jueves, 30 de mayo de 2013

Iconografía da gaita, segundo X.L. Foxo


Nun sitio sorprendente, a parede da Biblioteca central do Campus de Ourense está a "Iconografía da gaita": trátase dunha exposición fotográfica da recolla plástica que Xosé Lois Foxo Rivas leva facendo dende fai anos - seica máis de trinta- por toda Galicia (e terras limítrofes do leste e sur).

Mais na ampla e luminosa sala, de varios niveis, onde os estudantes da Universidade preparan exames, e investigan, hai estes días un continxente de adolescentes de bacharelato de colexios e institutos que se ambientan así para os exames de 'selectividade' que de xeito inmitente lles esperan. Aquí miran, admiran e son mirados. E tamén repasan. Un tempo pouco propicio pois para exhibir unha interesante investigación, mais tampouco o lugar axuda. O autor da recolla gráfica, acompañado do representante cultural da Deputación Provincial, da que depende, e da
Vicerreitora, profesora María Lameiras, presentárona fai uns días.

Capitel fachada igrexa S. Francisco, Ourense.
Non hai cartel en destaque da singularidade da mostra artística, un máis entre as varias informacións no taboleiro da entrada, e o persoal do hall apenas pode informar. A carencia dun programa informativo de man, coa correspondente introducción e índice da escolla reproducida, tampouco axudan. A ocurrencia deixa ver como malia súa amplitude o campus carece dun espazo axeitado para as exposicións eventuais máis alá do cubículo que dedica á arte contemporánea nun dos pavillóns das Lagoas. E máis cousas...

Trátase dun traballo de campo en edificios relixiosos e civís dende o século IX ata os nosos días, unha investigación na que os artistas plásticos que plasmaron a gaita amosan o coñecemento da súa morfoloxía e evolución, sendo ademáis de interese pola vestimenta dos gaiteiros.

As miniaturas dos códices medievais, as portadas románicas e góticas, sillerías de coros, os exemplos en pazos e castelos... "No estudio iconográfico hai que destacar a riqueza que alberga a provincia de Ourense neste eido, podendo afirmar que o 50% das representacións pertencen a esta provincia", dixo o músico e investigador Xosé Lois Foxo.

Sancristía Catedral Tui, 1715, Domingo Rdz. escultor: conxunto músico de indio gaiteiro e animais (corno e tambor). 

Son 80 imaxes das mil que hai no arquivo do Museo Internacional de Cornamusas da Deputación de Ourense sito no Campus que próximamente formarán parte dunha obra: 'Iconografía da Gaita no Noroeste Peninsular'.
Da 'cruz preciosa' donada polo Vº Conde de Benavente (1515) á catedral de Ourense son esta foto e a inferior.
Os gaiteiros serán da restauración nun taller de Madrid (1904, regalo de Perfectino Viéitez, Boborás).




Mais a súa recolla debe ser confrontada co documentado traballo publicado en 2010 Pablo Carpintero, 'Os instrumentos musicais na tradición galega', premio de investigación Antón Losada Diéguez, que se pode consultar na web do Consello da Cultura Galega.

Sorprende que non faga mención á época contemporánea, na que importantes artistas plásticos teñen tratado o tema, caso de Castelao, Laxeiro ou Francisco Leiro. Entre nós, Zapata, fixo algunha das súas mellores obras con este tema, gaiteiros que ás veces me parece ver pola rúas dos viños preto da catedral.


De Paco Leiro, en Ortigueira.

domingo, 26 de mayo de 2013

El Prado abre su 'Belleza encerrada'


Desde la foto de la entrada iluminada para la pasada Noche de los Museos,  el Mº del Prado abre 'La belleza encerrada. De Fra Angelico a Fortuny'. Con la reproducción romana imperial de la diosa griega de Atenas Pallas Atenea, gigantesca obra crisoelefantina que vio la luz de la mano de Fidias y su equipo en la época de Pericles para morar en el Partenón, ofrecemos una selección de lo que nos ha parecido más interesante.   



Quasi unha historia alternativa del Museo entre los siglos XIV al XIX, principalmente: son 281 obras, muchas obras de pequeño formato seleccionadas por la conservadora Manuela Mena, y con el apoyo de la Fundación BBVA se presenta.



'Diana y sus ninfas cazando', de Pedro Pablo Rubens.
'Paso de la Laguna Estigia' de Joachim Patinir, ca. 1510.


 'El tránsito de la Virgen', de Andrea Mantegna. 
'Extracción de la piedra de la locura', de El Bosco
'El alquimista', de David Teniers.

miércoles, 22 de mayo de 2013

En Allariz, Xan de Arzúa e o Boi

Baseada nun episodio da Idade Media en crave de conflicto relixioso Cristián /Xudeo (1317), e no contexto da festa de exaltación do Corpus, foi 'recuperada' como espectáculo teatral en 1983, implicándose toda esta antigaVila -"llave del Reyno de Galicia" segundo o Rei Sancho IV, o fillo e D. Afonso X e Dª Violante, quenes tiñan mandado facer o Real Mosteiro de Santa Clara para monxas de clausura-, e Concello, na representación paródica. É de 'interese turístico'...

Procesión Corpus de 2012 (recreación episodio de Xan de Arzúa, by J. Paz)
O sábado a 'proba do boi' e domingo a Procesión de Xan de Arzúa e a carreira medieval do boi no Campo da Barreira.


Conxunto plástico escultórico brocíneo do escultor Arturo Andrade, fillo desta terra, que vive no País Vasco.


lunes, 20 de mayo de 2013

Un 'nudo celta' en la consagración arzobispal de Fray José Rodriguez Carballo, O.F.M.


Ha mandado hasta el sábado a la Orden Franciscana como el sucesor nº 119 de San Francisco de Asís: es Fray José Rodriguez Carballo. Nacido hace 57 años en Lodoselo (Sarreaus/Ourense), hizo Profesión Solemne en 1976 en la Basílica de La Anunciación de Nazaret. Fue el "Hermano mayor de los Frailes Menores", como lo definió un diario. El actual Papa acaba de nombrarle para un alto cargo y al tiempo Arzobispo: él ha querido ser consagrado en Compostela!, cuando lo natural es hacerlo en Roma: ofició el Cardenal Tarsicio Bertone desplazado desde el Vaticano. Será Secretario de la Congregación para los Institutos de Vida Consagrada y las Sociedades de Vida Apostólica y Arzobispo Titular de Belcastro (Italia).

Foto de la web de El Correo Gallego.
Fray José lleva un nudo celta en el cordón de la cruz... Estará inspirado en entrelazos románicos como estos que añadimos, en Sangüesa y Leire: 



He aquí al fraile dirigiéndose desde el Convento en Santiago en comitiva hacia la catedral..., y delante de la iglesia conventual posando para la prensa con la vestimenta franciscana (cfr. web del ABC). Al fondo monumento a San Francisco, de Asorey.



viernes, 17 de mayo de 2013

Ofelia Cardo: 'A un lado e a outro'


No primeiro andar do edifico municipal dedicado a exposicións -principalmente- e que leva o rimbombante nome de Museo: unha exposición de muller para mulleres (mais non necesariamente).
'A un lado y al otro', 2010, dúas fotografías (montaxe da autora). 
A artista é pofesora na Escola de Arte Superior e Deseño Antonio Faílde de Ourense. Fai anos expuxera 'Corpo Domado' no Centro Cultural da Deputación (en 2009).

Na parede 'Echarse hacia atrás III e IV',  2011, acrílico s. algodón-futón y tela. Diante 'Deslizarse', 2013 e 'Columpio', 1999 (a foto é da autora).
Velaquí Ofelia Cardo entre a directora do Mº e a Concellala na presentación matinal para os media.

En primeiro termo 'S/T', 2012. Na parede 'Echarse hacia atrás I e II',  2011. No fondo outra instalación sen título.
BB.AA. na Politécnica de Valencia. E logo, talleres de Arte con Manuel Vilariño, Richard Deacon, Antón Patiño e Menchu Lamas, Jünter Partenheimer, Ian Wallace. Ten participado en diferentes exposicións colectivas dende 1994 e individuais (Valencia, Quart de Poblet, e as dúas de Ourense).
Fai pouco soubemos que se ten presentado ao Certame de Arte José Lapayese, mais a obra foi disposta no chan cando a artista a ideara para ser pendurada da parede...

'Entre hojas', 2012, 13 fotografías. Ritmo sutil mondrianesco.
Entrada á exposición (foto da propia Ofelia Cardo: graciñas por telas enviado !!!)

martes, 14 de mayo de 2013

Rei David de Covas (San Cristovo de Cea)

Extraña e magnífica peza supostamente de Santa María de Covas (fot. Fernando del Río)
Mañá presentación da 'Peza do mes' do Museo Arqueolóxico Provincial. Ás oito da tarde. Será na sala cedida polo concello dende fai unha década na vella igrexa da Venerable Orde Terceira do antigo convento de San Francisco (espazo compartido co Albergue de Peregrinos). Trátase do "Rei David de Santa María de Covas", que estudou a historiadora Ana María Veiga Romero, quen fará a presentación.
A igrexa dende a cámara da artista da fotografía Asun Adá, de Cea.
Segundo informa (cfr. o Pdf) a peza foi comprada polo director do Museo D. Xesús Ferro Couselo ao anticuario de Ourense Urbano Ferreiro Pérez en 1972, quen lle dixo que era de aquela procedencia. É unha peza de granito (110 cm de alto x 37 de largo x 40 de profundidade). Coñemos a igrexa sita nun pequeno outeiro a kilómetro e medio da vila de Cea, en dirección á Barrela. Aquí estaba segundo vagas testemuñas interesadas un pequeno castelo, destruído na época das guerras irmandiñas do século XV. Tería unha capela, sen dúbida, e a presenza de Santiago Apóstolo na fachada fala da relación co camiño en dirección a Oseira e logo a Compostela na Idade Media. O edificio foi reformado na época do estilo Barroco e convertida en parroquia a finais do século XIX. Dátase pois no século XVIII, máis ten restos anteriores á Idade Moderna tralo retablo.

Velaquí os deixo o documento en Pdf feito ad hoc no 'Museo Arqueolóxico' ( dossier da peza ). No seu texto a historiadora cita unha investigación miña, na que dato a existencia da capela-santuario da Virxe en 1634...




viernes, 10 de mayo de 2013

Ourense no solpor



                                    Manuel de Dios (+), Cantares, Ourense, 2005, pp. 29-30.


Coro "Vellos Amigos" (de Manuel de Dios), no Liceo, coa Bande de Ourense, no día en que...

                                        "OURENSE NO SOLPOR
                                             
                                                            a J. Feijoo Soto

                                         Na ribeira do Miño que acariña
                                         o meu fogar, 
                                         a miña xente, 
                                         o meu amor,
                                         vou tecendo a cantiga de saudade,
                                         cando Ourense esmorece no solpor.
                                         Ourense, gracia 
                                         dun soño en flor;
                                         Ourense brétema 
                                         que doura o sol,
                                         Ourense, gloria 
                                          dun ben mellor;
                                         Ourense, patria 
                                         do corazón (...)”.        


Sol en SAnta María Nai no serán (antes da tormenta), un bocadiño antes do solpor

domingo, 5 de mayo de 2013

'Mito e Horizonte' do colectivo Arte Mud en Allariz


EN RISCO

Estivemos na inauguración da exposición ‘Mito e horizonte’, na Fundación Vicente Risco (Allariz), mais sen risco (o que se explicita con estas liñas). Dende finais do pasado mes están Figueiras, Antonio Soria, Xaime Piñeiro e Seo con esculturas, cerámicas, pinturas, gravados e debuxos. E con eles Jesús Costa e Diego Blanco, con un coidado montaxe audiovisual. 


Trátase da primeira das exposicións monográfico-temáticas do Colectivo Arte Mud que iniciou a súa presenza en Allariz a finais do pasado inverno. Onte se completou a actividade mensual con un taller para nenos pola mañá e a mesa redonda pola tarde. Nela estivemos con Soria e Seo, acompañándonos un fato de artistas como Sula Repani, Jorge Varela e Miguel Karballo, os amigos da Fundación, e outros que se sumaron no acolledor recuncho. Logo das nosas preparadas palabras arredor do tema ‘Arte e mito’, a interacción entre todos no cordial estilo risqueano fíxome valorar o tempo xuntos na vella casona ante a súbita canícula exterior.

Xa na terraza do Centro Social, onde se achegou a saudar AlandeVal (deorras, of course) a tertulia continuou máis aló do solpor. Eis a arte a nos concita, e reune, por máis que a renovada presenza de Leda e Ulises, Orfeo, Aquiles ou Pigmalión como referencia nalgunhas obras recentes nos faga decatarnos dos valores que agachan aínda -materia libresca, do ancho mundo do legado da cultura grecolatina-, e con eles os Galaicos mitos que emanan das telúricas formas montuosas do Castelo e Armea, no horizonte de Augasantas. Porque é a fala das rochas un silente presente ao que lle damos as costas en demasía, inmanente e central no perfil da arte galega. Elas din tanto nestas horas lixeiras e de moscóns plúmbeos que viven entre nós! Así se pode comprobar, valorar e apreciar, nas obras daqueles artistas ata fin de mes (no ár da Fundación alaricana parecían resoar aínda as palabras do macedonio Nikola Nadzirov, “só se inventamos novos países/poderemos volver camiñar sobre as augas”, que o día anterior ata aquí se achegou, en destaque no folleto).

As obras de Seo e Figueiras están xuntas, prolongando un diálogo entre elas máis alá do que teñen os artistas...: á dereita "O pintor"(Seo), á esquerda "Pigmalión" (Figueiras).  Debaixo a de aquel é "A esfinxe do encontro soñado ou as mutacións do Romance".  E as do seu amigo e colega "Orfeo" e "Peplum", respectivamente. 


Ora ben, Figueiras presenta ademáis varios gravados de mérito ('Leda'...) e esculturas en bronce ('Polifemo'...) 
         Outro dos artistas é Xaime Piñeiro, escultor-ceramista e pintor. Velaquí tres das súas obras:

           
... do que engadimos estoutra que nos chamou a atención o pasado mes na posta de largo do colectivo ARTE MUD.
                                                               



viernes, 3 de mayo de 2013

Porque é o día dos Maios en Ourense

El cartel es creación este año de María Puertas (Feijóo-Montenegro), artista y profesora. Claro, e vistoso. Noraboa !

  

jueves, 2 de mayo de 2013

vicente risco

Co gallo da súa lembranza nestas calendas da que é testemuña un folleto/panfleto (seica non ten autor?) cuxa portada inserimos debaixo.

O grande polígrafo, que descubriu en España a Rabindranath Tagore, escribiu Mitteleuropa, publicada en 1934, na que recolle os artigos publicados na revista Nós, da que foi director. Outras obras súas: O porco de pé, O que lle acouteceo ao doctor Albeiros, Nós os inadaptados, A coutada, Las tinieblas de Occidente, Teoría del nacionalismo gallego, El problema político de Galicia, Historia del demonio, Manual de la historia de Galicia...

Portada do opúsculo distribuido pola 'Fundación V.R.' , 22 pp.



O expresivo busto do grande galeguista e polígrafo ourensán está sobre un pedestal de considerables dimensións, esttrutura tronco piramidal pseudofuneraria que o separa da terra... Colocouse diante do centro de ensino do que foi seu director ao ano seguinte da súa morte.

O 'réxime dictatorial de Franco' tratouno con prevención prohibíndolle algunhas obras anteriores a 1939, e censurándolle outras posteriores, como La puerta de paja, coa que fora finalista do Premio Nadal en 1952...



O novo 'logotipo' da Fundación, da autoría do escultor Acisclo Manzano, está moi pròximo ao debuxo que fixera Xosé Conde Corbal.

serigrafía J. Conde Corbal, cartel J. Barro


Busto de J. Liste Naveira, 1963.
Curruncho na Fundación alaricana que leva o seu nome cos seus libros, mesa e os seus lentes.