Mostrando entradas con la etiqueta Luis G. Tosar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Luis G. Tosar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de julio de 2017

BUCIÑOS E A METAFÍSICA DE CASARES NA ÍNSUA DOS POETAS

XABIER LIMIA DE GARDÓN
ARTE ET ALIA





Abofé que a morte non existe, e Buciños demóstrao coa súa inspirada lembranza de Carlos Casares para a 'Ínsua dos Poetas'.


O seu é un monumento á obra escrita, o vestixio dun ser que loitou, e aloitou, coa vida, e as palabras. Desde 2012, en que morreu, o Carlos que foi palabra, e alento, xa é sombra.







Ese home que coñeceu, e tratou coas súas continxencias humanas Manolo de Buciños é, por mor da súa obra escultórica, expresión do seu sentir, pegada humana harmoniosamente definida, coa man e antebrazo,...

O desexo de Manolo de Buciños de que a emerxa da terra nai...
... que anticipan un corpo rexo e forte, que emerxe da terra, como a rocha na que se asenta. 















A obra nace en Madrid, onde foi fundida... Manolo de Buciños,
dende a altura física e moral dos seus case 80 anos, contemplaa...
Así, con esta parte dun todo corporal, agora incorpóreo, que se abre coa palma cara o leste e que sosterá, en breve, un libro... Como o que lle deron aos premiados, en pequeño tamaño, a escala. 









Man destra, aberta, feita para soster, man que apertaba a vida, estreitándolla aos amigos, acariñando as mulleres, e fillos, man colleu o lapis, e as plumas, das que tanto gustaba, e gastaba, como os puros habanos...

Esa man que era mau de limiau, e que foi mau de acordo, contén a esencia dunha vida que se explicará no libro-símbolo e o texto ‘Galicia, país de palabras’, que centra dende o título dun dos seus, ‘Un país de palabras’, a cerna do seu quefacer cotiá, Galicia. 




Perra ante que inaugurada o sábado 15 de xullo último pasado, coa firma autógrafa de Tosar e data 17 de mayo de 2009, 'Día das Letras Galegas, adicado a Ramón Piñeiro'.
Explicitará o desexo de coincidencia de Piñeiro e Casares, como tamén o estuvieron en vida...
A caluga de Tosar. E no fondo o cartaz da IX Festa da Palabra,
coa foto aquel, con barba, e C. Casares.






No entorno desta finca chamada de vello Eixán, e Ínsua dos Poetas dende 2009 pola vontade de Luís González Tosar como ‘espazo público de cultura’ para que tódolos os que o desexen poidan desfrutala percorréndoa con liberdade, e a carón da memoria de Blanco Amor, Díaz Castro, Francisco Luís Bernárdez, Celso Emilio, Pura e Dora Vázquez, e os precursores Curros, Pondal e Rosalía, con monumentos alusivos, está xa o Casares escritor e personaxe pública contemporánea. 



Logo dos fastos do seu Día das Letras Galegas no pasado maio, e dos libros que lle dedicaron Ramón Loureiro, Henrique Monteagudo e outros, chega Manuel García Vázquez de Buciños e chanta para a nona Festa da Palabra nesta carballeira xa senlleira da Esgueva de Madarnás, nas terras do Carballiño, unha obra nacida para ser o intersignum da mesma. A ‘convivio’ anual da Literatura e da Arte con música solemne dos Himnos de Galicia e de Ourense, interpretados polo grupo de gaitas do xoven mestre Marco Foxo, no silente falar da natureza. 






Aquí as abellas, e paxaros, evocados por Antón Pulido na quenda de palabra como artista premiado desta volta, cos seus lurbións de Bóveda de Amoeiro no eixo do seu bucólico discurso, noutras partes ouriolos, fanse presentes no sol do verán. Dende a súa evocación, achegounos á música e o voo de recolleita do melifluo néctar, que está na escolla de Buciños quen, dende o pequeno corpo de Carlos Casares Mouriño transformouno coas súas artes nun corpo que xermola e medra pois sínteo verdescente. Eis agora, dende esta sinécdoque metonímica de Manolo Buciños en forma de alegoría artística que nos podemos decatar que era un xigante que camiñou entre nós. Para residir na terra e, dende a lingua, con nós para sempre.
Miguel Anxo Fernán Vello, poeta premiado.

domingo, 24 de julio de 2016

A 'nave Tosar' xurde escultor na Insua dos Poetas

Tosar acompañado de Lamazares, na inauguración do monumento
XABIER LIMIA DE GARDÓN
ARTE ET ALIA


Dora e Pura Vázquez, poetas, na ‘Insua dos Poetas’. Alí están, en acaída composición escultórica, con Tosar, dende o sábado do Carme. É esta unha festa como poucas, cada verán, en tódalas vilas e pobos da mar galega, que tamén se celebra no interior de Galicia, pois o Carmelo ten sido moi persistente co seu escapulario. Así na parroquial de Santa Mariña de Augas Santas, concello de Allariz, como botón de mostra. Pura, que era Carmen de primeiro nome, estaría leda pola coincidencia na Esgueva de Madarnás (O Carballiño), na finca da Ínsua das seis hectáreas que é, pola vontade e determinación de Luis González Tosar, un espazo para o diálogo da cidadanía da república das letras poéticas, dende o cerne de corazón, coa das artes, nun entorno de carballeira, en derrame cara o solpor. Así é a súa teima que se inicia nos anos finais da pasada década, hoxe Fundación da que é o presidente.

O celebrado poeta, nado en Buenos Aires en 1952 nun fogar galego emigrante, volta a Galicia para estudar en Vigo dende os dezasete anos, estuda Filosofía e Letras en Compostela, na USC, e licénciase en Filoloxía hispánica galego-portuguesa. Daquela se inicia na poesía, con asisados pasos, e decisión, funda a Revista Dorna..., achegándose ao firmamento dos vates con A caneiro cheo, mediados os anos oitenta, actividade na que persevera ata 1998, con silencio literario. Unha doenza súbita en 2006, e a neumonía que sege, fanlle albiscar ‘ós ollos da morte’; e da ao prelo Estúrdiga materia, en renovada ilusión por vivir deixando ronsel.





Arroupando co limiar de Méndez Ferrín, e as ilustracións de obras de Quintana Martelo, é unha obra coa se achega ao sentir do pobo dende o léxico rural. A ‘Medalla Castelao’ (Xunta de Galicia, 2005) e o Premio da Crítica de Galicia (2009), son xalóns do seu activismo cultural, coa presidencia do Centro PEN-Galicia.

Agora, logo de ser designado Académico corresponsal da Academia Argentina de Letras en España representando a Galicia, outro episodio coronario, que da con il nas ‘urxencias’ hospitalarias, fai que rexurda a vocación creativa primeira: a plástica escultórica, anterior á do estro poético.

En Vigo, no seu taller do mestre Camilo Nogueira Martínez, primeiro, e mais tarde na Escola de Artes e Oficios. É o tempo de camaradería adolescente con Antón Lamazares, entre outros, pintor que daquela se interesaba pola poesía.




As írmáns Vázquez en 2.XI.2005 con Miguel Ángel Santalices. 
Así pois, Dora (1913) e Pura (1918), ou Pura (+25.xullo.2006) e Dora  (21.IX.2010), como se adoita referir, as irmáns Vázquez son, desta volta, a sombra e inspiración dende a que Tosar rexurde como artista plástico. E así desta volta en que o contido desta columna acada a amplitude de ‘Arte et alia’ co conxunto escultórico do poeta, que é ‘sol e lúa granito prós peitos valentes’, como escribira en premonitoria frase ante quem fai uns anos. A ‘Insua’, neste ano cervantino, convértese nunha ‘ínsula barataria’...


miércoles, 3 de diciembre de 2014

Blanco Amor, mundo Tosar

Luis Eugenio González Tosar, adalid e paladín de Eduardo Modesto Blanco Amor no XXXV aniversario do seu pasamento. Dende a raiceira persoal, mais sen dúbida tamén da admiración dos seus escritos maiores, como A esmorga ou Xente ao lonxe, ou os libros os Biosbardos, La catedral y el niño e Farsas para títeres. Dende que no ano 2004, con Marcos Valcárcel (+), iniciara a empresa do seu recoñecemento público, moito se ten andado. Coa decidida axuda da Deputación provincial, a súa señorial estatua en bronce apareceu así, dende as mans de Xosé Cid Menor, na Alameda de enriba, mirando con fachenda cara a Barronca dos seus amores e da ergueita fonte ursariense, que centra o espazo da praza Galicia/ bispo Cesáreo dende 1970. Agora, por sobrados motivos, ben podería chamarse Blanco Amor.

A homenaxe pública e laica no cemiterio de San Francisco, ante o seu catafalco, ornado por bufanda aciscleana de bronce sobre o túmulo, é dende entón a manifestación de lembranza para o gran literato de Ourense que tivo pouca sorte cos tempos que lle tocou vivir, tralo seu regreso da emigración bonaerense, nos anos setenta do pasado século. ‘Os seus inimigos arremeteron contra íl facendo ferinte fincapé na opción sexual’ escribíu Tosar nunha columna titulada ‘O triunfo de Blancaflor’, un dos seus alcumes homófobos. Por elo homenaxealo é manifestación de tolerancia. Así, o pasado 12 de xullo inaugurouse na VIª Festa da Palabra, celebrada no Carballiño, unha escultura de sete pezas en aceiro cortén alusivas ós seus libros, amplo conxunto que centra a súa silueta, espido e de costas, motivo inspirado nunha fotografía reproducida no libro de Blanco Amor ‘Ars Amandi’, que recolle a súa poesía homoerótica, editado en 2007 por Galaxia e o Pen Clube de Galicia. Con anterioridade, a foto, datada en 1940, espalláraa Tucho Calvo nun artigo. A ambiciosa obra plástica fírmaa Acisclo Manzano, ó que acompañamos naquel día na ‘Insua dos Poetas’, na Esgueva de Madarnás. Protéxea unha ringleira de grandes bloques graníticos, dispostos en semicírculo para disfrutar do espazo que, ano tras ano, vaise enchendo de arte escultórico.


E no canto da ofrenda de frores institucional no vello cemiterio municipal de Ourense, o día un, con Siro López como mantedor, comeza un triduo cultural no Liceo (mágoa non poder ser no Ateneo, que tanto preferiu en vida), con Xesús Alonso, presidente da RAG, Mª Xosé Queizán presenta o libro 'A Moneca de Blanco Amor', e dúas mesas moderadas por Armando Requeixo e Tosar, onde farán relatorios Bieito Iglesias, Damián Villalaín, Luís Pérez, como escritores, e Nemesio Barxa, Carlos Laíño e Maribel Outeiriño, como amigos... O escritor goza así de boa saúde entre nós. ‘Agradézoche que sexas cómplice, /máis cando me traizoes, querido,/ faime o favor, non vistas de poeta’, escribiu Tosar no seu libro de 2008, 'Estúrdiga materia'; para rematar confesando:

                          ‘Dicir, dixéchemo, Eduardo, irmau,
                           foi naquel agosto, lume e raxeira,
                          espigas debullándose nasa iras; 
                          canto coral dos torsos segadores 
                          con elegante presenza de calas.
                          Si, foi pola seitura do centeo,
                          falando, rindo, coma quen non quere...’.

                                           (Artigo en La Región, o 1.XII.2014)

jueves, 18 de julio de 2013

Nicolás na Ínsua dos Poetas (Vª Festa da palabra)

Está a chegar a Vª Festa da Palabra (sábado 20, Esgueva/parroquia de Madarnás, Carballiño). Será a Vª Festa da Palabra: Rexurdimento (Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal -no 150º aniversario de "Cantares Galegos"-). Iremos desta volta...

Con tal motivo engadimos un poema ad hoc de Tosar noi catálogo da exposición de Nicolás no pasado inverno en Compostela onde vimos un cadro que o artista lle dedica...

Nicolás Glez. Aller: 'Na Ínsua dos Poetas' , 150 x122 cm. O cadro foi alí exhibido. 

                                   Patria do mundo que perdemos

                                    O unicornio, asi de corno queimado,
                                    non lle mete medo aos nenos.

                                    O unicornio, de plástico e neón,
                                    atemoriza a lonxitude dunha insua;
                                    salvación de toxos e codesos,
                                    saída poderosa da primavera dos poetas.

                                                    Luis González Tosar scripsit.

                                                          Xaneiro.2013.
                                                          (O unicornio e o seu mundo, catálogo,
                                                          igrexa da Universidade, Santiago de Compostela)

A Fundación Insua dos Poetas que preside Tosar, a organiza co patrocinio da Deputación de Ourense:


                             Rosalía Castro de Murguía: 'Cantares gallegos' (1863);
                  Manuel Curros Enríquez, autor de 'Aires da miña terra' (1880);
         Eduardo Mª González-Pondal e Abente, 'Queixumes dos pinos' (1886).

Colocarase e inaugarase unha escultura alegórica, da autoría de Pedro José Rodríguez Álvarez.
                                      (na foto de prensa Tosar e o autor no taller deste)


miércoles, 26 de junio de 2013

Buscando la luz (más allá de Nimbos)

Llega el verano. Hay mucha luz, mas debemos seguir buscando la luz.

'Buscando la luz (IV)', 2001, de E. Chillida (1924-2002), Bilbao.
Chillida lo hizo hasta poco antes de morir con esta obra (de actualidad estos días por haberse subastado en una cantidad récord...).
 



Como una alusión nubosa, y un punto central por el que entre posiblemente la luz del amanecer, Xosé Cid ejecutó el encargo de "Nimbos de Luz" (2011) que le hizo el poeta Luis González Tosar para inaugurar con escuulturas su 'Ínsua dos poetas' (en Madarnás, Carballiño / Ourense). Fue un  homenaje de poeta  a poeta: Xosé María Díaz Castro (1914-1989) explicitado en su obra "Nimbos"(Ed. Galaxia, 1961).

A esencia do libro é o nimbo dos santos, a aureola que rodea a cabeza dos santos, unha aureola de gloria. E coma unha aureola que lles poñemos ás cousas para facelas resaltar máis… Algún crítico dixo que era un home con moito respecto ás cousas, un respecto ás criaturas de Deus non acariñadas. Esas son as que busca o poeta para elevalas a unha categoría, e por iso envólveas nun nimbo de luz, para darlles gloria”...

mais o escultor parece ter preferido ¿a... das nubes?.
                        
Os primeiros versos do seu poema "Penélope" están inseridos no fuste a modo de faixa:




"Un paso adiante e outro atrás, Galiza,/
e a tea dos teus soños non se move./
A espranza nos teus ollos se espreguiza./
Aran os bois e chove./

Un bruar de navíos moi lonxanos/
che estrolla o sono mol coma unha uva./
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,/
e en sonos volves a escoitar a chuva./





                                    Traguerán os camiños algún día/
                                    a xente que levaron. Deus é o mesmo./
                                    Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,/
                                    e toda cousa ha de pagar seu desmo./

                                    Desorballando os prados coma sono,/
                                    o Tempo vai de Parga a Pastoriza./
                                    Vaise enterrando, suco a suco o Outono./

                                    ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
"


Foi na IIIª Festa da Palabra / PEN Clube de Galicia, sendo o Académico e profesor Xosé Luis Méndez Ferrin, escritor e poeta, o mantedor do acto.



domingo, 3 de febrero de 2013

Nicolás G. Aller clausura en la Universidad santiaguesa


'O unicornio e o seu mundo' (tríptico).
Desde la época de Navidad  las obras de Nicolás deslumbran en la oscura noche de la vieja ciudad de Santiago. Es su exposición, "O unicornio e o seu mundo", con la que se presenta en la singular sala de exposiciones de la Universidad que es la antigua iglesia jesuítica, la culpable. Allí está el artista 'Nicolás' -Nicolás González Aller-, de la mano de Cristina Carballedo, emprendedora galerista santiaguesa. Juntos han montado una acabada muestra, inaugurada entonces con 'Alberte', Ribeiro de bodegas Nairoa, y la colaboración del restaurante Cabanas en lo sólido.

'O unicornio e o seu mundo', el de mayor formato es el nº 2. Al fondo retablo de S. Fco Xavier...
Se clausura ahora, el día cinco, con un acto poético-musical. Xabier Castro como conductor, siendo el territorio de la palabra de Celso Fernández, quien contará sucedidos. El recital es desde las voces y los poemas de Marilar Aleixandre -poeta, traductora, narradora- y Domingo Tabuyo, profesor, poeta, teniente de marina y político. También Baldo Ramos, poeta celanovés que dice ‘son un simple poeta/ que ás veces pinta/o que ve nas palabras’, o ‘Sei onde/ máis fáltame saber por que’. Con ellos, Luís González Tosar, cemento unitivo, presidente del Pen Club Galicia, quien con la madera de su canto poético ilumina el catálogo con ‘Seis mundos de poeta’, si bien desenfoca desde el estro poético la génesis: los Mundos del Unicornio de Nicolás van de Lalín a Compostela, mas pasando por Nogueira y Boimorto. Aquel es para el poeta bonaerense de Irixo el

                                     ‘cabalo rubio...que lle chisca o ollo ao misterioso/
                                      pincel, forma e espazo, nube/
                                      inabarcable’.

La foto -magnífica-, es de Asun Adá, artista desde la fotografía. En el centro de la sala "Dans l'Afrique".
Esta exposición expresa una idea desde una trébede de caminos en el que la figuración de su mundo es el discurso, con referencias a su estancia dans l’Afrique, en Costa de Marfil. Por ello el intenso color, pigmentos y óleo, a los que añade elementos pegados con los que genera relieves y brillos.


'O paso do mar Roxo, nº 3'. En el panel los nº 2 y 1, respectivamente de esta serie.








Nicolás González Aller, de Lalín (Pontevedra), inició su camino artístico, sin ataduras tras su actividad bancaria y otras, en los años noventa con exposiciones individuales en el Araguaney y en Carboeiro, además de la Sala Cabanas en Lalín. La retrospectiva en 2006 (con obras desde 1987) en el Museo Ramón Mª Aller (Lalín), el gran astrónomo, que era su tío-abuelo, fue el impulso, desde la que ha venido a Ourense (Visol, 2007) con sus obras basadas en los temas de Costa del Marfil, dónde residió varios años. Desde entonces ha llevado su obra a Vigo (Club Financiero, 2009). 
'Hábitat do unicornio. nº1'

La Exposición que ha viajado desde su taller en Boimorto (Vilamarín), cerrará el 5 de febrero.

viernes, 21 de septiembre de 2012

Na Insua das Palabras, outra escultura de pintor

De novo, outro pintor metido a escultor, neste verán que esmorece. Cada vez máis dende comezos de 2009 (Galyarte, Santiago), o que se gen plasmado na inauguración o pasado ano da súa primeira peza monumental na Praza de Saco y Arce de Ourense (a finais de xaneiro, adicada a Obdulia Díaz y Lola Nóvoa).


ATA A ESGUEVA

Aquí na parroquia de Madarnás (Carballiño) está a 'Ínsula Barataria' de Luís G. Tosar, invento de fillo único na súa finca arbolada, espacio de soños do poeta que foi, e segue a ser, co que está a deixar a súa pegada física nun espazo lonxe do dos seus pais no concello do Irixo. A empresa cultural, coa inestimable axuda da Deputación Provincial, ben de escribir o seu IVº capítulo ou Festa da Palabra no mes de xullo pasado.

Trala inauguración o pasado ano da primeira escultura conmemorativa a unha obra poética (foron daquela os cincuenta anos de 'Nimbos' de Xosé María Díaz Castro  con unha desmesurada e pouco matizada obra de Xosé Cid) elixiron desta volta ó pintor Manuel Penín. Este, polo de agora tiña colocado tan só outra peza no Casco Vello de Ourense. Agora, dende a inspiración do poema 'Irmaus', de Celso Emilio Ferreiro en 'Longa noite de pedra'... voilà!


O autor, foto de Xesús Fariñas para La Región
O artista fai unha imaxinativa aposta nun espazo ad hoc realizado específicamente para charlar co sol no corazón ó caer a tarde, sendo tamén outro dos acertos o da colocación do texto en placa separada no balado posterior, acotando deste xeito un lugar neste monte no que Luis G. Tosar está a desenrolar a súa idea da "Insua das Palabras". O fragmento do poema reproducido é: 'Común temos a patria/ común a loita, ambos. / A miña mau che dou / como un irmau che falo'.  Mágoa que a obra está moi na liña, e no ar, da anterior... 

Foto de Santi M. Amil para La Voz de Galicia no día da IVª Festa da Palabra



lunes, 21 de noviembre de 2011

Susurrando


Emociona ver el desarrollo del impromptu cuasi musical de González Tosar, desde la poesía cargada de nostalgia en su ‘ourensanía’ -originada quizás en su pasado argentino hasta la adolescencia, en contraste de las montuosas y frías tierras de sus padres-, expresada en la reunión festiva anual de la Celanova Casa dos Poetas cuando celebraban a Pura y Dora Vázquez. Seis años nada más, y la idea en potencia, que venía de atrás, comenzaba entonces a germinar (génesis primordial), para dar sus primeros frutos.

Emociona pensar -desde el supersticioso prosaísmo de las fechas elegidas- que hay mentes, espíritus, gentes, que laten con unos ritmos distintos de los trabajos diarios, que expresan la Idea y desde sus iris levantan la mirada asociativa para extenderla. Así Luís G. Tosar, desde sus cincuenta y nueve años de oronda rubicundez, y el Pen club por estandarte, ideando un ‘Manifesto’ que viene de aquella época de vanguardia en los ideales desde el arte y la literatura (luego devaluados en antimanifiestos, que fueron al limbo). Así se debe entender en ella la frase “somos partidarios da utopía e do futuro, dunha República ourensá ateigada de poetas e de artistas”. Como Xavier Prado Lameiro o Xaime Quessada. Desde este territorio mental, y actuando con el necesario afán posibilista, ha logrado que aquella idea firmada por un buen número de presentes a la reunión celanovense sea refrendada desde el corazón por cuantos nos sentimos con ese sentimiento fraterno de pertenencia a la ‘matria’ telúrica: Ourense.

EXPRESANDO LA INTENCIÓN


J.L.Baltar recibe la 'Caixa do Manifesto' entre Tosar, Pulido y Cid.

            La expresión se visibilizó en y desde la Deputación, en una de las salas de exposiciones. Los elegidos en esta auroral hora intentaban levantar con gallardía el obsequio, una gran caja azul con el dibujo de uno de los radios-hoja del triskel de Castromao, que contenía un liviano grabado del argentino-orensano Carlos González Villar, que no abrieron a las fotos. Hubo además una caja-urna con un broncíneo relieve de Xosé Cid por cubierta. En su interior y acompañando el Manifiesto iban dos ilustraciones realizadas al efecto por Alexandro y Antón Pulido, orensanos que viven en Muxía y Vigo, respectivamente. La de este es un motivo realizado con tintas en el que, desde la praxis conocida del artista de Amoeiro, una multitud de gentes se dirigen por el azul del cielo hacia la nueva Ourense, por la que dan su carne y sangre, más allá del áureo triskel, puerta de aspas que gira.


Porque ourensanear es una forma de hacer de los que naciendo en la periferia quieren ser de donde viven. Un sentimiento de Ourensanía tienen los ourensanos que viviendo en la periferia sienten sus raíces en nuestro hábitat, expresándola, pues de lo que abunda en el corazón habla la boca, en lo que resuena un aire evangélico. Mas no es dogma de fe o programa ideológico sino “leda utopía sentimental, cerne e emoción da vida, sorriso da alma e maneira propia de sermos galegos”.
Carlos González Villar

lunes, 27 de junio de 2011

NIMBOS ESCULTÓRICOS NO TEMPO DAS FESTAS


Coincidindo co remate das festas do Corpus hai en Ourense treboadas, e nimbos. Uns dependen de Xosé María Díaz Castro (Vilariño dos Cregos-Vilares de Parga, 19.II.1914 / Guitiriz, 3.X.1990), quen veu publicado en vida un libro pola Editorial Galaxia en 1961: "Nimbos". Para o poeta de forte pegada relixiosa, máis que nubes, é o resplandor da divididade en forma de santidade...



Segundo dixo: “é o nimbo dos santos, a aureola que rodea a cabeza dos santos, unha aureola de gloria. E coma unha aureola que lles poñemos ás cousas para facelas resaltar máis… Algún crítico dixo que era un home con moito respecto ás cousas, un respecto ás criaturas de Deus non acariñadas. Esas son as que busca o poeta para elevalas a unha categoría, e por iso envólveas nun nimbo de luz, para darlles gloria”... Hai dados dabondo na web da Cultura Galega.

Na foto de Martiño Pinal (La Voz de Galicia de onte, que da o anticipo da noticia), o escultor Xosé Cid traballando en pedra de Trasalba no lugar da Pousa a obra inspirada sobre a obra do autor lucense, encargada pola Deputación para o encontro anual da Ínsua dos Poetas a comezos do mes de xullo que dirixe o autor de "Estúrdiga materia", Luís G. Tosar.


Mentres, en Trasalba, na sé da Fundación Otero Pedrayo e coincidindo coa entrega do premio da fundación ó filógogo Ramón Lorenzo, o grande escultor Manolo de Buciños ven de doar como agasallo unha réplica da escultura que dedicara a D. Ramón que puxo en Bouzas, barrio portuario de Vigo no 2003 (que forma parte dun 'encontro imaxinario' con Valle Inclán, Saramago e Álvaro Cunqueiro. Así o di La Región.
Máis se un lé en Galicia-hoxe (a piques de fechalo a cabeceira de El Correo Gallego), a noticia é distinta: "Ademais, o escultor Manuel Buciños entregoulle onte á Fundación Otero Pedrayo, presidida polo director de Galaxia, Víctor F. Freixanes, unha réplica en miniatura da figura en bronce que realizou do histórico galeguista en 1983 e que hoxe está colocada na Praza do Correxedor en Ourense". ¿Cómo se entende?




Ben puideron ter escollido outro día, pois no caso de Buciños o protagonista era o "Señor das Palabras", o filólogo do galego. E no primeiro, aínda non é tempo de dala, ata o día da inaugación. Vanitas vanitatis et omnia vanitas !.