Mostrando entradas con la etiqueta Raigame. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Raigame. Mostrar todas las entradas

sábado, 23 de marzo de 2013

Monográfico de Raigame para Díaz Pardo


A Deputación de Ourense presentou o número 37 de Raigame, na que colaboro, desta volta de novo. A Revista de Arte, Cultura e Tradición Popular que aquela edita está dedicada a Isaac Díaz Pardo, figura relevante e sobranceira da cultura e artes de Galicia, un xeito de conmemorar dende ela -ten unha periodicidada bimestral- o seu falecemento fixo en xaneiro un ano.

A flanquean os políticos dostendo o traballo... 

No acto, o presidente provincial, José Manuel Baltar, louvouno sinalando como "dedicou a súa vida a traballar a prol de Galicia (...) sendo un galeguista militante, dentro e fóra da nosa terra, espallando as inquedanzas culturais do pais aló onde a súa prolífica vida profesional e artística o levou".

A directora da revista Mariló Fdez. Senra, sinalou que os textos son de Emilio Rdez. Portabales ('Camilo Díaz Baliño e o coro de Ruada').

Xosé Ramón Fandiño que trata a súa cronología, que ademáis comenta en "Os ángulos da luz e da memoria".
Felipe Senén: "As industrias da memoria".
Silvia Longueira: "Isaac Díaz Pardo + Luís Seoane, unha coincidencia inevitable" e o celebrado escritor Xosé Neira Vilas: "Con Isaac Díaz Pardo en Buenos Aires", rematando coas "Palabras" que pronuncióu no cemiterio santiagués de Boisaca o 6 de xaneiro de 2012, cando foi sotrerrado o ilustre galeguista.

Pola nosa banda fixemos un a modo de ensaio
dende a arte, buscando relacións entre as súa pinturas con figuras espidas e o tempo da Ditadura. O seu título é "O que revela o espido na pintura de Díaz Pardo (evidencia dun sentir nos tempos do franquismo)".