A influenza do cine, caso de Alfred Hitchcock, na arte Artemisia Gentilleschi, en a literatura, Vladimir Nabokov, 'Lolita' en concreto, son evasión, modelo e inspiración dunha artista formada en Canadá, con infancia en Getxto, Viscaia.

martes, 22 de mayo de 2018

Maec

Pierneta sobre plaza mayor e Que os den II, no fondo.
Antonio Ángel Mariscal Gaitán (El Carpio, Córdoba, 1960) é o 'Maec’, e anda a expoñer no centro Marcos Valcércel unha mostra, 'Piernetas', inspirada ‘na peineta’, o xesto de levantar o dedo corazón cara outra persoa, acompañado de rostro e voces... o que ben sendo unha impostura, dende a grosería.




"Es una forma de representar mi descontento con las lacras que infectan la sociedad, como la corrupción. Necesitamos más honestidad", dixo como xustificación. 






Mais o asunto non da para máis quedándose na forma.


Esta é un fragmento do corpo feminino, dende as coxas ata os pés, as pernas de perfil, unha delas levantada cara atrás, como amosa nun tríptico. A muller, dende a parte polo todo.


Inseríndolle un ollo e facendo variacións coas medias de nylon, as súas cores e os fondos Maec xoga coa forma, coa que deu cando facía un debuxo erótico, mais tamén co achádeo plástico da perna, e fai frases, caso de ‘Que Os Den II’, explícita mensaxe.





Esta aparece xa en Aristófanes, dramaturgo grego do século V a.C, quen nas Nubes un dos seus personaxes levanta o dedo corazón, como símbolo fálico, dedicado a Sócrates pola súa influencia nos rapaces da ágora ateniense. Este dedo medio ten unha connotación sexual concreta, e así o explicita o poeta Marcial ao sinalar como Sextilio responderalle así a un quidam que lle chamara efeminado. Aquí en Roma era o ‘Digitus impúdicus’, ou ‘infamen’.








O artista andaluz, arquitecto de profesión matriz, tense achegado a Nova Iorque, fai uns anos para amosar as súas ideas arquitectónico-urbanísticas na zona cero do Word Trade Center, e levou a súa icona ata Manhattan. Con anterioridade expuxera na Taparía Gaia de Celanova, e na súa estadía por alí pintou as súas prazas e tamén as de Vilanova dos Infantes.


domingo, 20 de mayo de 2018

Manuel Penin expon en Ourense


Penín





Ben de chegar de Nova Iorque, onde fixo, segundo conta, algunha dalgunhas obras que exhibe na súa exposición "Del dedo a la llama". Son quince cadros, óleos e técnicas mixtas sobre cartón e papel, formas informes nas que a cor é protagonista. Nelas quere compartir a intensidade das súas emocións, tamén realizadas aquí e en Berlín, estadía anterior. Llama en azul, cante en verde, e o branco da ’noche’, bravas en vermello e as azuis mareas: son os nomes que lles da, e as cores dominantes. Interior, clave, flores, e floresta son as outras obras ademais dunha que prefire non titular, como adoitaba facer ata agora.


Unha das obras na Cafetaría La Coruñesa.

Con elo amosa estar nunha fase nova, como se pode comprobar poñendo as que adornan as paredes da Cafetería La Coruñesa, sita baixo o seu taller. Carpa honda, unha obra dobre que firma o pasado ano, unha suxestiva paisaxe que ben pode aludir a un acuario. As formas e harmonías das cores ofrecen unha espranza da que xorden os impulsos que fan que as persoas se transformen.

Momento da inauguración. Fala Roberto Mariño alias 'Verino'.

Así pensábao en xeral John Berger, para quen cando a arte da espranza transmútase en forza. Así tamén Machado, quen amou ‘los mundos sutiles, ingrávidos y sutiles, como pombas de jabón...’.


martes, 15 de mayo de 2018

Lita Cabellut y Frida Khalo

La Fundació Vila Casas está haciendo una retrospectiva de Lita Cabellut en el Espais Volart, Barcelona a punto de finalizar (octubre 2017 a mayo 2018).




Lita Cabellut (Sariñena, Huesca, 1961), vive en los Países Bajos desde la juventud. En sus obras de gran formato, los retratos de Cabellut se consideran 'fotorrealistas', una variante del estilo Hiperrealismo, con una técnica peculiar desde el fresco y la minuciosidad de la pintura dela escuela holandesa pasada por el tamiz de Lucien Freud o Francis Bacon, entre otros. 

En la muestra se halla esta obra de su colección 'Frida, The Black Pearl', de 2010.


 Con ello da voz a las mujeres, denunciando la violencia, y apoya a la infancia necesitada, recuerdo y mucho más, sin duda, de cuando ella, de etnia gitana, que no conoció a sus padres, fue criada por una abuela hasta que tras su muerte es adoptada por una familia catalana en el orfanato con trece años... 

Una obra basada en la de Khalo aunque sin duda tiene de la vida de Lita Cabellut...
La columna rota (autorretrato), 1944, Museo Dolores Olmedo Patiño, Ciudad de México.
Magdalena Carmen Frida Kahlo Calderón artista mejicana (Coyoacán). Su padre era judío, un inmigrante húngaro, su madre era mestiza y católica, natural de Oaxaca, estado Zapoteca . Desde la poliomielitis de niña a un accidente traumático con huesos rotos y lesiones en su espina dorsal, que hacen tenga que estar en la cama, desde la que pinta, y tras ímprobos esfuerzos, siempre con dolor, logra volver a caminar. Casada con el pintor muralista Diego Rivera, veinte años mayor, alto y grueso, que eran llamados 'la paloma y el elefante'.


sábado, 12 de mayo de 2018

Xosé Poldras: Ver chegar aquilo que permanece




Eis a proposta de Xosé ‘Poldras’, artista grabador, Ver chegar aquilo que permanece’,  unha caída reflexión desde a Estética de la desaparición de Paul Virilio: ‘Su deseo de movimiento es sólo un deseo de inercia, el deseo de ver llegar aquello que permanece’, un pensamento que transformou en imaxes. 



'O mar non quiere metáforas', unha das obras. 


Con elo este destacado gravador da terras do sur leste da provincia, de Baronceli e do Bolo, con centros en Verín e Viana respectivamente, quere facer explícito un anceio: o da discreción, refugando á vocación de espectáculo de motos artistas e das súas propuestas plásticas, mais tamén doutros mundos da creación. E fuxe deste modus operandi, que refutan as súas obras. 


Verdades rente ao chan, 2012, 1/4.
Malia que podamos convir co gran poeta Machado, D. Antonio ‘Pero lo nuestro es pasar, pasar haciendo caminos’, na arte, como na vida, cada quen vai facendo o seu. Uns artistas apostan polo sólido, en ferro, bronce ou mármore, outros pola tea, cartón ou papel, e aínda outros pola fotografía, vídeo ou cine, poñamos por caso, mais o tempo, ese gran mestre, sinalará o devir no porvir sen poder nos albiscar a súa relevancia futura, ou ata cando...


'Árbore do tacto II".
Son estas trece composicións cos corpos nuns espazos amplos, nos que se respira tranquilidade, pois hai silenzo, dende unha constante procura estética.



Poldras traballa as obras co papel, sempre co papel. Un días despois dil, entrou na sala Penin, que tamén o utiliza para nas acuarelas e óleos, co cartón. Alén diso, este fai obras en bronce, e madeira.



Ámbolos dous están unidos como os actores Michelle Pfeiffer e Rutger Hauer en Ladyhawke de Richard Donner, ela de noite, el polo día, sen poder estar xuntos, xa que logo cando un estaba íase o outro. Así eles no Espacio de Arte RV, pois aquel concluía o seu tempo para deixarlle espazo a este. Mais dende fóra deste movemento do péndulo, e da súa secuencia temporal, as propostas seguen... 



jueves, 10 de mayo de 2018

'Involutas mors' de Salvador Dalí en su Making off


Salvador Dalí con la ayuda del fotógrafo Phillippe Halsman realizó su conocido 'cráneo' con mujeres desnudas, siete. 


                     Realiza la obra en 1951, con el fotógrafo Philippe Halsman.


Los cuerpos de las modelos los coloca Halsman y su ayudante hasta tres veces siguiendo el diseño de Dalí. En tres horas, al parecer.

Dalí supervisando...


Dalí y Halsman at work:





La relación de sexo y muerte, en el contexto culto de la 'Vanitas' que se desarrolla en la época del estilo Barroco, en el contexto de la Contra Reforma católica.






Aquí se pasa por el tamiz de juego sexual y neurótico del artista del Ampurdá, de Girona / Catalunya...



Finalmente Dalí posó cual dandy junto a dicha composición, quedando así el 'tableau vivant' concluido.


Un homenaje en clave cinematográfica, se produce en 1991desde el cartel... 
de la película 'El Silencio de los Corderos', película rodada por Jonatham Demme  en el torso de la polilla que cubre la boca. de la actriz Jodie Fisher


Como todo cinéfilo conoce...