lunes, 30 de diciembre de 2013

"Teatro, ou Xeitos de Cargar Unha Arma"

Foi un bo ano para Xosé Manuel Pacho Blanco, abogado-escritor/ escritor-anogado, veciño, quen con Zé Paredes, dramaturgo portuguñés de Guimarães, foron gañadores do Premio Rafael Dieste deste ano coa obra "Teatro, ou Xeitos de Cargar Unha Arma". A ver se non temos que agardar moito para lelo (o premio era a edic. da obra...)



sábado, 28 de diciembre de 2013

Pódese loar un artista o día das pegotas?

Afonso Vázquez-Monxardín publica hoxe un dos seus artigos semanais, dedicado á exposición de Antón Pulido en Pontevedra con interesantes suxestións, que vos ofrezo glosándoo unha miga. Mágoa que non puidésemos ir á palestra o pasado xoves: ámbolos dous, xuntos, no seu bus daríamos conta...

Obra que serviu de portada do catálogo
"De estarmos nos anos vinte ou inicios dos trinta, seguramente as institucións de Ourense fretaban un tren para que os veciños da cidade e provincia se achegasen a Pontevedra a ver a síntese da produción dos últimos anos, 40 obras, que Antón Pulido ten colgada no edificio sexto do Museo de Pontevedra, non lonxe do vello da Praza da Leña, baixo o festivo título de 'Kermesse', festa no turreiro por tradución libre da lingua flamenga".

Logo continúa a ponderar o que deron de si os actos de irmandade, dende a disculpa para inicialos con festa: 'unha kermesse de palabras e música..., e dedicábaselle unha rúa ou praza á cidade dos visitantes. '. Daquela (1934), engade, 'son a Avenida de Pontevedra e a Praza de Vigo na cidade das Burgas, e nesas cidades...'.

Antón Pulido é de Bóveda-Amoeiro / Ourense, mais vive en Vigo, como moitos ourensáns: alí leva máis de trinta anos, e vive a gusto... porque esta é a súa terra, a que vive e ama. Fai un lustro foi nomeado 'Fillo predilecto' do seu concello natal, motivo para achegarse á lentura das terras petruciais.
"É, tamén, un grande predicador da ourensanía e integrante dese colectivo amable de saudosos amigos ourensáns asentados en Vigo. Efectivamente, a súa presenza, abondosa, xenerosa, diriamos abacial, impresiona, e o seu sorriso, a súa bonhomía, como os do Daniel, cautivan. E esa personalidade expansiva, correspóndese cunha pintura de grandes formatos que exhala intensidade, vida, frescura, paixón e cuxas novedosas aproximacións cromáticas e creacións liñais, ubicadas neses espazos-partitura dos seus lenzos, son auténtica música e goce para os sentidos (...)."


Para finalizar con unha rexesta de honra: 'Esta kermesse de que falamos hoxe, preséntasenos xa coas gabanzas públicas na prensa de Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Méndez Ferrín, Salvador García-Bodaño, Manolo Bragado, Antón Castro, Mecedes Rozas e un longo número de xornalistas, críticos, amigos, nada fáciles de xuntar. '.

E unha recomendación, que suscribimos: 'Pero mellor que nada é que vaian vostedes alá e a vexan. Hanmo agradecer e hano disfrutar.'

Porque se pode loar a un grande artista tamén do día dos Santos Inocentes, mundo mental de creación no que vive Antón dende a súa xubilación. Aínda que non todos amen a Igor Stravinsky. Mais os tempos son chegados !!!

Porque artista vive, convive e comparte 'festa no turreiro' (Monxardín trad.).

          [Ata o 12 de xaneiro, martes a sábado de 10 a 21; domingos e festivos de 11 a 14. 
                Aquí o podedes ler completo: Hoxe en La Región]


viernes, 27 de diciembre de 2013

Israel Eliaz presenta 'Tan lejos... tan preto'



El fotógrafo 'eliaz 13' (Israel Eliaz) presenta (del 29 de noviembre a fines diciembre) en la sala de Usos Varios de El Cercano su primera exposición.

Con el significativo título de 'Tan lejos ... Tan preto', con fotografías realizadas en su tierra natal de México (pronúnciése Méjico): Zoquitlan, del estado de Oaxaca (debe pronunciarse Oajáca). Dos son las tierras, dos los idiomas, mas una es la visión, desde la actividad.

Desde los ámbitos etnográfico y familiar, incluye fotografías de las Fiestas de Septiembre, "parte de las tradiciones que permanecen tras los 500 años de España en México" y otras que el país adoptó con fuegos de artificio y toros.



Así con procesiones marianas comparten pared su sobrina, un primer plano en el chinchorro con zoom, y motivos amables.


En el escaparate de entrada expone "un making off del trabajo". De pequeño formato, en B&W, con el smartphone durante el rodaje de la película '9 Ondas' -de S. Saibene-, en la que trabajó, film impulsado por el Cercano. 

 En la fiesta, una muchacha -poco más que una niña-, es captada en un instante luminoso, como si de una aparición numinosa se tratase. Una más que interesante exposición bien concebida y desarrollada por quien es algo más que un simple  fotógrafo...


miércoles, 25 de diciembre de 2013

Apertas de Nadal (by Antón Pulido et Xulio Gil)

O artista o día da inauguración
'Agasállannos a vida'
Logo desta lonxitude de onda (vermella)... 
***
Xulio Gil: tríptico do novo ano