miércoles, 6 de septiembre de 2017

TERRADENTRO, ARTE MAIOR DE XOSÉ BENITO REZA


XABIER LIMIA DE GARDÓN. ARTE ET ALIA.
(Na web de La Región)

As pinturas falan, e os artistas contan historias con elas. Cando son quen de insuflarlle sentimento, transmiten emocións, coas liñas, a composición e as cores. Delo tratamos nesta columna a meirande parte do ano, agás no tempo no que o Lorenzo aperta.


A fotografía e o plano a man alzada explícase dende a cuarta,
parte, que da título á obra.

No frescor da costa dei en ler ‘Terradentro de Xosé Benito Reza, e foi como estar diante dos cadros dunha exposición. 

Mussorgsky fixera xa algo parecido coa música. O descubrimento do mundo a mediados do século pasado, que nos presenta o autor celanovés nas tres historias teñen equivalencia de arte, polos matices nas cores das leiras e campos que se transforman en paisaxe.

A terra de Celanova 
A gradación de alturas, do val ata as penechairas, da súa orografía e vexetación, a súa estrutura agropecuaria, disposta nunha orde por séculos, son esencia, e non recheo.

Presentando a obra.
Elo non pode estrañar, pois o autor é enxeñeiro de montes, mais tamén un estudoso da ornitoloxía, da historia ou da astronomía, facianas que se deixan ver, e iluminan páxinas con atmosferas que engaiolan.


Deu contra Xosé Benito en 1997
do fenómeno da luz
equinoccial da capela de
San Miguel, fundada no século X.
(Foto A. Piñeiro)








  






Esta maxia débese ao ‘seu galego literario é abundancial e selecto a un tempo’, en palabras de Xosé Luís Méndez FerrínBerros no vento’ e ‘Casa grande de Ademourán’ son historias de ficción e misterio en espazos rurais. O can do alcalde’ é a terceira, e discorre nunha vila. 


A praza, co quinteiro onde ten casa. A fonte está diante dela...

Pola alameda pasean o abogado Rial e o capitán da Garda Civil.
Son aquelas unhas acaídas tramas de misterio, con un pivote que as une, o avogado Rial que con tino e sentidiño vainas desleando e resolvendo, coa axuda dun capitán da Garda Civil. As casas e os espazos, a vida cotiá das xentes do tempo do Franquismo, queda plasmado nas precisas descricións, nas que hai datos históricos e tamén arqueolóxicos.

Aquela Celanova de antes dos anos sesenta do pasado século, o tempo das novelas...


Na intriga das novelas devalan os sentimentos dos personaxes, o mundo dinámico duns protagonistas e o do pobo, máis estático. Dramas rurais, e tensións, trufadas de ironía. Para especialistas, como Ramón Nicolás, son novelas ‘abeiradas a un xénero que case denominaría como thriller rural’.




Velaquí o peso do tempo da nenez e adolescencia, xermolo da vida. A mirada de Xosé Benito Reza detense na recreación daquel tempo dos nosos maiores, dende a nostalxia que sentiu, ‘cando as portas xa non estaban abertas’, pois como dixo, ‘a súa tía Gumersinda xa morrera’. E así, deulle vida un momentiño a avoa Amadora de Vilanova dos Infantes e os sete fillos, naqueles tempos de escuridade e medos da dura ditadura coa casa de comidas, xentes fortes e rexas que encheron as terras do rural de Ourense, ou Galicia, nas súas aldeas e lugares, e que se está a esfarelar dende hai lustros diante dos nosos ollos.


Esta terra ten aquí o centro nunha vila, Celanova, innomeada conscientemente, como o velo mosteiro bieito, na que o avogado Rial ten despacho diante dunha fonte nunha praza, e un café central, dende a que se vai cara Ademourán, por Acevedo, e ‘os fondais agarimosos do río Deva, onde pousa o lugar de Remuiños’ (Redemuíños tamén)...

O autor, fai uns anos... (foto La Región).
O cabo é un cuarto capítulo, excursus persoal no que rememora a súa vida, e familia, Terradentro, realmente, pechando as paredes deste gran fresco ao xeito renacentista, cadrando o círculo.



lunes, 28 de agosto de 2017

O 'monumento aos caídos' de Asorey na cidade de Ourense


Francisco Asorey, 1951. 
Inaugurada no mes de outubro, o 29, 'Día de los Caídos'.

Pedestal contratado a Adolfo Suárez, 61.575 pesetas.

O parque antes do monumento aos 'caídos'. A capela de San Lázaro, construcción decimonónica de Antonio Queralt in situ. Por trás está a ingrexa e caso-convento dos PP. Franciscanos.


Positivo coloreado a man, de 8.5x13.5 cm., ca. 1948, en que se inaugurou o daquela Goberno Civil e antes de 1951. A esquerda da imaxe vese o lateral da capela de San Lázaro, de Queralt..

Nol frontis do pedestal: 'PRESENTES / Flechas y yugo / POR LA PATRIA'. O edificio máis alto é o Hotel Parque.
Anos sesenta, sen a capela de San Lázaro e ca coas pérgolas...
Inscripciones tenía la base de la estatua, rodeando su perímetro:
 '1936 / 1939/ CAÍDOS / POR DIOS Y POR / ESPAÑA /Yugo y flechas / ¡PRESENTES!'

*****

'Fco. Asorey / 1951', se lee... 

Na parte posterior do emblema da 'Falange', xa retirado, está o escudo 
provincial:

Estado actual.

miércoles, 23 de agosto de 2017

Una nota acerca de los anteojos / 'antojos'

A través de tres imágenes, un cuadro un libro, y un relieve escultórico, aque del siglo XVI, estos de comienzos del siglo XVII.


1.Virxilio, por Ludger tom Ring el Viejo, ca. 1538.



2.

En la parte inferior, los dichos ''antoios', con el sol y la luna en sus campos cual escudos heráldicos,
aluden a su uso, de día y de noche. En los ángulos cuatro ojos...

"Vso / de los antoios [sic] / para todo genero de vistas: / en que se enseña a conocer los grados que a cada uno le / faltan de su vista, y los que tienen quales- / quier antojos. / Y  assi mismo a que tiempo se an / de usar, y como se pediran en ausencia, con otros avisos impor- / tantes a la vtilidad y conseruacion de la vista." / Por el L. [licenciado] Benito Daça de Valdes, / Notario de el Santo Oficio de la Ciudad de Sevilla. / Dedicado a Nuestra Señora / de la Fuensanta de la Ciudad de Cordoua.', 'Con privilegio. / Imprresso en Seuilla, por Diego Perez. Año de 1623.'


3.




En este panel del retablo mayor del Colegio del Cardenal D. Domingo de Castro en Monforte de Lemos (Lugo), un encargo realizado en sus dos tercios inferiores por Francisco de Moure, el principal tallista del primer barroco gallego, concluido y rematado por su hijo, dedicado a la Virgen María. Fue encargo de la Compañía de Jesús, S.I., el 16 de noviembre de 1625. El Sumo Sacerdote judío utiliza 'antoios' en la circuncisión...


(continuará)

viernes, 18 de agosto de 2017

Antón Sobral marida su arte con R.V.


El artista pontevedrés Antón Sobral, ha realizado un ‘maridaje’ con retales de "R.V.", marca de moda del conocido verinés Manuel Mariño para Espacio de Arte.

Obra que centra a creatividade do artista 'Polas teas/terras de Verin (o)', título do conxunto que amosa.
Envases para o viño e a roupa tuneados ao xeito Sobral, imaxes da arte achegándose ao logo publicitario...







En la tienda ourensana está mostrando Sobral, desde el pleno ferragosto, su capacidad de mimetizar pintura y las telas del modisto, para conseguir un cálido efecto floral, que se diluye en sus fotografías, si bien busca la onda marina, curva y contracurva, mas el medio es el mensaje, y el lenguaje aquí, un eco confuso. 


Es, sin embargo, con su reconocible estilo, obras de mar en calma y nubes en movimiento en el cielo (o a la inversa, oleaje y cielo tranquilo...), epítome de su libertad, donde mejor se expresa. Así elabora ‘Illa Monterrei’ en un mar de nieblas, con un aire au Mont Saint-Michel, transcripción de su querido mar de Marín, obra que nos fascinó en su celebrada exposición del Simeón, el Centro Cultural de la Deputación de Ourense a comienzos de 2015, “Bitácora dun mariñeiro sentimental”.

A nova obra mimetizase entre os usuais temas do mestre marinense.


La decoración de las botellas de su vino, D.O. Monterrei, y su envase, son un vistoso divertimento, en el que late un afán de enriquecer desde el arte lo efímero del consumo.


lunes, 7 de agosto de 2017

A PROPOSTA DE NACIÓN DE IAGO EIREOS


XABIER LIMIA DE GARDÓN
o artigo na web de La Región
ARTE ET ALIA


Nas dianas dun campo de tiro vense as sinais do tirador, a súa habilidade, o seu nivel de especialista. Así as de Jorge Encinas Arnau, como nos ten afeito dende antes dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, competición para a que fora preseleccionado.


A que escolle Iago Eireos para a portada do seu catálogo da exposición, ten puntuacións de nove a nove e medio, unha do grupo de fotogravados reelaborados dende a diana de papel, que este artista lucense presenta en Ourense no Centro cultural da Deputación. Elas falan do pulso, respiración e vista, e ademais e sobre todo dun control mental: son unhas pezas precisas que reflicten unha mente minuciosa e ordenada por tras. Son o 'Campo de provas' de Nación S.A, proxecto de amplo espectro que ten formato de autor, un ensaio de recapitulación do seu camiño andado, e as experiencias enxergadas na travesía. 




Anda o artista nese punto vital de idade que ben a ser o da primeira madurez, logo de terse movido por diferentes espazos do noso Estado, Reino que ten percorrido, dende o seu espírito inquedo e a súa arte, polos Territorios de León e Valladolid, Alcalá de Henares, Móstoles e Madrid, Zaragoza, Murcia, o Mº Provincial de Lugo, cidade na que naceu vai para trinta e sete años. E nese tempo o Premio Art & Environement Montalbano (Italia), e diversas bulsas artísticas de residencia coas que foi por España, Portugal, Italia e Romanía, incluso. Foi On the road projet por Europa, co novelista Jack Kerouac na idea, e pasou logo á memoria da paisaxe engadida, unhas vivencias que enfían esta mostra. Logo de rematar a súa formación na Universidade de Vigo en 2008, completouna na EASD.RF con ciclos superiores de fotografía artística, gravado e estampación. 


Con todo elo formula Eireos unha proposta de identidade individual para este mundo europeo supranacional. Seis Raíñas, en tinta e papel fotográfico, son a referencia figurativa de autoridade. Na parede de enfronte hai trinta e tres ‘sombras’ unha morea de acaídas siluetas: eles son a elite e o pobo, liñas e grisalla.


As Cartas sobre liño e as cartografías, ora en caixas retroiluminadas, ora nun políptico de papel sobre madeira, son imaxes abstractas que amosan un territorio por definir, mapas mentais do corazón para o home e para a muller dos nosos días. Xurde así o símbolo: cores sólidas de pintura esmaltada no xerador de bandeira, Standard-te, en fiestras corredizas de aluminio.


Os elementos da paisaxe, memoria colectiva do territorio, son a panoplia multidisciplinar de Eireos, para unha lectura transversal. 

Velaquí o valor do vizoso carro de combate colocado en diagonal, instalación a partires dun carro de bois tuneado de cor marela para convertelo nun tiracoios xigantesco, máquina de fronteira e conflito... 


Como outro Jasper Johns (1930, EE.UU) o pintor Pop das dianas e bandeiras, comprometido coas relacións entre ver e coñecer, ver e dicir, ver e crer, a oportunidade para repensar coa arte unha proposta de Nación Anónima, un proxecto de ensaio.

A paisaxe como interpretación do territorio vivido...