Espacio virtual de contenidos de arte y todo lo demás, con la villa de Cea, el pan y la Abadía de Oseira al fondo...
Mostrando entradas con la etiqueta José Luís Seara. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta José Luís Seara. Mostrar todas las entradas
miércoles, 12 de octubre de 2016
martes, 4 de octubre de 2016
MEMORIA DO VENTO NA ANTOLÓXICA DE SEARA
XABIER LIMIA DE GARDÓN
o artigo en La Región
ARTE ET ALIA
Entras a ver a exposición de Seara e saes cara a natureza. Todo un sentir... Achégaste ata a floresta, ollas para as enramadas e sintes as súas liñas curvilíneas. Detrás está o ceo, luminoso e neutro. As polas sen follas crean unha vizosa arañeira coas distintas cores que ofrece o artista, e coas que conforma unha vistosa rede diante dos nosos ollos. Non podes pasar, nada se move, mais respiras,… e sen decatarte entras, para afondar no teu interior. Ela é unha construcción mental elástica. Esta é unha das imaxes que, con varianzas, se exhibe ata o 23 deste mes na sala baixa do Centro Cultural da Deputación.

Velaquí expresada unha das atmosferas que están a definir nos últimos tempos a ‘Seara’, José Luís Álvarez Seara, o artista pontevedrés de Arcade, que vive dun tempo a esta parte en Compostela e Porto (Portugal). Resistente dos tempos de ‘Atlántica’, Vigo, aquelas mareas vivas para as artes de Galicia, aquel vento no comezo dos anos oitenta que foi un estilo de sermos, e por elo de posicionarnos no noso mundo.

Con debuxos en papel e pinturas, Seara deu en iniciar o seu camiño na plástica coa natureza inspiradora como tema de fondo, e o seu dicir posto na forza que xurde da fraxilidade dela na súa interacción co home. Este ben sendo máis un individuo que se move e pensa, que masa amorfa. Ser individual, luminoso e quente, que o artista capta movéndose, emitindo fotóns de cálidas cores, unha das imaxes para nós máis explícitas, polo que ten de simbólica, e tamén polo seu donaire, ou garbo.
Esas atmosferas teñen unha apariencia real, que son, como di Seara, 'paisaxes recreadas'. Estas son así fitos dun universo propio, que se achegan á abstracción. A súa obra permite soñar, un soño Hiperbóreo dende as florestas coas cores en perspectiva para sinalar segmentos de espazo. Así esas follas en danza, que expresou en Santiago na tan acaída montaxe do Centro Galego de Arte Contemporánea, un gran pano en dúas paredes. Eis esa idea de conxunto, na que vai implícito o home, coa súa mirada, e a sombra. Velahí o seu interese pola escenografía, dende 'Bambolinas', amosada entre nós, e ampliada no ámbito internacional.
Ten participado en ARCO ou a MIART de Milano (Italia), nas Bienais de Vilanova de Cerveira ou Lalín, e exposto no Mº Nacional Soares dos Reis en Porto, e nas galerías galegas que fenden o vento coa arte nova, caso de Ad Hoc, Abel Lepina ou Marisa Marimón. Nesta reflexión sobre o movemento que é esta retrospectiva esencial de Seara segundo o comisario Edu Valiña, máis de trinta e cinco anos de ronsel, hai Polípticos de quince obras, e suxestivas formas en desenfoque que nos achegan á fotografía de Vari Caramés, pequenas pezas escultóricas, algunas delas filiformes…
Para velas, e vermos, viñeron á inauguración Rosalía Pazo Maside, Enrique Tenreiro, Xurxo Oro, Jorge Varela, Rosendo Cid ou Jacobo Bugarín.
Hai que achegarse a ver esta exposición equinoccial que fecha en círculo un movemento controlado, e intentar seguir vivindo, pois o vento quere levantarse.
Hai que achegarse a ver esta exposición equinoccial que fecha en círculo un movemento controlado, e intentar seguir vivindo, pois o vento quere levantarse.
Etiquetas:
José Luís Seara
lunes, 15 de febrero de 2016
DESDE EL DIBUJO
XABIER LIMIA DE GARDÓN.
ARTE ET ALIA.
![]() |
| De José Lourenço. |
![]() |
| Marisa, y su hija Nuria, llevan la galería. (Foto de archivo) |
Marisa Marimón es una galerista apasionada. La emoción que siente por el dibujo, y sus sensaciones, hace que podamos contemplar una más que interesante muestra en su Galería de la Rúa Benito Vicetto, al lado del edificio de las Facultades del Campus. En ella reúne un elenco de artistas con obras entre 2008 y 2012, para ofrecer una exposición con el papel como soporte base. Es esta una apuesta suya para visibilizar ante el público ourensano un recurso tradicional tan poco estimado entre nosotros, mientras que en tantas partes de Europa hay pasión de coleccionista. Es asimismo sorprendente como en la contemporaneidad el arte oficial, en demasiadas ocasiones, haya prescindido del dibujo en connivencia con grandes museos, galerías y comisarios.
| De Baldo Ramos |

El poeta, Doctor en Literatura Española e Hispanoamericana, profesor en el Instituto de Valga, que publica desde 2001 y pinta desde 1993, al menos, tiene intervenciones conjuntas con Caxigueiro, Carlos González Villar y recientemente con Xosé María Álvarez Cáccamo.

Seara (José Luis Álvarez, 1957), es el mayor del elenco. Pontevedrés de Arcade, extiende sus hojas, haz y envés, que dibuja con técnica mixta, color y sombra.
![]() |
| Ruth Morán: Filamentos, 2009. |
El gran José Lourenço (1975), de Lisboa, artista visual y fotógrafo, con dibujos en tinta china, y perspectivas cinematográficas. Luego está Salvador Cidrás, de Vigo, con dos tintas calcográficas de notables dimensiones, formas corpóreas de plata sobre papel de una carpeta titulada 24 H y 10’, más allá del informalismo en el que se le sitúa.
Finalmente, Ruth Morán Méndez, de Badajoz que, línea sobre línea, forma tramas de apariencia orográfica, volúmenes sutiles con tensiones geodésicas, filamentos (título que engloba una serie) en los que perderse, enmarañada trama que es trasunto de la vida. Son las suyas unas obras en las que muestra una visión codificada del paisaje, como un morse, lenguaje reconocible, desde la abstracción, personal y rabiosamente contemporáneo.
Etiquetas:
Baldo Ramos,
José Lourenço,
José Luís Seara,
Marisa Marimón,
Ruth Morán,
Salvador Cidrás,
Tamara Feijoo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









