miércoles, 2 de marzo de 2016

A catarsis dun novo artista, Paco Cuellar






É a primeira exposición individual absoluta de Francisco Cuéllar Santiago.



Nado en Badajoz (Fuente del Maestre, 1983), achegase este xoven artista á terceira sala do Centro Cultural da Deputación de Ourense para presentarmos unha mostra familiar e persoal na súa linguaxe visual: con imaxes en movemento, e co apoio dunha instalación audiovisual unha película ad hoc en bucle e, dun xeito moi efectista, lanza a proxección a través da fiestra contra unha das paredes para reproducir unha aperta máis alá das dimensións da vida entre el e o seu pai, xa en foto, pois morreu... 



Debaixo do xogo de imaxes hai un paralelepípedo con varias pezas enriba, entre elas un peto-porco e un casco de botella de viño portugués. Colocándoas nunha determinada posición, pódese escoitar unha ambientación sonora. 


Busca así o novo artista, darmos un sentir persoal, que semella intransferible, e sen pudor algún pon diante de nós, cos recursos da técnica de hoxe en día, a súa perda, compartida dende o vídeo e as pequenas fotos familiares, a recreación persoal dun sentir. 



Con unha man chea de recursos para a narración do íntimo, que exhibe, unha sinestesia transferida para calmar o seu corazón doente. 











Mais quere agochalo tras dunha referencia de alta cultura, Friedrich Nietzsche e o Ecce Homo, e dende unha cita do pensador prusiano que inclúe nas paredes. A ademáis o título ‘Nitimur in vetitum’, é dicir, botámonos sempre cara o prohibido, frase do filósofo alemán que non é orixinal, pois baséase en Ovidio e a súa obra Amores.



A expo ten pois, en realidade, unha soa obra, que é como unha cadea, espallada nos distintos eslavóns. 


Diante, no espazo das grandes fotos, hai un libro de artista, unha das paixóns deste artista pacense que vive en Madrid, peza que ten de por si vida propia: eis o papel da Cultura da Civilización.


No hay comentarios:

Publicar un comentario