Espacio virtual de contenidos de arte y todo lo demás, con la villa de Cea, el pan y la Abadía de Oseira al fondo...
Mostrando entradas con la etiqueta Fundación Vicente Risco. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fundación Vicente Risco. Mostrar todas las entradas
domingo, 9 de febrero de 2014
lunes, 23 de diciembre de 2013
Arrede mo! abre en Allariz
Estivemos na inaugarición de ‘Arrede mO!’, nos baixos da
Fundación Vicente Risco. Co artista Manolo
Figueiras como coordinador, que a presentou
diante do Presidente daquela, Luis M-Risco, o grupo ‘Arte-Mud’ puxo en
marcha as accións artísticas do ano con unha ampla colectiva cos seus asociados,
e invitados, arredor da ‘Historia del diablo’
do mestre de mestres Vicente Risco. Esta insólita e erudita obra editada nos anos
corenta, reeditada por Xerais e últimamente por Nigratea, foi a desculpa
temática para que 'Produccións Arte Mud' xuntaran obras ad hoc.
![]() |
| O colectivo Arte Mud inaugurará o venres na sé da Fundación esta agardada exposición. |
![]() |
| Edic. Ayma, Barcelona, 1956. |
| En 1985, Edic. Xerais de Galicia, Vigo. (hai reed. en Nigratea, 2003, moi recomendable) |
Etiquetas:
Arte Mud,
Fundación Vicente Risco,
Vicente Risco
jueves, 6 de septiembre de 2012
Son soños, e tamén arte
Tres motivos plásticos dunha visita a Allariz a fins de agosto.
I. APARICIÓN DA BANDEIRA Ó VENTO
No horizonte, dominando a Vila, o castelo dos soños -do que dubidou D. Vicente nalgunha ocasión- renace: sobre cornixas e tellados, encima das árbores, a bandeira branca e azul !
(Foto tirada o derradeiro día do pasado agosto).
II. UNHA NOVA ESPECIE DE ÁRBORE
Obra de Xurxo Oro Claro, no patio urbano da Fundación Vicente Risco. Luminoso, metálico, a funda agacha unha árbore morta (creación do artista exposta con unha manchea deles na igrexa de San Domingos de Bonaval, na sala Capitular do Mosteiro de Oseira...).
III. 'AMORES SON AMORES'
Relevo cerámico de Acisclo Manzano na súa exposición da Fundación Vicente Risco (Allariz). Firmado e datado: 1983.
Dúas parellas a cadanseu lado da cabeceira do tálamo.
Úlos soños ?,
úla vida ?
( canto amor !)
I. APARICIÓN DA BANDEIRA Ó VENTO
No horizonte, dominando a Vila, o castelo dos soños -do que dubidou D. Vicente nalgunha ocasión- renace: sobre cornixas e tellados, encima das árbores, a bandeira branca e azul !
(Foto tirada o derradeiro día do pasado agosto).
II. UNHA NOVA ESPECIE DE ÁRBORE
Obra de Xurxo Oro Claro, no patio urbano da Fundación Vicente Risco. Luminoso, metálico, a funda agacha unha árbore morta (creación do artista exposta con unha manchea deles na igrexa de San Domingos de Bonaval, na sala Capitular do Mosteiro de Oseira...).
III. 'AMORES SON AMORES'
Relevo cerámico de Acisclo Manzano na súa exposición da Fundación Vicente Risco (Allariz). Firmado e datado: 1983.
Dúas parellas a cadanseu lado da cabeceira do tálamo.
Úlos soños ?,
úla vida ?
( canto amor !)
Etiquetas:
Acisclo Manzano,
Fundación Vicente Risco,
Xurxo Oro Claro
martes, 4 de septiembre de 2012
Con Acisclo na exposición de Allariz
Vou con Acisclo para escoitar da súa voz a exposición que inaugurou a semana pasada -aínda agosto-, pois as súas obras ocupan a sala de exposicións na Casa de Risco.
Esta é un espazo de varios andares que hai que visitar
con corazón agradecido para co gran polígrafo -un dos creadores xerminais da
moderna Galicia que medrou ata a súa maioría de idade na primeira metade do
pasado século-, e para os que pilotan a súa Fundación, no edificio de Allariz.
| Acompáñanos Alfonso V. Monjardín Blanco, posando ámbolos a carón dun retrato que o artista lle fixo a D. Vicente en 1961. |
| Dona da Acearrica |
| Soños de Romasanta |
| Soños de Romasanta |
Este é Acisclo, exemplo de actitude que remove as derrotistas actitudes coa súa actividade. Eis a esencia do grande mestre no que se ten convertido, a mirada pousada, son de seu. Rematou o verán mais Acisclo segue a ser luz. E sorriso.
Etiquetas:
Acisclo Manzano,
Fundación Vicente Risco
martes, 10 de enero de 2012
Pan negro
Na posguerra, a xente moía de forma caseira calquier cereal, moitas veces centeo ou avena, sen separar o gran da cáscara. L´Obrador del Molí, ten feito dende fariña de trigo de primeira calidade -ó que engade trigo trinchado e malta, e que lembra aquel "Pan negro", mais dunha calidade grande que venderá ó peso, enteiro (1,7 Kg, aprox.) ou a metade (800 gr. aprox.).
( cfr. en la web)
Emili Teixidor (Roda de Ter, 1933) é un vello escritor catalán de 75 años, que conta unha historia da posguerra rural: o pan negro era o pan da fame e da pobreza, naqueles anos da 'cartilla de racionamento' e miseria. A historia coa que arranca a película que é a base de todo non está no libro. A película baséase na novela 'Pa negre' pero tamén en 'Retrat d'un assassí d'ocells' (Retrato de un asesino de pájaros) e ademáis en 'Sic transit Gloria Swanson', do mesmo autor.

A Fundación Vicente Risco en colaboración con persoas individuais e empresas vén de publicar en galego o libro e o DVD da película subtitulado no noso idioma. A estrea dela foi o día 20 de decembro no auditorio de Ourense.
Os da curiosa instantánea que engadimos abaixo son o Secretario daquela Fundación e a Concelleira do goberno municipal -do Bloque Nacionalista Galego ámbolos dous-, departamento edilicio que tivo que ver coa iniciativa cultural.
Etiquetas:
Emili Teixidor,
Fundación Vicente Risco,
pan en el arte
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









