Mostrando entradas con la etiqueta Christian Villamide. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Christian Villamide. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de abril de 2018

A paisaxe como poesía visual de 'Christian' Villamide






Arte et Alia

Xabier Limia de Gardón



Achegámonos a ‘Hortus conclusus’. Son catro grandes fotografías, de árbores altas en gris, e no centro delas un tronco tronzado, poderoso e decotado, que é o protagonista da quinta.



Están no Centro Cultural da Deputación e a serie de fotos dalle título ao conxunto da mostra de ‘Christian Villamide’ (José Manuel Pérez Villamide, Lugo, 1966), quen visita de novo a cidade dende que en 1991 expuxera. Era nos seus comezos, e dende o mito do Grial e as súas sensacións, iniciaba a súa andaina na arte en Lugo, Ourense e Buenos Aires, respectivamente.

Nos seguintes dez anos continuou ata que con ‘Mutación’ detense, reiniciando a súa carreira en 2010 con ‘Vacío y plenitud’, na Galería lucense Clérigos. 


Era xa daquela a súa preocupación central a da natureza e o home, unha teima a súa en clave binaria, por máis que a presenza física directa da xente sexa obviada, amosando o artista os seus efectos na sala, na posta en escena. Aquela é sempre retórica e conceptual, utilizando metonimias e sinécdoques, segundo os casos, que funcionan como metáforas.


O seu é ser calmo e reflexivo, mais o humano e a súa contorna sempre son quen de poñelo en cuestión.




Así desde  'Percepciones', 'Dunas', 'Paisajes incógnitos', 'Hábitat protegido oculto' e 'Coexistencias', uns títulos explícitos das súas exposicións que o poñen de manifesto.


A que trae ata o primeiro andar do Marcos Valcárcel depende directamente de 'Territorios transversais' e 'A paisaxe contra a parede', de 2016, nas que semella haber unha asunción de compromiso, como se sentise unha maior responsabilidade, dende a preocupación coa terra compartida. Así con fotografías, planos, escultura en mármore e madeira, pintada en cores planas, que dispón en vizosas instalacións visuais axudándose da iluminación, para producir sombras resaltando os perfís.

Utiliza así varias disciplinas para provocar reflexión baixo unha tonalidade que ten lirismo, mais tamén un aquel de ironía, ou retranca, caso do título, que abarca as series, en concreto a de Proxectos para subir montañas, unha das últimas, e a de Serras e montes de Galicia.


Obra-instalación de Rubén Fdez. Castón:
'
Composición naturaleza mecánica x'

Aquí están os límites da súa escultura, pezas superpostas con perfís de serra, e de distintos tamaños, suxestivas dende o bricolaxe, como opinaba Jean Clair, e nas que se revela a perda progresiva do oficio dende as Vangardas históricas do século pasado, e que se ten incrementado nas últimas décadas.















É a corrente iniciada Rosalind Krauss co seu concepto de ‘escultura expandida’, na que o extremeño Rubén Fernández Castón se expresa con habilidade cando xustapón diagonais nas súas pezas en ángulo.


Outra serie son as ‘Paisaxes cautivas’, ou en catividade. 
As obras de mármore semellando tea e pezas penduradas por cables, son un fresco ar. 


E as dúas obras escultóricas de madeira suxeitas ás columnas que dividen o espazo da sala como si dun banco de carpinteiro se tratara son acaídos conceptos dun artista máis que interesante no conceptual, como tamén en 'Serendipia', mármore e cristal.







Pendurounas dunha árbore do Lérez no Vº encontro de arte e natureza 2017 en Pontevedra, coordinado por Carme Hermo e Antón Sobral. E antes en Lugo.


Agora ben de triunfar en ArtMadrid...



miércoles, 4 de abril de 2018

Sesé Santiso en Ourense: Bodegóns 2.0 e outras obras


Unha cegadora luz emite a recreación da artista lucense Sesé Santiso (María José Santiso Gómez, 1964) do coñecido 'Bodegón do cardo e cenorias' do toledano Juan Sánchez Cotán, realizado en 1603.


Alí, na sala cero do Centro Cultural, debuxado sobre madeira con precisión e sutileza, ao que engade ringleiras de pratos de sobremesa para convertelo en "Obxectos sobre natureza morta". Elo supón dun lado unha reflexión plástica á luz do Tempo do Coresma, e doutro nun exercicio de memoria descontextualizada. 



Así na instalación artística que semellan tostas de pan de molde, untada unha co coitelo, engadindo a artista na colateral parede unha imaxe pintada do conxunto. Dende esa duplicación consciente colócanos enfronte do obxecto concreto e a súa imaxe, indo máis alá daquela pipa pintada por Magritte da que non avisaba que non era unha pipa: os límites do real e a súa materialización conceptual. Así os cranios como receptáculo da memoria, por mais que presentados en bandexa están xa tan baleiros como o esqueleto de moble sobre o que van. Velaquí a importancia de vivir no presente.







Trae Sesé Santiso, artista de fondo percorrido que coñecemos en Ourense dende 2002 co gallo daquela mostra itinerante da Xunta que xiraba por Galicia, outras obras de series recentes que amosan o seu ronsel plástico.











Un aspecto a salientar dela é a disección reflexiva que fai entre pintura e escultura, territorio de fronteira.





Así na escultura feita por superposición de láminas-planos ...

... que semellan un cadro dende os motivos pintados en primeiro termo.





Noutros, as pezas pintadas no marco-caixa están viradas para velas en volume. E o xeométrico das composicións e das estruturas imponse sempre, pois así é a súa analítica arte, horizontal e de cores apagados nos comezos ata que arredor de 2003 comeza a traballar con gamas cromáticas cálidas, modulándoas con raspados e veladuras, para amosar coas capas e pegadas das accións o paso do tempo na epiderme. Eis como aqueles palimpsestos medievais que os copistas aproveitaban.



Esta ten sido unha ocupación que traballou para a Galería Pardo Bazán de A Coruña en Residua, 2010, desenrolando caixas que darían os Contedores de 2013, expostos alí mesmo nun plan coherente. 


E con este formato ten expresado tamén a súa idea de feminismo, caso da Caixa de Pandora. Esta folla do seu abano temático pódese ver en Ourense, nunha linguaxe binaria, home vs. muller, e con ironía, en "Single e Married", abrelatas naquel e nela unha tela con bordado nun bastidor.


Esta licenciada en Belas Artes por Salamanca a finais dos anos oitenta, con estudos de grado, participa en colectivas desde 1989, sendo a súa primeira individual na Sala Almirante de Lugo en 1998 e no ano seguinte na sala de Caixa de Pontevedra, chega coa súa vizosa e suxerinte arte a Ourense. 

O día da inauguración acompañouna Christian Villamide, o seu home, que está a expoñer no Marcos Valcárcel. Ámbolos dous fixeran ‘Colos da memoria’ no Pazo de Sabadelle, Chantada, no verán de 2016. 

Territorio turístico da Ribeira Sacra, este será de interese primordial, e todo, sempre, unha forma de literatura...

sábado, 15 de julio de 2017

Christian Villamide no Vº Encontro de Arte e Natureza de Pontevedra

Nos Vº Encontros de Arte e Natureza_ 2017, Pontevedra, coordinados polos artistas Carme Hermo e Antón Sobral, participou Christian Villamide, de Lugo. 


Cos demáis artistas, fixo unha intervención efémera na Illa das Esculturas do Lérez. A súa foi a 'Ilustración Tratado II', que pendurou dunha árbore enriba das augas do río. 


O artista lucense impartiu ademais unha conferencia: 'Hortus conclusus e a paisaxe creada'.


Xa antes, en xullo de 2016, tiñaa colocado nunha pola doutra árbore no claustro do antigo convento de san Francisco no contexto da súa exposición ‘A Paisaxe contra a parede', do Museo de Lugo.