Mostrando entradas con la etiqueta Arte Mud. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arte Mud. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de diciembre de 2014

La máscara, exposición de Arte Mud en Allariz


La última exposición de Produccións Arte Mud, en los bajos de la Fundación Vicente Risco, nos lleva hasta Allariz. La noche de la presentación está de aguanieve. En la plazuela de la iglesia y ayuntamiento penden luces y cintas de una cucaña, sutil árbol de luz, que prepara el camino.


Una de las oobras de Antonio Soria R.
Cursum perficio hacia el calor del arte, y la música, que nos espera con las obras del colectivo coordinado, en esta ocasión, por Jesús Costa: ‘La Máscara’, como hilo conductor de una idea, o concepto. Como icono de la presencia del dios de la tribu, o ficción, y también como defensa. La máscara como desarrollo de la construcción de una figura, o personaje, disfraz que exhibe y nos oculta a un tiempo... Se ha difuminado en nuestros días la hondura, y polisemia, que encierra y, a la vez, desde su imagen, expande. 

Ahora desde el tiempo de espera navideño, adviento por nombre eclesiástico, en que las instituciones públicas juegan con las luces, podemos mirar a París, la ciudad-luz, para descubrir que allí, delante de Notre Dame, en la plaza, luce el árbol... La presencia de la máscara está también aquí, unida indisolublemente con la Navidad. Así desde el día siguiente al 25 comienza el ciclo en Entroido, que concluirá para iniciar la preparación pascual... Una muestra pertinente, que se prolongará hasta mediados de enero.

La propuesta de Arte Mud con Costa comienza desde su dibujo en el programa de mano, en el que se lee ‘El personaje / máscara subjetiva’. El aporta el grupo de obras más numeroso, desde dos hermosas y sugerentes tallas de madera, a las que acompaña la obra de Raúl Diniz, con cordón de esparto y color, en relieve. El creador brasileño afincado aquí, maestro en su tierra del carnaval, ha sido recientemente uno de los diez finalistas del Concurso de Deseño de Xoias del Colegio Oficial de Joyería. Otras obras de Costa se hallan en el suelo y suspendidas a modo de lucernarios.



En otra pared, se exhiben sus máscaras,utilizadas para la representación teatral de Sarabela teatro, ‘O lapis do carpinteiro’, gran éxito del año 2000 que dirigió Ánxeles Cuña, y con la que obtuvo el premio María Casares de teatro de escenografía al año siguiente.

(a ambos lados mostramos la del Juez, anverso y reverso)





Hay máscaras africanas compradas por Seo, quien presenta un cuadro en el pilar central, que comparte con Manolo Figueiras, que trae una carpeta de grabados con máscaras oestrimnias.

De unas vigas próximas cuelgan obras de Antonio Soria, y en dos paredes muestra obras Repani. Conforman el cartel de la colectiva los hermanos Javier y Jorge Varela, Cuiñas, Piñeiro, Karballo y Eva Casado. Esta incluye varias obras, entre las que esta una máscara-col (aquí a la derecha la muestro), suerte de homenaje a Serge Gainsbourg, al que se conocía por 'L'Homme à la Tête de Chou'. 

Ars Anterga, en acción. Detrás, de derecha a izquierda,  obras de Karballo, Jesús Costa y Raúl Diniz, respectivamente.
Al inicio el trío Ars Anterga, Ilduara Perianes, voz, con Juan Manuel Vázquez e Irma Fernández en los instrumentos, dieron un amplio concierto de sonidos medievales con Cantigas de Santa María; Martim Códax y piezas sefarditas. De lujo.

Eva Casado y Manolo Figueiras, artistas, siguen atentamente el concierto...
                                       (artículo para la serie Arte et Alia de La Región)

viernes, 29 de agosto de 2014

MOBÍLIA, unha reflexión plástica e poética do 'espazo doméstico'

"MOBÍLIA. AMOBLAR OS BAIXOS DUNHA FUNDACIÓN"



Dende o venres 29 de agosto, na sala da Fundación Vicente Risco (Allariz) 'unha mostra dunha arte que, malia ser xa unha tradición do arte de vangarda dos séculos XX e XXI, non adoita ser -alén de dignas e contadas excepcións- cultivada nin amosada nesta provincia: a instalación. Unha Produción ARTE MUD concibida por Manolo Figueiras, Jesús Costa e Seo (Antonio Fdez. Seoane) para o espazo da devandita institución na que o grupo de artistas ARTE MUD leva ano e medio programando exposicións.

Ese día tamén a palabra e a voz de Rebeca Baceiredo, Claudio Pato e os irmáns David e Estevo Creus


Contribúen ó conxunto as obras de arte absorbidas nel, de artistas diversos (membros uns, amigos outros, de ARTE MUD), de escultura (Rosendo Cid, Jesús Costa, Xavier Cuiñas, Jorge Varela), fotografía (Rosendo Cid, Jorge Díaz), pintura (Antonio Soria), collage (Rosendo Cid, José Carlos Seoane), cerámica (Xaime Piñeiro), e o mobiliario de creación (lámpadas, concretamente, de Mauro Trastoy e Lelédacuca).

Con Jorge Varela, Rosendo Cid,... en plena performance
A instalación pide ao visitante que se introduza nela (o que os conceptores da mesma denominan "calidez" da instalación; hainas cálidas e frías do mesmo xeito que hai cores cálidas e cores frías), que circule e procure construír a súa impresión xeral observando o conxunto desde moitos lugares do espazo ("Mobilia" non se abarca dunha ollada, o tipo de perspectiva que domina non é a "lineal" renacentista senón a "isométrica" chinesa), que probe o mobiliario (butacas, asentos) e que se instale á mesa dos cadernos, os abra e lea un ou varios parágrafos ó chou ou dé unha vista de ollos aos debuxos; e que, en fin, respire a atmosfera de conxunto que envolve aos obxectos: mobles, esculturas, cadros, fotografías, collages, bibelots, cerámicas, efémeros (elementos creados ex profeso para a instalación e que non pretenden ser obras de arte de seu, independentemente do seu lugar e función na mesma).

Lámpara de Mauro Trastoy, pieza cerámica de Xaime Piñeiro, columnas de luz con telas de Jorge Varela

A importancia atribuída ao factor luz, á atmosfera interior creada, é aquilo ao que os conceptores da instalación atribúen o seu carácter "impresionista". Experimentar o que os pais de "Mobilia" denominan "unha instalación impresionista, cálida e isométrica", ou o resultado de amoblar os baixos dunha fundación segundo o seguinte criterio-fórmula: que o factor pragmático tenda a cero e o estético a infinito'.

jueves, 2 de enero de 2014

Arre, demo!!! (colectiva Arte Mud)

Presenta Manolo Figueiras, coordinador. Luis M.-Risco observa.
Algunhas das mellores fotos do venres pasado, na inauguración (as outras levounas o demo).  
 Produccións Arte Mud: ata o 19 de xaneiro, de venres a domingo.
-un exceso de brevitate, non?...-

De J. Valera (do revés ten outra personalidade). Alá no fondo, escultura cerámica de Xaime Piñeiro.
Estivemos co artista brasileiro de Sao Paulo Raúl Diniz, os irmáns Xavier e Jorge Valera, Antonio Seo, Soria Rocafort, Xaime Piñeiro, Pablo Otero e Xurxo Oro Claro. E por alí se achegaron o profesor Outeiriño, Karballo, Eduardo Núñez, Repani, Eva Casado, Baldomero Moreiras, Taboada, e outros. Abren únicamente os fins de semana.

A suxestiva obra de Xaime Piñeiro

Obra de Figueiras 

lunes, 23 de diciembre de 2013

Arrede mo! abre en Allariz


Estivemos na inaugarición de ‘Arrede mO!’, nos baixos da Fundación Vicente Risco. Co artista Manolo Figueiras como coordinador, que  a presentou diante do Presidente daquela, Luis M-Risco, o grupo ‘Arte-Mud’ puxo en marcha as accións artísticas do ano con unha ampla colectiva cos seus asociados, e invitados, arredor da ‘Historia del diablo’ do mestre de mestres Vicente Risco. Esta insólita e erudita obra editada nos anos corenta, reeditada por Xerais e últimamente por Nigratea, foi a desculpa temática para que 'Produccións Arte Mud' xuntaran obras ad hoc. 

O colectivo Arte Mud inaugurará o venres na sé da Fundación esta agardada exposición. 
Edic. Ayma, Barcelona, 1956.
En 1985, Edic. Xerais de Galicia, Vigo. (hai reed. en Nigratea, 2003, moi recomendable)
Catedral de Ourrense, Pórtico do Paraíso, pormenor do capitel das Tentacións restaurado
(a aínda non inaugurado: Arre demo !!!)


jueves, 21 de marzo de 2013

Nace ARTE MUD en Allariz

                                       NACE 'ARTE MUD' (arte en Risco)'
                                [Vicente, of course!: Allariz foundation, claro]


Sula Repani: "Pruno"
Son os Artistas: Miguel Carballo, Manolo Figueiras, Xavier CuiñasAntonio SoriaSula Repani, Raúl Diniz, Jorge Varela, Javier VarelaXaime PiñeiroEva CasadoSeo.

Obra de Xaime Piñeiro
E comezan con unha exposición conxunta -por descontado-, que leva un manifesto ad hoc e sen poses que é un antimanifesto, é dicir, 'a modo de presentación'. 
                                                        (vide infra: as cores e os sangrados son meus...)

 
     CICLO DE EXPOSICIÓNS 'ARTE EN RISCO' 22 MAR(ven) -21 ABR (dom): ARTE MUD.

Seo: "Serenas tardes da antigüidade" (no ar de Paul Klee, e...).
Seo, Karballo e Figueiras, tres dos artistas, na exposición destes dous en Visol o pasado día 8, venres. 

                                   ARTE MUD
                PROTOCOLO DE EMERXENCIA PARA ACOMETER MUÍÑOS. 
                            (A modo de presentación, SEN MANIFESTO) 
                                     __________________________

                           Maré Arte Mud? Mud Dadá? Maëlstrom xirando? 

Xira-xira, engule ironía, humor, tranvía, xiratoria saudade, crítica -política, cultural, artística-, reflexión, compulsión. 

aS vOCES vISITADORAS SEMPRE oBSESIVAS, a infinita calma de alomenos unha décima de segundo. 

                            Nós: inadaptados, inadaptábeis? 

O xinete azul caeu do cabalo / O cabalo voou polo chan. Equs Mud? Mud Danza? Figuración, Simbolismo, textura, tactilidade, a guerra, a espada, o tendón de Aquiles, os guerreiros de ARMEÁ, un CASTRO, aquela paisaxe, a túa infancia, lembrarse. 

                            Mic Mud? Mud Mur? Mud Show? 

Buques trasatlánticos, veleiros mediterráneos, piraguas baixo as pontes do Arnoia... Grecia, Sudamérica, Galicia. A nube, o Sol. 

Esencialidade, ensoñación, construtivismo, concepto, intuición... 

Unha PORTA, unha PONTE, unha NAVE? EQUIPO, GRUPO, BANDA MUD? Fluidos ou reticentes, acovardados ou salvaxes? 

Grande roda da noria, unha montaña, Rusia. Círculos. 

“A actividade propiamente metafísica desta vida”? Un pretexto para o xogo sen fin? 

Mito, Cosmos, Abstracción, Oriente, o Carnaval, o Océano, os Atlantes, a Auga. 

Pureza, idealización, esquematismo. 

Arca, cofre, EXPLOSIÓN MUD? Filosofía, Poesía, Materia. O animal. A identidade de barro. Des-estruturas. Más Mud? Conglomerados? Ramificación, expansión dendroide? Que di o son do martelo de Hefesto? 

                                              Di Mud? ARTE MUD!

                                              Veñan, pasen, vexan !!!

Miguel Karballo: "Lectura", fresco acríl. s./lenzo