Mostrando entradas con la etiqueta Manuel Colmeiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manuel Colmeiro. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de mayo de 2016

A nova faciana da Casa de Rafael Dieste, en Rianxo

A porta principal, da casa de Rafael Dieste Gonçalves (1899-1981), e unha fiestra posterior cara o mar, teñen, dende o pasado febreiro unha nova faciana.


Na porta da casa de Rafael Dieste en Rianxo. As imaxes da parella reproducida que lle fixo 'M. Colmeiro', amigo do escritor. 





Dieste e a súa muller Carmen Muñoz, obra de Colmeiro.

Ámbolos dous tiveron que vivir fora de Galicia, logo de 1939...




A súa casa é beirarúa da Rúa de Abaixo e a Rúa Xudío, e por baixo, o Paseo da Ribeira /  Rúa Portiño.

Aspecto da casa antes da pequena-gran transformación iconográfica
Enchamos a mañá, e a semana...

(foto parte posterior da casa Rafael Dieste en Rianxo).  

 ¡Qué importante esa labor de visibilización!

A acaída mensaxe da fiestra, que leva o título dunha obra do escritor

martes, 19 de abril de 2016

A fronteira infinda de Arte Galega (1)


Xabier Limia de Gardón. 
O artigo no diario de Ourense La Región
Arte et alia.

Mireya Dieste, 1943: Colmeiro.
Abanca e Afundación foron xuntando un gran patrimonio de pintura cando señoreaban co nome de Caixas o espazo galego e, con liñas de valor postas nos artistas plásticos da terra, foron chamando cara un sentimento de raiceira, que se pode sentir cando entramos na exposición dos artistas galegos que emigraron. O que vemos na sala da entidade crediticia galega reflicte unha gran carga emocional se pensamos nos artistas. Nados nas terras do Antigo Reino, os máis vellos entre eles a fins do século XIX, deron coas súas vidas, e ósos, polos países de Europa e América. Botados, viviron neles por tempos infindos e mesmo morreron alí, fóra...

Na presentación para as autoridades e prensa X.C. Bernárdez explica diante dalgunha das obras da primeira sala.

Amaron a Galicia, aquí, dende as súas terras e xentes, comeron e durmiron nela, e cando tiveron que vivir lonxe entraron en simbiose coas novas realidades, e afixéronse cos mundos onde deron a vivir coa súa arte. Algúns exemplos están ante os nosos ollos neste regalo para a historia da arte que Xosé Carlos L. Bernárdez comisaría.

Obra de Isaac Díaz Pardo
Obra de Manuel Pailós. Foi ademáis escultor e ceramista, en Uruguay
(1914, Corme-Porto/Ponteceso, A Coruña-2004, Uruguay)
Con importancia de evento singular foi presentada o pasado mes polo presidente de Afundación e director xeral, co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, o alcalde de Ourense, e cargos de representación como o secretario xeral de Cultura, o director territorial de Abanca ou a delegada territorial da Xunta en Ourense, acompañados dunha elixida presenza de cargos bancarios e políticos. O selectivo da inauguración, un mariage en petit comité, fala da súa importancia dende varios puntos de vista, como variadas son as achegas plásticas (por máis que no folleto debería estar a lista). Estas veñen explicadas con pedagoxía por Bernárdez dende os fondos daquelas entidades crediticias para contar a historia coas obras dos artistas, a meirande parte delas pintadas lonxe de Galicia. Partindo de Castelao, a emigración; os artistas exiliados en América fuxindo da guerra civil e o réxime ditatorial de Franco; e as novas xeracións que se foron cara Madrid, o centro do novo estado centralista. A fronteira infinda, título dun dos libros de Celso Emilio Ferreiro, que estivo no exilio en Venezuela, son 20 artistas escolmados e 45 obras, para facer segundo o comisario ‘un retrato non feito’ da emigración galega.

Obra de Mario Granell, 1957.
Una de las dos obras expuestas de Maruja Mallo, 1950-55.
Ángel Botello Barros, Cangas do Morrazo, 1913 
/ San Juan, Puerto Rico, 1986: Flores, 1976.

martes, 15 de mayo de 2012


O martes 8 no Salón Nobre de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela tivo lugar o Acto Conmemorativo do 80 aniversario da Misa de Rosalía de Castro. Organizada por 'Foro Galicia Milenio', con Marcelino Agís Villaverde, Dr. de Filosofía da USC e o seu presidente ó fronte. Eles fan (facemos: somos un máis deste montón) esta laboura que manten a chama do Galeguismo histórico dende San Domingos de Bonaval, na capela da igrexa onde está o 'Panteón dos Galegos Ilustres'.

Saída da misa a Rosalía de Castro en San Domingos de Bonaval o 25 de xullo de 1970: Manuel Colmeiro, Ramón Otero Pedrayo apoiándose en Paz-Andrade, e Rodríguez Fraiz (cfr.http://www.valentinpazandrade.com/).
O profesor Baliñas Fernández falou do contexto histórico no que naceu. E houbo un homenaxe ós iniciadores, José Mosquera Pérez e Manuel Beiras García. A misa foi durante a ditadura franquista o motivo de exaltación galeguista, co uso da lingua propia, sendo o faro da introducción do galego na liturxia antes do Concilio Vaticano II.

Misa de 2009, co Dr. Antón Fidalgo (+) e quen suscribe
A primeira Misa en lembranza de Rosalía de Castro en San Domingos de Bonaval foi a do solemne funeral celebrado o 26 de maio de 1891, ó día seguinte do traslado dos seus restos mortais dende Iria Flavia a Santiago.
A segunda Misa foi o 29 de xullo de 1899, homenaxe do Centro Gallego de Buenos Aires. Trouxeron a coroa de bronce fundida ad hoc.


A terceira Misa, en 1932, introduce o fito diferencial, xa que logo dende entón pasarase a celebrar no Día de Galicia ou na véspera.

A Fundación Rosalía de Castro organizouna duranto moitos anos, sendo Agustín Sixto Seco o presidente, íl -eles- foron quen de transmitirnos o alento dos tempos anteriores ata os nosos. Dende 2007 tomou o testigo o Foro Galicia Milenio. Son oitenta anos desta tradición, unha das máis arraigadas da cultura galega, festexo “simbólico para toda Galicia, crentes e non”, segundo sinalou o Dr. Agís. 





Un espíritu galeguista que temos visto un ano e outro ata pouco antes da morte de Sixto Seco en 2004 cada derradeiro domingo de xuño no acto do Premio Trasalba, que se celebra na casona que D. Ramón Otero Pedrayo deixou a Galicia, representado pola Editorial Galaxia... 

Terra a nosa !


martes, 17 de abril de 2012

Paisaxe que sabe a pan

"Paisaxe que sabe a pan", é o título da exposición de Colmeiro en Lugo, no 'Círculo de las Artes', da que queremos facernos hoxe eco, pese a facer días que se clausurou (do 9 ó 24 de marzo: tempus fugit !).

Un magnífico título para unha exposición dos nosos grandes artistas galegos (Seoane, Souto, Maside, e tamén Laxeiro: 'os Novos'), Con eles Galicia entrou na modernidade (dende a tradición).
Paisaxe de pan
Paisaxe lucense dende a muralla (que sabe a pulpo e pan de Cea)
Unha mostra que ben podería recalar en Ourense, única terra de Galicia con un pan Denominación de Orixe, non ? Agora que xa está desmontada é máis doado...