lunes, 11 de junio de 2018

Paula Paula Noya, en Alterarte

Paula Noya, en Alterarte, dende as vivencias familiares 
XABIER LIMIA DE GARDÓN
ARTE ET ALIA


Vive e traballa a artista lucense Paula Noya en Madrid, onde ten o seu fogar. Como ela, todos nacemos nunha familia e nunha terra, na que botamos raíces. Por veces, mudámonos cos nosos pais a outras cidades, e noutras ocasións por estudos, somos nós os que pasamos a outras terras, para quedarmos nelas. Disto ben a nostalxia adulta, pois botamos de menos a xente e o mundo no que habitamos os primeiros anos. 

Da reflexión deste afastamento e separación, incluso da morte, extrae a artista o cerne da súa proposta expositiva na sala Alterarte, no Campus ourensán da UVigo. A mostra é a segunda do programa Estado Crítico 4, Dez curadores dez artistas 2018-2020, que coordina o profesor Buxán Bran. 


Paula convirte o seu espazo, polas súas dimensións, nunha sala de estar domestica, que aproveita para expresar, como unha catarse, o seu 'Espazo de desagarraigamento'. Ise é o fío condutor. Ante todo as 'Ausencias', á dereita da entrada, coas fotos da familia Rois Noya.


Esta manchea de fotografías en branco e negro, deconstruídas e con quebracabezas que tapan / descobren nelas as ausencias. Estas son o devir, asentando o novo camiño dende a aceptación da dor, a construción dun cuarto de estar novo no porvir, onde a vida xermola, e coas presenzas anteriores aínda activas. 


O proceso relatase en vídeo, inserido a seguir das fotos, enmarcado en dourado como todas elas: eis o mundo do pasado con marco, a modo dunha aura. 

 Fotografías feitas como pezas de rompecabezas,
unha metáfora da construcción da nosa vida.
 
Serie Ausencias, familia Rois Noya: 
Me veo en cada obra, en cada ausencia y cada cicatriz. 
Lo que por supuesto me emociona y conmociona,
en la misma medida.
¿Magia o complicidad? Puede que ambas cosas
.



Para unha exposición anterior
fixera estes novelos escultóricos
Enfronte daquela instalación coas 'maiorum imagines', a artista expón grandes debuxos, tres sobranceiros novelosa lapis que enchen a parede co seu gran tamaño, que falan de espazos pechados, impenetrables e baleiros, dende os finos fíos de metal e as texturas, un deles de cadea, e un cuarto de arame de púas, noutra parede. Son esféricos, e con coidadas tramas de mallas furadas e ocas. Na distancia curta aprécianse neles vellos rastros do lapis, aínda visibles, como as marcas que son as cicatrices da vida. 





Resta a parede principal da sala, o centro da exposición. A instalación desenrola con claves poéticas o abandono do fogar, un mundo que se estraga invadido polas cascudas, que se moven polos sendeiros invisibles das humidades ata o chan e as paredes veciñas. 
A artista coa Curadora, Paula Cabaleiro, posando para nós antes da inauguración.

Un coxín dourado aboia no decorativo papel de motivos dourados xeométricos e vexetais.

 

No interior burgués o bordado son versos de María Mariño Carou (1907- 1967): 



'¡Son aquela!, sempre soia que paseaba a ribeira a ver si nela afogaba', o seu mar noiés da infancia un motivo recorrente agora que vive no Folgoso do Courel... 

                            ¡  E o cabo do fío queda atado ! 



Paula, de apelido Iglesias Rois (Lugo, 1969), é profesora do IES Galileo Galilei, Madrid, e autora de 'Identidades y latidos', 2014, tendo feito coa curadora Paula Cabaleiro (Cangas do Morrazo, Pontevedra) '(En) la sutura invisible' na IVª edición de Mujeres mirando a mujeres, da que sae o de 'Enfiar a agulla para atravesar a ferida', frase coa que Cabaleiro une os dous proxectos expositivos, con complicidades persoais con Paula Noya.

E desde Palabra no Tempo, o libro de Mariño, 'Hoxe, onte do meu contento!', as cascudas son prateadas...


                                          Texto da curadora Paula Cabaleiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario