Mostrando entradas con la etiqueta Santi Barreiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Santi Barreiros. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de febrero de 2026

De Readme a Look at them (míralas), fotos de Santi Barreiros

 

É esta unha mostra de fotos que ispe ao seu autor, pois nela amósanos o perímetro do seu mundo. Ante todo o do seu entorno, xentes coas que temos compartido miradas e tempos ourensás de noso, persoas que podemos ter coñecido, e tratado, pois moitas son dos nosos días. 


Tres amigos en Allariz 

Jazz, artistas,...

Máis a maxia do mirar de Santi Barreiros ao deter un casulo de tempo na nosa memoria dos anos oitenta, ou noventa, coa súa cámara, son sen dúbida unha alfaia. Para nós, que tratase daquela a Xosé Cid e lle interesase retratar a Xoaquín Lorenzo, o derradeiro da Xeración Nós, a Quessada e Acisclo, todos con primeiros planos, ou Virxilio, ten o seu aquel, que xa daquela eran dos consagrados, fronte aos novos artistas cos que compartía tempo, Huete, Xoan Torres, Xavier Cuíñas, Miguel Karballo, Xosé Vilamoure, Jesús Costa ou Pastor Outeiral, con quen fixo exposición en Xunqueira de Espadanedo en 1994. Huellas, titularana. Ou escritores. Chesi (JºMª Pérez), falecido polo Nadal, cunha foto de pose para un libro, Manolo Guede, e Chus Pato, premio nacional de poesía 2024 e poeta de culto. Logo está Nito Contreras, que aparece en tres fotos. El e Giana Pizzi, súa dona, acollérono cando vai vivir en Roma. Logo farían exposicións na Visol e Allariz, até a Overtaz, 2023, no Campus, mais Nito, seu irmau de confidencias, ía naquel intre polo río en Vigo, onde vive a mar, “que es el morir”, como dixera o cabaleiro-poeta medieval. Lembralo -lembrándoo- e ir na contra das augas do Lethes / Limia / Lima, tan de nós...


Posa cun retrado de Entrambosríos

Barreiros (Ourense, 1950), busca agora con Read /me. (léeme), e fotos de tamaño medio, unha linguaxe de proximidade, caso distinto dos Retratos dun tempo da plástica galega seu de Xulio Gil, quen utilizou un canon sobranceiro na mencionada  mostra da sala d’Afundación. Santi ten transitado por un amplo abano temático ao longo da súa vida profesional por vivir da fotografía, o alimenticio dos mundos da moda, vodas e interiorismo, e a liberdade creativa das exposicións. A última con temática aberta á natureza, e antes con Nito as foto-esculturas land art no Campus. Con Vistas al mar, nas paredes do hospital santa María Nai, salas de cancro, vese o seu studium ao modo Barthes, que o artista busca, e tamén o punctum, fóra do seu control, máis alá dos lacrimais...


Yosi (díptico)

Ten publicado libros dende 1993, sendo "Entrambosríos", unha aldea da Ribeira Sacra ourensá", o máis recente. De sentir etnográfico eis o ciclo anual coa familia protagonista coa que conviviu, dende a inicial acollida improvisada que se foi fcendo cotiá, obra que transpira emoción arredor das árbores, nas que nos esquece o castañ-rei-do-souto, recollido no catálogo das senlleiras en Galicia. O primeiro dos retratos desta serie é o do Manolo. Todos están na sala do C.C.M.V. da deputación ourensá.


Santi cando me guiou pola sala
E o seu amigo-irmán Nito Contreras, que morreu, un día antes da súa anterior exposición xuntos.
 


Outras das virtudes da exposición é a de acharmos nun mundo coñecido, dende a paisanaxe ás fotos de viaxes, algunhas nas rotas turísticas, como Lisboa e Perú; a dos pescadores en Gambia recolle un lance onde se xogou a vida, e na de Vietnam das capas, chea de picardía, que o anónimo cristaleiro refugaba as fotos...


Chus Pato, gran poeta e amiga súa.

Readme -léeme- (for free /gratis), no cartel, Lisboa.

 

lunes, 14 de abril de 2014

Sensos e Miraxes (Nito Contreras & Santi Barreiros)

Están Nito Contreras e Santi Barreiros na Galería de exposicións da Fundación Risco, en Allariz, este mes. Ambos artistas repiten a experiencia tralo seu paso pola Galería Visol de Ourense fai dous anos. Daquela Santi e Nito con ‘Naturalmente’, e desta volta son Nito e Santi con ‘Cinco sensos á deriva’. E escollen de novo a Primavera, que neste ano é o tempo anual do rito cristiá do renacer, da coresma á pascua: per Crucem (Semana Santa) ad Lucem (resurrección). Así tamén eles.








Achegámonos ata o vernissage, coa sala ateigada de amigos, e tamén no patio. Non hai presentación, o viño flúe, e as conversas tamén, dun a outro, dúas fontes. En ámbolos espazos mencionados os artistas expresan o seu proxecto 2.0, no que afinan o de 2012, peneirado e decantado, dende o seu laboratorio conxunto da amizade, malia os miles de quilómetros entre Ourense e Roma, onde viven. Eis o segredo, desde a escultura e fotografía, nunha obra un deles é voz e o outro eco, e noutra obra á viceversa, segundo o pide o ritmo dela. Xa sinalamos a conxunción desde as artes expresivas na exposición de fotoesculturas anterior.

Nela, había dúas iconas especiais, unha instalación-alegoría, e unha escultura-soporte con metacrilato cúbico-lupa que amplía a imaxe fotográfica. Esta é o continuum en Allariz, con outra, agora recortada, por mor de acadar o equilibrio nas formas: cera e escumas da praia das Furnas de Ramón Sampedro, pois cada obra ten unha historia. 

No fondo patio, dominado cabe a casa por un magnolio e unha escultura arbórea de Xurxo Oro, desenrolan un sentir dende dúas instalacións-retablo potenciadas polas fiestras da vella casa, que semellan fornacinas, precedidas por unha fotoescultura de parede, metálica, con polícromos cristais dunha Praia de Laxe. 

Vai suspendida na parede sen encintar, na que xermolan coucelos e outra flora verde de estación, o que prolonga o efecto de trompe-l’oeil. Con elas se expresan, máis non parolan, senon que falan en harmonía co espazo.


Velaquí o verbo encantado, espazo, a palabra xerminal. Pois Nito e Santi domestican os límites e impoñen á mirada unha sinestesia que de espellismos reflexivos, miraxes. Nos seus límites -un rumor- os artistas delimitan formas: Nito debuxa volumes na foto ou a completa con liña e cor na do cartel da exposición. Noutras, a lámina metálica sobreposta define coa sombra as formas da luz. Con Chillida, pensa -mellor con Oteiza- que non hai límite no espazo como tampouco o hai no espíritu. A mirada de ámbolos dous converxe dun xeito singular nunha obra en papel dobrado en tres na que Nito escribe o título da mostra deixando unha fenda, liña/límite que amplifica Santi co pormenor dunha táboa no paseo de Corrubedo.

'Cinco sensos á deriva' (papel, grafito, foto)
O oficio plástico de Barreiros dende Inglaterra a París, Roma ou Madrid, ademáis do Centro Cultural ourensá, no que tamén estivo Contreras, con ‘a paisaxe en fragmentos’, e tamén en Madrid, Rietri ou Roma, escultor, artista gráfico e músico, en suma, un compositor experto de formas, para quen a ‘cultura è un cammino da percorrere’.
                                                                        [Velaquí o texto na web de La Región]



sábado, 5 de abril de 2014

Na Vernissage de 'Cinco Sensos...' (Contreras & Barreiros)


Son momentos do venres, 4, polo serán: Vernissage de Nito Contreras & Santi Barreiros. Na Fundación Risco (Allariz).

De conversa con Nito diante dos 'Cinco Sensos', que Isabell Seidel está a mirar con atención...
Santi Barreiros e un amigo.
A reportaxe tan acaída é de Víctor Carvajal. Os xestos duns e outros, no proceso constante de medir a luz, ofrece estas instantáneas (e algún posado), no interior do espazo da Fundación alaricana destinado a Galería, revelan o élan dos artistas, e reflicten a interación cos acompañantes.

Santi Barreiros, con Sula Repani nun momento da conversa.
No patio, diante das instalacións das fiestras -fotos de edra e líquens- e da escultura e fotografía (cristais na praia) na parede murada...  


miércoles, 2 de abril de 2014

'Sensos á deriva' /cinco: nito contreras & santi barreiros

Sampaio, nas terras do Ribeiro (de onde é Nito Contreras). Augas embalsadas do río Miño no encoro de Castrelo.
Vista, olfato, ouvido, gusto, e tacto (Porque son cinco). Na Fundación Risco de Allariz. Todo o mes.





O Miño dende as terras da Torre de Lapela, Monçao/Portugal.
...

lunes, 30 de abril de 2012

Antes de que acabe Abril


                       "¡ Oh luna, cuánto abril,


                               qué vasto y dulce el aire!


                               Todo lo que perdí


                                volverá con las aves.

(...)"
                                           (De "Advenimiento", de Jorge Guillén.
Cuadro biombo de Virxilio para 'Bodegas Terras Gauda' (exposición Novacaixagalicia, Ourense)
N. Contreras (Roma) y S. Barreiros (Ourernse) sosteniendo, por separado, "De Roma a Entrambasaugas"
Pormenor de la iglesia de Fátima con mosaico de Padrós y Vidriera alusiva a las apariciones
La última lámina alude a la conferencia que impartí en en Simeón (Centro cultural Deputación de Ourense) el pasado día 12, jueves, cerrando el ciclo conmemorativo de los L años de la inauguración del templo mariano (1962-2012). Su título:"La iglesia ourensana de Fátima: una aproximación a su iconografía". 

jueves, 19 de abril de 2012

Nito Contreras y Santi Barreiros, artistas y amigos

Son amigos y artistas Nito Contreras y Santi Barreiros. Ambos exponen juntos en la Galería Visol desde hace unos días.Ambos crean una obra en la que convergen: así ut infra, parte superior de Contreras, parte inferior Barreiros. Dichas "liñas" son las bateas de mejillones de una de las rías gallegas... En la parte superior una de las formas icónicas de Nito.

Liñas nun espazo branco
Convergen en Visol desde Roma el primero y Entrambasaugas el segundo; y juntan sus esencias creativas en una obra de hondo sincretismo icónico, evocador, de amplio espectro emocional.

De Roma a Entrambasaugas

Llegan con un concepto plástico al alimón dispuestos a emocionar, y convencer.

As furnas fervendo auga
Fotógrafo y escultor, escultor y fotógrafo en una más que notable exposición (que se inicia con una instalación formada por una escultutra -menhir- y una fotografía -percebe- unidos por un campo de hierba recién segada arrecendendo.... ! ).

O percebe, xa amosado na exposición
da Galería madrileña "ASM28"