Mostrando entradas con la etiqueta Manuel Rivas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manuel Rivas. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de mayo de 2016

Tamara Feijoo y 'El último día de Terranova'.


 'El último día de Terranova', de Manuel Rivas, en Alfaguara, con portada de la artista ourensana Tamara Feijoo






'En torno a 1900 se puso de moda el uso de la bicicleta para las mujeres, hasta entonces proscritas en su utilización femenina por extrañas razones de moralidad. Curiosamente, fueron los médicos parisinos los que aconsejaron la bicicleta como instrumento terapéutico a las mujeres "cloróticas". Así hicieron su aparición en los parques y jardines, sobre todo en el Bois de Boulogne. Las velocewoman, se vestían con grandes pantalones bombachos, blancos en su mayoría, sujetas por medias cortas de lana oscura. La blusa se cerraba con una corbata de lazo y era indispensable llevar para ese deporte un sombrero canotier'.


Marie y su esposo Pierre Curie

jueves, 16 de febrero de 2012

O país das vacas de Xurxo Lobato

"VACAS"(Ed. Everest) de Flavio Morganti (Restaurante Galileo, Ourense) foi 'Premio Gourmand 2007' ó mellor libro de cociña de España, o que é como decir que acadou o "Óscar" das publicaciones gastronómicas.


 
Obra propia (máis coral), moitas das fotos foron do fotógrafo Xurxo Lobato.

O libro foi a reivindicación das vacas no desenvolvemento de Galicia. Vindicación ante todo. Receitas con carne de vacún e paixón polo autóctono da súa nova terra, a da súa muller e fillos.

O libro das vacas, para os galegos. Porque co porco e as castañas, patacas e millo (ademáis de viño) somos (porque vimos) delas. O icónico animal da cultura e a economía do noso país.

       Máis xa Manuel Rivas con Un millón de vacas (1990) -libriño de relatos- acadou un grande éxito: 'Premio de la Crítica'. Daquela aínda había vacas nos concellos..., e os bois (e as vacas) tiraban polo carro. Máis xa ían a menos dende os anos corenta.



De comezos desta década foi o documental etnográfico "O carro e o home" de Antonio Román (1941). Rodado nas terras montuosas e atrasadas da Lobeira de Xaquín Lorenzo, de quen é o guión, o pequeno gran film restaurado polo malogrado cineasta Eloy Lozano Coello é un fito.


Estes son algúns dos antecedentes da exposición de Xurxo Lobato. El mesmo ten un tamén: o libro "No país das vacas" (Ed. Xerais) a finais de 2009, obra xurdida dende o de Morganti. O fotógrafo (A Coruña, 1956) fixo daquela ducias de fotografías, ás que achegou uns ensaios e testemuñas. Foi entón así presentado no auditorio da Fundación Caixa Galicia da Coruña, ateigado de autoridades capitalinas...

Quesada en Faro de Vigo

          Chega agora en forma de exposición ó Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela), onde se poderá ver ata o 1 de abril. Logo virá a Ourense, e irá de xira a outras cidades e vilas do país (Vilagarcía, Vigo, A Coruña, Silleda, Pontevedra, Lugo).


Patrocinada por Larsa, a exposición do Museo santiagués conta coas reflexións de Manuel Rivas, Ramón Villares ou a presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera (by Inditex), ou o presidente da Real Academia Galega, o ourensán Xosé Luís Méndez Ferrín...

Xosé Lois en La Región (Ourense)
Máis tamén de Enrique Sáez, presidente Fundación Juana de Vega; Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia contemporánea da USC; Miguel Anxo Seixas, gandeiro e vicepresidente da Fundación Castelao; José Luis Gómez, Felipe Senén...,


..., Antón Losada, Amancio Liñares; o gandeiro Xusto Sánchez; Higinio Mougán, Xosé Turnes, Xosé A. Fraga, José A. Tellado, de Larsa; Xesús Ferro e Pedro Benavente, co-autores do libro "Vaca"; José Ramón Justo, Luis A.Vázquez de “Ternera Gallega”; Flavio Morganti, e Fátima Otero, crítica de arte...

Rematamos co oportuno icono de Xosé Lois (entre nós O Carrabouxo)  dun medio en galego que está a nacer...