martes, 29 de septiembre de 2015

AUGA, FOTOGRAFÍA E MEMORIA


ARTE ET ALIA.
Artº en La Región
Xabier Limia de Gardón.


Hai que achegarse á experiencia de Xosé Neira Vilas para ve-lo mundo dende os ollos da memoria. Esoutro día, á tardiña, cando estabamos a escoitalo no salón do Centro Cultural, foi unha lección de vida. Logo da presentación do persoeiro no marco do Foro La Región, que fixo Vázquez-Monxardín, o famoso escritor lucense de Gres (Vila de Cruces) falounos da súa ‘Semente galega en América’, editado por Bolanda edicións. Eis unha rexesta de galegos destacados, emigrantes todos, a través dos tempos. Son un cento de curtos textos dunha páxina, con ilustracións do artista mindoniense Xosé Vizoso, deseñador de Sargadelos e cartelista, co que colabora dende os anos oitenta. Así desfilan ante os nosos ollos admirados o que armou o primeiro coche arxentino, o fotógrafo da Estrada que era o predilecto de Carlos Gardel, o que argallou o secadoiro de café con teito corredizo, ou os ourensáns Carlos Velo, un referente da cinematografía mexicana, e o Beato franciscano Sebastián de Aparicio da Gudiña, que levou o carro de bois a México... Emigrantes con enerxía de pioneiros, pois os enclenques e os vagos non emigran, precisou Neira Vilas, quen viviu en Arxentina e Cuba corenta e tres anos. Asegurou que a emigración galega é distinta das outras, xa que logo lembramos o noso lugar de orixe, e as festas. E destacou a existencia dunha morriña gastronómica. Arte, cultura, música, o himno e a bandeira galega ‘tamén naceron cos galegos emigrantes’, retrucou dende a súa máis que salientable memoria.
                                               [a noticia na web e La Región]

                             «Señoras e señores, o solpor dun legado»

Fotógrafo e representante
do MªdoPobo Galego
na inauguración.
Por trás as fotos


Unha exposición de afán memorialista ven de ser inaugurada na Sala de Afundación. Son retratos fotográficos que Ricardo Alcalde Corral fixo das xentes da Terra de Caldelas no seu contexto rural.

Neles amosa a sensibilidade dun pioneiro que chega a un remoto lugar e sinte que debe gardar a memoria dun país e dun tempo, antes de que as persoas desaparezan, e con elas un xeito de vida.

O salmantino, que é militar do exército de terra, logo do seu destino en Figueirido cambia a súa técnica cando coñece ao gran fotógrafo de Marín Xosé Gago, quen lle ensina fotoquímica para fabricar as emulsións do revelado.

A exposición de Ourense ven da man do Museo do Pobo Galego, e nas salas de San Domingos de Bonaval lugar amosouna Alcalde no outono de 2006.


E dende a xelatina de clorobromuro de prata, os revelados semellan unha fina néboa saída dun orballo, esa auga do ceo sempre gris, da canción, sempre tan necesaria...



«Unha pinga de ouro azul»


Así o salienta a con insistencia a ‘Pinga do Ouro azul’, escultura monumental de Toño Monteiro, inaugurada co gallo da XVª edición de Termatalia en Expourense nesta fin de semana. O artista do Bosque Máxico das terras de Lobios, na Baixa Limia, xa tiña entregado na primavera outra pinga de ‘ouro azul’, en relación co Campus da Auga, unha xenerosa doazón en madeira de cedro que recibiu Pedro Araújo, como decano da Facultade de Ciencias, e foi colocada no Edificio Politécnico. 

Elas nos fan lembrar esa outra memoria que non debemos esquecer...

sábado, 26 de septiembre de 2015

Ollando a Praza da Madanela, cemiterio de Ourense ata o século XIX

Ollada atenta á disposición do moderno coiñal, inspirado nos pavimentos do mundo romano, máis qué incómodo de pisar! Na cima da foto, os pés dos protagonistas da 'Ollada na Rúa', que desta volta foron 'Miradas en la calle' pois todo foi no 'galego de León, Valladolid, Palencia...'.


Reinicio de 'Olladas na rúa' actividade pública mensual do COAG/Ourense. Desta volta a nº15: na 'Praza da Madanela', que centra o Cruceiro trasladado no século XX da Alameda do Cruceiro (sic), cando as obras do Pazo de Xustiza.











No rol de 'cidadán' o arqueólogo que excavou aquí nos anos oitenta, Luis Orero G., quen acabou pedindo que as tampas das tumbas se visibilicen e presenten coas explicacións axeitadas o que servirá para valorar e contextualizar a historia da praza


Completou a visita da ollada a arquitecta Elsa Borbujo, que fixo un percorrido pola praza da man das normas urbanísticas. No medio o Pte. do Colexio de Arquitectos de Ourense.


O Pte, do Colexio de Arquitectos presenta, os fotógrafos de La Voz de Galicia e La Región detrás.
Luis Orero Grandal diríxese aos asistentes
Cambiaronse os volumes dos edificios da entrada N. A pequena rúa do 'Olvido'/esquecemento' entre os quinteiros é, en realidade, unha escaleira...
Fai uns anos... 

viernes, 25 de septiembre de 2015

La vendimia en el arte


                  Mes de vendima / vendimia, par excellence.
                Está finalizando estos días en nuestras tres D. O.: 
                              Ribeiro, Montrerrei y Ribeira Sacra.

Añado una escena con ubérrimas parras de la XVIIIª dinastía, tumba de Najt, Tebas



                         Casa romana del Anfiteatro de Mérida. 
                      Mosaico. Opus tesselatum.




Ilustraciones de dos hojas miniadas de un Libro de oraciones, 1480, realizado por Simon Marmion (Francia, 1425-1489). 
                                ¿ Brujas ?  ¿ Gante ?



Grabado con Líderes protestantes de la Liga Esmalkalda, 1531 (que defendía los derechos de los protestantes luteranos frente a los católicos).



Finalmente una miniatura del mes de septiembre que comienza por Santa Eufemia, se percibe al fondo las bodegas subterráneas de ladera en las que se guardaba el vino tras el paso por el lagar...



miércoles, 23 de septiembre de 2015

CON LOS ‘EMBALATGES’ DE LEANDRO SÁNCHEZ


                                                 ARTE ET ALIA.
                               En el diario La Región
                                           Xabier Limia de Gardón.


Es el mundo un lugar de paso. Mas, ¿qué es el paso si no ese movimiento del pie que mide, con ritmo, un compás, que extiende y despliega, de una parte a otra, nuestro destino, en el espacio? El de Leandro Sánchez es, desde las obras que despliega ante nuestros ojos, una idea. Esta es, desde sus trazas y talentos, un concepto. Cada artista nos ofrece su cosecha tras la siega, dispuesta como las medas en la era, antes de separar grano y paja. Cada meda da forma a una posición, o postura que, en nuestro artista de hoy, no es precisamente convencional.

Van Gogh y Magritte, como inspiración...
















Son Van Eyck, Vermeer, Edward Hopper, Picasso, Da Vinci o Van Gogh, su canon visual. Desde alguna de sus famosas obras compone su melodía plástica, funcionando en la partitura como si de un bajo continuo se tratara. Ellas son hitos visuales en los que anclar las miradas. Cuando nos detenemos, el pintor pone a prueba la memoria cultural. Es uno de los retos que nos propone, desde la obra elegida; mas aquí son los propios envoltorios, que las velan, los protagonistas, unos se asemejan a livianas protecciones de papel; siendo cajas otros de los ‘embalatges’ del artista mallorquín. Desde colores y texturas, con fragmentos de cuerdas, y otros elementos que rebasan los marcos, busca siempre prolongar la percepción, la duda, en un afán de veracidad.

Tras la efímera veracidad del bodegón, Hooper
La obra que Picasso le inspira, portada del catálogo





Todo ello en la sala principal de la planta baja del Centro Cultural de la Diputación, que desde el dos del presente nos muestra estas composiciones temáticas en las que, como realidades opuestas, hay tensión entre el fondo y el primer plano. Estamos dispuestos a pensar que este nos molesta por el ímpeto del que desgarrando el embalaje nos descubre la obra oculta, creyendo que valor está en el plano posterior. Mas es una impostura, pues el artista los equipara, y hace que nos preguntemos dónde está el cuadro. Con su arte preciso deposita una duda, y desnuda, con método y apostura, el pensamiento impostor.

César abre el acto de presentación y me invita a pasar al micrófono...

Entrelazadas con ellas van otras obras, realizadas desde una inspiración más libre, en las que muestra los límites de la realidad, cómo en el cuadro de sus bastones… Para nosotros, la más explícita de toda la exposición es la que, con Antonio López de base (Vista de Madrid desde a Torre de Bomberos de Vallecas, 1990/2006), transmite una visión crítica de la belleza al presentar tanto el objeto pintado como el lugar desde donde la realiza. En el rojo embalaje pinta Leandro una tira de papel pintado en el que se lee un texto del pintor manchego: ‘una obra muere cuando deja de tener interés para el autor’. Ahora, tras esta exposición, que viene a sumarse a otras recientes en la ciudad, como ‘Museo en obras’, el camino de este artista que se ha asentado entre nosotros con sus saberes plásticos, tras venir desde su isla hasta nuestro mundo del noroeste de magia verde y niebla atlántica, parece tener otro paso…

Con Guillermo Diez, y su gran vino Alberte
(Bodegas Nairoa, Ribeiro D.O.),
 en la vernissage artística


viernes, 18 de septiembre de 2015

Visita á exposición Embalaxes cos meus almunos maiores

Visita cos meus alumni maiores á exposición 'Embalaxes' no Centro Cultural da Deputación. Para elo contamos coa inestimable compaña do propio artista Leandro Sánchez. 



              O grupo pertence ao segundo de bacharelato dos Maristas (Colexio plurilingüe Santa Mª).

A instantánea recolle un momento ante unha das súas obras, baseada no gran pintor vivo español Antonio López
Nesta outra instantánea co artista diante de outra das súas obras, nas que engade papel pegado ao lenzo, sobre os que pinta, nun dos seus característicos xogos de 'trampantojo'.
Nesta obra, baseada en Sorolla, os alumni invitados a tocar e comprobar dende o tacto os límites da súa arte, desfrutaron dende o asombro...
Deste xeito puideron así coñecer a pintura, e o seu creador. Un xeito de achegalos á arte e, ademais ás instalacións do Centro Cultural.  

Unha magnífica tarde de arte no comezo do curso.

miércoles, 16 de septiembre de 2015

MELÉNDREZ FASSBENDER 
(ANTES DO O.F.)

ARTE ET ALIA 
Enlace co artigo no diario La Región
          Xabier Limia de Gardón

A compañeira de Meléndrez proxecta dende o pc video na presentación.

Chisco Fdz. Naval fálanos no inicio.
Un vídeo-arte, “Ferido busco o teu mar”, amosounos o fotógrafo Xacobe Meléndrez Fassbender, todo sensibilidade coa natureza e a vida, para rematar a presentación que iniciara Francisco Xosé Fernández Naval.

O escritor ourensán que vive na cidade de A Coruña adoita acompañalo como amigo seu dende a complicidade de ideais. Con sons musicais de Pierre Jodlowski e Giorgio Netti, as minimalistas imaxes axudaban á introspección. Dende Cambre, onde vive, trae unhas fotografías de grandes dimensións, que coñecemos dende hai uns anos cando as expuxo na Rúa do Medio, unha das tres emblemáticas rúas de Rianxo, a vila mariñeira coruñesa, un camiño iniciado na rúa do Carme de Carril (Pontevedra), ámbalas dúas na ría de Arousa. Devalou logo a outras do país galego, impulso que aínda continúa estes días no pobo mariñeiro de Afurada (Vilanova de Gaia), fronte da metrópole de Porto, no veciño país portugués..., e na galería ourensán Visol.
Nunha rúa de Afurada
Son apenas un par de semanas en Ourense, mais a importancia do concepto de imaxe, tomada dende a beira, sempre dende o ángulo do mariñeiro, ás veces co encadre dividido por unha vista submariña. Con elas van os poemas de Bernardino Graña, un dos nosos fitos de país na lírica da mar, como xa deixou dito Manuel María.
Así 
                            ‘homes tortos que nos guían, 
                          con vil fumazo na ollada, 
                          róubannos gozo e ledicia, 
                          rouban zapatos e danzas

coa imaxe na que se ve una caveira dentro da auga...


Ao vídeo engádese desta volta o libro do mesmo título que a exposición, editado en 2012 con Inma Doval Porto, artista plástica e compañeira do artista, para ‘arTeu, arte + sociedade’, colectivo que conforman ámbolos dous dende fai uns anos. En relación con elo, pódese ver o vídeo que Meléndrez fixo, ‘E o ceo virou branco’, con música do gran Steve Reich, ‘coas escumas e o ceo que vira nun branco de inocencia e esperanza’, como atinou en sinalar en acaída frase 'Chisco' Fdz. Naval.













O Xacobe Meléndrez naceu en Tegucigalpa (Honduras), é fotógrafo, e ten como profesión a de Meteoroloxía, da que é funcionario, vimbios ámbolos dous que explican a súa paixón polo medio natural, e a mar en concreto. Mais tamén éo a realidade migratoria. Malia o dito, está fondamente vencellado á nosa cidade dende o Outono Fotográfico, tendo exposto na propia Visol en 2001, na Libraría Torga, infelizmente desaparecida, no Liceo ou na Casa da Xuventude, colaborando de xeito decisivo con Benito Losada.

domingo, 13 de septiembre de 2015

Fotografía de Asociación, o el amor por el patrimonio


FOTOGRAFÍA NO ATENEO






A Asociación de Estudos Santa Mariña, que dirixe o profesor do Campus da Universidade de Vigo José Ramón Seara, ponse de largo para amosar o patrimonio do entorno de Augas Santas (Allariz).















Arte e paisaxe, dende a sensibilidade dos seus socios. 






Sobre varios paneis negros as máis se sesenta fotos locen dende o pasado luns por uns poucos días no salón que ocupa a entidade cultural nas instalacións do Club de Tenis. 






No elenco están dende Alberto Fariñas a Víctor Pérez pasando por Pablo González: a ilusión dun colectivo por unha terra e un territorio parroquial de seu.









Velaquí un momento da presentación segundo recolle a prensa (La Voz de Galicia)




viernes, 11 de septiembre de 2015

'Caras & Baratas' (en Allariz, de Fernando Barreira)


En la sala municipal de Allariz que llaman 'A Fábrica', Fernando Barreira 'in' con ' Caras & Baratas '. La muestra se suma a la de 'allarizÉ' en el recuperado local del edificio de A Paneira, en las inmediaciones de la Casa Consistorial...

                                   Porque septiembre es el 'mes Barreira Art'. En Allariz.

Una exposición al Barreiro modo, con el artista en esta foto previa a la inauguración


Es una más que notable coincidencia plástica en esta pequeña villa próxima a Ourense del artista verinense asentado en las tierras malacitanas, en el profundo andaluz cosmopolita del sur peninsular...



El gran Velázquez de Las Meninas en la base de 'lenguaje plástico Barreira'



miércoles, 9 de septiembre de 2015

lunes, 7 de septiembre de 2015

AS TEIMAS DE RIVADA

                                      ARTE ET ALIA 
                                          Publicado no Diario La Región / Ourense
                                      Xabier Limia de Gardón


A súa proposta plástica, nas salas de exposicións municipais da Rúa Lepanto, amosa no combinar pezas escultóricas e cadros un sentir dramático. A vida en esencia é cambio, e o mundo muda. Así, van os tempos, sempre iguais e sempre distintos. Cando os cambios bruscos aboian falamos de revolucións, mais estas non son mais que a resposta ás obstrucións no fluxo, e o roncar das ondas...

Esta magnífica obra, que non figura no catálogo, inicia a exposición.




Os peixes transxénicos, dende a escuridade dun proceder industrial contra natura, transmutaranos de xeito irreversible a peor: Eis a denuncia social do artista, co metal con soldadura á vista.

                   



A achega plástica dun torso pétreo feminino supón unha luz de esperanza. 

A composición fotográfica é nosa. A peza non figura no catálogo...

Señorita (sic). Así, por trás, no catálogo...
Non figura no catálogo. Así loce por diante...
Na escultura de parede abre o tema noutras direccións do cadro con decisión, dende o espeso do volume e o rudo da súa materia, con teas empastadas e metais en relevo. A súa pescuda apaixonada e vehemente deixa ver o sangue e a dor da vida, expresada en todas as súas aventuras plásticas, mérito seu. Xosé L. Gómez Rivada (Verín, 1953), emerxe artista dende a profesión do pai máis co apelido da nai, logo dunha dura infancia na vila capital do Val do Támega, indo moi novo a Bilbao, e nos anos seguintes a Barcelona, Madrid e outras cidades españolas, para cambiar de continente ancorándose nos oitenta a México, e regresar a España, logo do terremoto no D.F., e instalarse en Vigo nos anos noventa.

A peza non figura no catálogo...

Idem pe da obra anterior

Dende esta década, despega a súa actividade con presenza en certames, e colaboracións gráficas en libros de verineses como Caneiro ('A valga do triste amor': 1997) ou Edelmiro Mateo ('O viño, a viña e a bodega na sabedoría popular': 2006), e algunhas esculturas públicas (Tui, Vilardevós, Verín).

As exposicións na compaña do pontevedrés Armando Martínez, con quen xa compartira as salas do municipal fai uns anos ('Dúas visións da arte', IX.2005), ata a máis recente no Ateneo, teñen vida da man do periodista Antón Alonso.

O descontrol do catálogo é visible dende o concepto do retrato usual do artista, que se converte en anécdota ante a inflación da súa presenza corporal, e a exhibición da tatuaxe do antrebrazo, o que reverte nunha categoría dende a 'ostentatio' persoal. 

Peixe tranxénico




Máis, para nós, son máis de salientar as numerosas erratas do texto, e a carencia de referencias técnicas nas obras reproducidas nos pés de foto, ademáis dunha caótica rexesta do curriculo, con erros e omisións, o que supón un lastre de fondo para estes ‘Pensamentos fuxidos’, primeira exposición, no tempo, da nova etapa municipal, que pasará á intrahistoria da cidade como a primeira e a derradeira do Concelleiro de Cultura, Francisco González Bouzán.