martes, 12 de junio de 2012

Florencio de Arboiro inaugura en Santo Estevo


El escultor Florencio de Arboiro expone desde hace unos días una muestra especial en el Hotel monumento de Santo Estevo de Ribas de Sil. En el sobreclaustro de los Obispos del antiquísimo monasterio benedictino. La muestra durará hasta el próximo mes de Junio.

Con anterioridad, había hecho aquí en el verano de 2009 otra exposisición con la que quería conmemorar el L Aniversario del Centro psiquiátrico de Toén, en el que desarrolló el taller de Laborterapia.

Meiga con paraguas

Este es uno de sus temas, además del de los oficios tradicionales y en concreto el del mundo del trabajador ambulante por excelencia en la Ribeira Sacra de dónde es este artista: el mundo del afiador. Esta profesión ambulante por antonomasia, desde su pueblo natal del Ayuntamiento de San Xoán de Río ha sido y es una de sus grandes pasiones.


"O que eu fago cada día é mirar ó pobo e tratar de plasmar o que xa non podo ver'. Pretende que sus obras, en definitiva, 'movan os recordos, os sentimentos e, en esencia, o espírito de quen a observa'.


Posando en Santo Estevo (foto X. Fariñas)
Une y ensambla 'coios', madera y bronce, con pizarra. Todo para desarrollar su expresividad plástica, desde las historias de las 'meigas', los afiladores y los 'locos'.

Este año hará el pregón de Fiestas el antiguo afilador Armando Álvarez, cuya vida etá siendo recreada en una película documental de Aitor Rei, en la que también interviene Florencio, que rematará el día 25, tras diez días caminando y afilando por Palencia, Burgos, Valladolid..



domingo, 10 de junio de 2012

Povera Patria !


Dende o mestre Franco Battiato unha axuda en forma de reflexión sonora (web do artista). Do máis lúcido. E intemporal. Serviu contra Berlusconi, e, servirá, de seguro, para o noso entorno tamén.

Velaquí tendes unha acaída canción para estes días (tempos mellor dito) que corren. Con video (Pobre Patria).
E aínda outro nesta dirección (Povera Patria).
Pero a esencia é a mesma: gato branco, gato negro, o que importa é que cace ratos !




Velaquí a letra, en galego:

Pobre patria!. Esmagada polo abuso de poder
de xente infame, que non saben que é a vergoña
crense poderosos e vailles ben
e ó que fan todo lles pentence.

Entre os líderes cantos perfectos inútiles bufóns
este país está devastado pola dor ...
pero non lle dan un pouco de lástima
aqueles corpos no chan sen calor?

Non vai cambiar , non vai cambiar
non vai cambiar, tal vez vai cambiar.

Pero como perdoar as hienas nos estadios aqueles dos xornais
no barro afondan as botas dos porcos
avergóñame un pouco, e dóeme
ver a un home como un animal.

Non vai cambiar, non vai cambiar
si que vai cambiar, verás que vai cambiar.

Pódese agardar que o mundo volte a niveis máis normais
que poda contemplar o ceo e as flores,
que non se fale máis de ditaduras
se temos un pouco máis de vida...

                                    mentres a primavera tarda en chegar...

Povera Patria, do album Come un cammello in una grondaia (1991)


sábado, 9 de junio de 2012

Homenaxe para o autor do 'Monólogo do vello traballador'


          Nas longas décadas da Ditadura do Xeneral Franco houbo un Poeta noso que deu coa tecla alegórica que a define para as libertades civís: "Longa noite de pedra". Este Maiúsculo Poeta foi -é- Celso Emilio Ferreiro. Este mes que comeza hoxe vai concentrar os actos principais de Homenaxe, en conmemoraión dos cen anos do seu nacemento. A Real Academia Galega vai facer hoxe en Celanova un 'pleno extraordinario'. A 'Fundación Curros Enríquez' -área cultural-, e o Concello -área política- colaboran... A Xunta de Galicia está por trás (é a Deputación de Ourense...?) Unha reunión festiva da palabra e da música -porque é máis que un concerto- en Vigo o día 14 completa así o mes de celebracións (que se inicia hoxe) !

Vitrina da exposición interactiva, Casa da Xuventude, Ourense

A Xuntanza festiva de Vigo no Centro Cultural Novacaixagalicia será presentado pola poeta Yolanda Castaño e recitarán versos as escritoras Iolanda Zúñiga, Rexina Vega e Inma López Silva; a música de Ataque Escampe, el MC El Puto Coke, Patricia Moon, Frans Banfield, Davide y la Coral de Beade. Estará tamén o infatigable e omnipresente mestre -loas para o seu labor- D. Xesús Alonso Montero. (concerto homenaxe en Vigo)


A sesión plenaria en Celanova é pública. Intervirán os Académicos Margarita Ledo Andión, Salvador García Bodaño o Francisco Fernández. Estará presente, a modo de peche, o Pte. da Autonomía Alberto Núñez Feijóo. Haberá tamén música de Amancio Prada con poemas do grande Poeta cívico.

Ben acaído esta rematar co cadro de Manuel Vidal inspirado / baseado nas lecturas de Celso Emilio Ferreiro e no seu exempro ético. O 'poema culpable' por baixo...   

Monólogo do vello traballador (vello cavilando), ól. 116 x 90 cm.

                                      "MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR

                                           Agora tomo o sol. Pero até agora
                                           traballei cincoenta anos sin sosego.
                                           
                                            Comín o pan suando día a día
                                            nun labourar arreo.


                                            Gastei o tempo co xornal dos sábados,
                                            pasou a primavera, veu o inverno.


                                            Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
                                            i a miña mocedade. Nada teño.


                                            O patrón está rico á miña conta,
                                             eu, á súa, estou vello.


                                             Ben pensado, o patrón todo mo debe.


                                             Eu non lle debo
                                             nin xiquera iste sol que agora tomo.


                                             Mentras o tomo, espero".

                                                                                LONGA NOITE DE PEDRA, 1962.



jueves, 7 de junio de 2012

En Triskel e Medulio vaise Paz Antón, entra Rosendo Cid



Na sala Triskel e Medulio (rúa Antero Rubín) de Tui, Manolo Martínez e a súa dona Fermi veñen de facer o cambio de mostra artística: rematou a exposición de Paz Antón, excelente pintor e músico (de Na Lúa) ( aquí unha mostra da súa música ) para escomezar Rosendo Cid, de Ourense.

Nesta foto de La Opinión de Na Lúa Paz Antón está diante
En cada inauguración, dende fai moitos anos, nesta singular galería onde a arte e a amizade se dan a man, se produce tamén a unión da música o día de cada inauguración. Así con aquel o miniconcerto foi de Kiko Paz, Antón Rodríguez e Aloia Martínez. E co de Ourense foi de Paco Barreiro.

Velaquí unha das obras do artista Paz Antón, na que a música está ben presente. E tamén un ar que lembra obras de Xosé Luis de Dios.






Entra na galería Rosendo Cid, coa mostra “365 collages después...” dende o pasado sábado. O seu blog se titula de xeito característico "365 maneras de estar en el mundo", o mesmo dunha serie de fotografías que leva a facer dende 2007.
O artista está licenciado dende 1999 na facultade de Belas Artes da U. Vigo en escultura... Eis a influencia do seu pai, o escultor Xosé Cid.


A mostra poderá visitarse ata o 15 de xullo.

martes, 5 de junio de 2012

Czar invita antes de descolgar no Municipal de Ourense...

será este próximo xoves segundo un folleto / díptico ad hoc very special que se nos deu nos pasados días ...

Era necesario facer un folleto especial para esta 'xuntanza' lúdica? quén paga o ágape ('viño español', sic) gratuito? É todo cousa dun agasallo por parte do artista ou é da Concellaría propietaria da sala? Convén diferenciar de contado pois non está o forno para bolas. E máis aínda no tocante ós cartos públicos.

Taboada explica á Concellala e a Directora a obra ut infra (fot. de Tempo de Lecer)

                                                                       * * *

Mais veñamos á esencia deste caderno dixital: a de divulgar a arte.

Vexamos pois tres exempros da arte de Czar. Por máis que os comportamentos de uns e doutros sexan censurables.

Velaquí o que ven facendo dende hai dez anos:

 a) Denantes (obra que conecta co que facía fai dez anos)
Epcr, 2006. É dicir: Epicuro (sic).


Nesta, anque do mesmo ano que a anterior, apunta un cambio: b) Antes de agora

Brz rj, 2006. Isto é "Berza roja"


















Finalmente o penúltimo que está facendo: c) Antronte

Cfdnc mr, 2010, ou o que é o mesmo "Confidencia mora".
E domani ?

Mentres ..., e la nave va (Fellini) !