Mostrando entradas con la etiqueta José Luiz Oubiña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta José Luiz Oubiña. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de diciembre de 2016

RUBÉN VILANOVA E TONHO FERREIRO: AUGAS MESTAS





XABIER LIMIA DE GARDÓN.

ARTE ET ALIA.


Xogan os nenos ca auga, saltan nela, móllanse. Xaora, de maiores, temos con ela unha relación intensa, coa chuvia e nos ríos, na mar, na ducha,... Velaquí a relación do principio do mundo, do que é máis intransferiblemente noso.

Así o vimos neste ‘Dentro e Fóra’ do Outono Fotográfico XXXIV que xa devala. Nunha das mostras, ‘Augas vertentes’, aínda das fiestras acristaladas do edificio das Facultades do Campus coordinada por Xosé Lois Vázquez e Celia Simón, amósanos unha reflexión coa auga no fondo, dos seus usos e abusos por parte dunha parte minoritaria da humaninade, como sinalan os organizadores, e na escolla salientan a José Luiz Oubiña, fotógrafo natural de Curitiba, Brasil, e afincado en Vilagarcía fai cinco lustros, con unha obra na que as ondas semellan formas pictóricas abstractas. Mais nós queremos destacar a presenza das fotos do comisario, coas de Lois Pardo e de José Paz, de Ourense, todos ben coñecidos, que se xuntan con unha morea de participantes.



E dende as augas da memoria é precisamente o proxecto de Ferreiro e Vilanova,A man verde’, que na sala baixa do Centro Cultural remata estes días. A idea de aquel, profesor en Ourense na Escola de Arte Superior e Deseño ‘Antonio Faílde’, e máis maior, é plasmada no cadro, para que logo Rubén Vilanova, que estudou aquí fotografía artística, recréea nunha acción fotográfica. Amorean así nove momentos que se explican dende os acaídos títulos: a qué cheiran as avoas?, caligrafía con recendo a café, sábados eléctricos, a mesma pedra, xogos prohibidos, é domingo, en vía morta, o que nos separa, e a morada de verán. Así dispostos os temas, no que hai escaleiras e pedras, claro que son os xogos de cando nenos... 

Os artistas retratados por Eliaz para Ourense tempo de lecer.

Así dende o código visual elixido, con equivalencia nos formatos expresivos, e colocándoos pareados, conforman unha mostra distinta e audaz, nun efecto buscado para os sentidos por ámbolos dous, ainda que deberon engadir unha máis por efectos de simetría. Un catálogo á altura completa este discurso mol que se esgota en si mesmo, malia abrirse con unha cita do poeta irlandés Seamus HeaneyFago versos/ para verme como ecoo dende a escuridade’, como escribe en ‘La muerte de un naturalista’, obra na que relaciona os sons e os arrecendos cos recordos, esa lembranza que é memoria pero máis aínda sentimentos dun xa foi. 


Entender a vida, e tomar conciencia do presente, aínda que para elo só poidamos facemos retrospectivamente, como dixera Soren Kierkegaard e que se fai verdade verdadeira cando un xa ben sendo un ser para a morte máis que ser para a vida... Mais esta, a vida, pode ser tamén entendida como eso que chega dende o futuro, sexa este o que for. Coa liberdade na escolla sempre. 



Como neste tempo de outono, para nós xa inverno dende primeiros de novembro, malia esta ‘galifornia’ de calores que vivimos co cambio climático. A luz, tan necesaria para a vida, que é fundamental para as artes, tanto da fotografía como tamén para a pintura...