Mostrando entradas con la etiqueta Alfonso Sucasas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alfonso Sucasas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de junio de 2012

Morre Sucasas, incipit gloria




Dos paisanos, 1974.
Morre Sucasas, o pintor de orixe lalinense que vivía e traballaba en Vila de Cruces. Así o destaca en portada La Región de hoxe. La Voz de Galicia e El Faro de Vigo, niente. Viña de estar no candeleiro logo de moito tempo calado trala exposición de xaneiro a marzo, unha ampla retrospectiva en Vigo. Dela demos conta aquí o 27 de xaneiro. Iría logo á sede de novacaixagalicia en Santiago.
Firma e debuxa no catálogo

                            Mais a Moira estaba perto de Alfonso Sucasas: is dead...
Desolé !

En Vigo a comezos de ano
Grazas pola túa pintura, mestre ! 


Velaquí, esta addenda con dalgúns dos artistas (pincel, pluma, escultura,...) prersentes no seu funeral (via ElCorreoGallego, o igual que a magnífica instantánea de inferior de Xurxo Fernández). 


viernes, 27 de enero de 2012

SUCASAS, pintor de esencias

Alfonso Sucasas coa súa muller María e o profesor Xerardo Fentanes no día da inauguración. Detrás o “Tríptico dos peixes” (1992), foto J. de Arcos (Faro de Vigo).

Chega a Vigo o pintor lalinense Alfonso Sucasas (Lalín, Pontevedra, 1940) cargado coa súa sapiencia pictórica acumulada dende 1957 a 2010. As súus obras teñen sido para min un gozo cando aínda era aun  estudante universitario en Santiago, coñecendoas nos anos setenta -viña de América-, e comencei a aprecialas, entusiasmándome polos temas nos que atopaba un pouso de retranca (sarcasmo?) dende un poderoso cromatismo.

Decir Lalín é dicir Festa de invierno; dende sempre ten pintado os cartafois para a "Feira de Exaltación" (sic) de esta comarca central de Galicia e do seu "marisco de cortello": o Cocido.


Coetáneos seus son Xaime Quessada (1937-2007) e José Luis de Dios (1943-2010).

                         Á par deles, que foron chamados daquela a Nova Figuración.

Mais non estamos dando listas e menos aínda que parezan pechadas... (Úbeda, algo máis vello; Pulido, un pouco máis noviño tamén e, ...).

"Gilei da Chapeira", 2002.
Dende o seu debuxo nítido, as súas composicións cheas dunha grande expresividade nas que a líña curva reina para ofrecermos un mundo real no que latexa ese fino ar de crítica social que sempre me interesóu por alonxarse así do folklorismo ó uso. Iste gran pintor de esencias iconográficas ven sendo dende Lalín un grande xa, dende fai tempo [na base -Laxeiro (+)-; e cun Lamazares ubicado nun internacionalismo formal en Berlín].

"Xogador", 1998.
Esta gran mostra da súa obra pode verse en Vigo, na Sala de Exposicións do Centro Cultural Novacaixagalicia ata o 4 de Marzo (despois do Entroido, na Coresma xa...).