sábado, 28 de septiembre de 2013

Inaugura Ramón Conde en La Catedral (Galería)

En 'La Catedral Galería de Arte' (Bispo Basulto, 12) se presenta hoy Moncho Conde este ourensano de origen y corazón y gallego de recorrido, con una muestra de esculturas, dibujos y, ¡esculturas espectáculo!, con espejos curvos. Algunos dirán que les parece ver las 'Casetas de San Froilán', pero desde Ourense sabemos que su origen son dos grandes cristales concavo y convexo respectivamente, de la otrora Cristalería La Belga de Capitán Eloy (hoy Concordia), en la que todos nos mirábamos para reirnos cuando pasábamos !


                       En Julio pasado estuvo en Allariz, Bar-Tapería 'Fío de Liño' -que forma parte del Museo da Moda, local que fue otrora una sastrería-: aquí acudió con una selección personal de seis obras escultóricas de los años noventa. Miscelánea se le ocurrió como título, poco imaginativo.
                                               
                                         (he aquí el folleto con la reproducción de las piezas)


Podemos comprobar cómo desarrolla el artista su presencia, desde su background antiguo y actual.



viernes, 27 de septiembre de 2013

Mulleres e arte recente: influencias

Mar CaldasArrastrando el desasosiego, 1997 (una de las 5 fotografías).  El gran libro de Pessoa como estampado

Mar Caldas, é algo máis maior que Neves Seara (outra xeración, máis nova). Podedes ver aquí unha coincidencia temática entre ambalas dúas artistas, que coindiden estes días en Ourense en senllas mostras colectivas (na Praza Maior e no Simeón, respectivamente). Semella o mesmo estilo, que non, e tampouco na técnica: a reproducción de arriba é unha foto, a de abaixo trátase dun tecido bordado e... 'tuneado' ata producir un rostro. A coindidencia remata na superficie, na utilización de textos. Mais..., qué distinto !
Neves Seara: "Miedo", da serie "Catarsis", 2013 (detalle).

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Una mirada a la reciente figuración en Galicia (a propósito de 'Os anos circulares')

De Jorge Perianes


«Os anos circulares. Últimas tendencias da figuración en Galicia, 1994-2013» llega a Ourense con la fundación novacaixagalicia de la mano. Ella y el Concello de Ferrol realizan las exposiciones Afluentes y editan el libro-catálogo de aquella, bajo dicho nombre.

A mediados de los años noventa en nuestro Pais Gallego se producen hechos significativos que hablan de un cambio en las artes plásticas.

El Centro Galego de Arte Contemporánea -se cumplen ahora veinte años de su puesta en marca- con el nacimiento del Museo Marco en Vigo (2002) y es el desarrollo de la Facultad de Bellas Artes en Pontevedra: desde ambas instituciones -formación, exposición- una generación distinta a las anteriores emerge, diferente desde mediada  la década de los años noventa, con exposiciones '30 anos no 2000' (en 1994), a la que han seguido 'Novos camiñantes' (1999) o en ciclo expositivo 'Miradas virxes' (2011-2004) y 'Urbanitas' (2006) o 'Situación' (2008). Una inauguración parcial -los dos edificios de la Cidade da Cultura (2011)-, viene a completar el enmarque del ámbito temporal e institucional.


En la apertura, en conversación con dos compañeros profesores del Colegio Marista Santa María, delante de las obras de Rosendo CidObjetos espontáneos, 2012 (foto Xesús Fariñas, para La Región).
Mónica AlonsoConstruíndo o descanso, 1998.

Nuevas infraestructuras, para una nueva generación, en un nuevo tiempo. La crítica del arte también se renueva, además de los formatos. Los blogs comiezan su caminar desde la net, analizando, destacando, divulgando e influyendo. 


Nano 4814, 'Paliza', 2008, autorretrato (lana), pasamontañas, máscaras


Mas también los artistas desde sus páginas personales en webs, blogs, y redes sociales (facebook, mas también pinterest, instagram...) aportan al debate desde sus books, exposiciones y eventos multidisciplinares.

Tatiana Medal, 106 karten, 2013 (acrílico sobre papel montado en aluminio).
Los artistas tienen un bagaje teórico mayor, conocen los lenguajes desde la docencia, lo que les permite -en la Europa de la U.E., la net, móviles y los pc, tablets y smartfones recientemente-, manejar los materiales, formas, conceptos y tiempos con diferencia de los artistas anteriores, rompiendo marcos generacionales. La búsqueda de conceptos acercar en la pluridisciplinaridad de técnicas e influencias. Y los analistas de la praxis artística -antes llamados críticos-, hacen  reflexiones valiosas en la definición de los grupos e individualidades. Un cambio mutuo, contínuo, dinámico.







Hasta el 3 de noviembre, estarán el Centro Social Fundación Novacaixagalicia de la Plaza Mayor obras de los artistas Mónica Alonso, Misha Bies Golas, Vicente Blanco, Mar Caldas, Rosendo Cid, Antón Cabaleiro, Salvador Cidrás, Victoria Diehl, Suso Fandiño, Tamara Feijoo, Almudena Fernández, Félix Fernández, Fran Herbello, Jesús Madriñán, Tatiana Medal, Nano 4814, Álvaro Negro, Jorge Perianes, Carlos Rial, Damián Ucieda, Manuel Vázquez y Diego Vites.

                         (en color los artistas con Ourense como origen, o algo más...).

Jesús Madriñán, sen título, serie Good night London, 2011



En la primera década del siglo XXI, la estela de los últimos noventa, mas luego, esta nueva Gran Depresión, que no sólo es económica sino de paradigma, hace que el mercado privado y la oferta pública se encoja, restringiéndose en cuello de botella, con desaparición de galerías privadas.

Mas el arte se reinventa mirando hacia el público..., desde sí mismo, siempre.


      ***

lunes, 23 de septiembre de 2013

Neves Seara no XIIº Certame de Artes Plásticas da Deputación

Neves Seara Palacio, segundo premio


Golondrinas I. Olor a verano é unha engaiolante e sutil obra, que xurde como froita madura da exposición ‘En el corazón de los pájaros’, na compostelana Galería 9the13. Dende o seu sinestésico nome, evocación dunha experiencia nun tempo especial para ela, confesa:

Es de una serie de obras en las que me centré en la belleza de las pequeñas cosas, en los alientos, parpadeos, aleteos, que podemos rememorar si cerramos los ojos”.
'Golondrinas (olor a verano)', mixta, acuarela y collage.
Por elo o collage e acuarela que utiliza. É estraño cómo queda a sensibilidade fixada nas materias e establecen con ela afinidades que nunca se esvaen. Unha obra que nos permite achegarmos ao mundo desta xove artista compostelana, de orixe ourensá.


"Miedo", da serie "Catarsis", 2013.
Alí ten esta especialista en Museografía e Museología licenciada en BB.AA. -especialidade escenografía-, o ‘Aire centro de Arte’. No seu currículo consta cómo ten participado en diversas mostras colectivas, nalgún dos casos no estranxeiro: Vigo, Madrid, Córdoba, Bruxelas, Londres, Lisboa ou La Habana. As individuais teñen sido no Casino de La Toja e nas Galerías santiaguesas E48 e Metro. Mais o seu percorrido vital de vasos comunicantes non fixo máis que iniciarse.

Amor sin ortografía, 2011.
Idem. Seara emplea con gusto (e coñecemento) os recursos da escenografía
                           '¿Qué tipo de corazón?', pregunta a autora (E tí, de quén ves sendo?).

What kind of heart, 2013.

jueves, 19 de septiembre de 2013

XII certame Artes Plásticas (Deputación Ourense): Miren Xare vencedora

El jurado posando delante de la obra ganadora, de Miren Xare: Easting northing elevation, litografía ampliada transferencia sobre papel e instalación de escayola sobre madera, una instalación...
Cartel anunciador: con la Fuente (1856) de Ingres revisitada...
Miren Xare Álvarez Beracoechea, primeiro premio do Certame de Artes Plásticas na súa edic. nº 12 que ata agora está a convocar de xeito anual a Deputación de Ourense para artistas de idade inferior a 30 anos: "Easting Northing Elevation", é segundo o Jury a gañadora. A autora, que xa tiña participado no concurso, reflexiona sobre territorios e espazos xeográficos dende a súa obra, unha instalación de escaiola sobre madeira no chan e diante, en ángulo recto, unha litografía ampliada e transferida a papel.

Na foto de El Faro de Vigo, posando co Director: Neves Seara, e á esquerda a gañadora con Pilar Boullosa. Están diante
da obra de Ana Belén González, 'Hicimos los deberes! Ahora maletas jóvenes'...

Miren Xare Álvarez Beracoechea: Fronteras de lo ausente  (finalista 2012)


O segundo premio foi para a compostelana de orixe ourensá Neves Seara Palacio: con "Golondrinas I. Olor a verano", un traballo de collage e acuarela. Outro xove artista, Alexandre Prada Souto, acadou o terceiro premio con "Cómprate una vida", obra dixital sobre lenzo.

Frame (performance) de Luis Catá
Os dous accésits foron para o ourensán Fernando Durán, gañador do pasado ano, con unha fotografía analóxica ("54,206387,67.222158") e para María del Pilar Boullosa Álvarez, con "Belleza forzada", unha instalación. É de lamentar a pouca difusión das obras gañadoras e os accésits, o que é unha contradición cos térmos da convocatoria e galardóns, cos que se pretende visibilizar aos novos artistas...

martes, 17 de septiembre de 2013

A human matter de Penin


Fai uns días que inaugurou Manuel Penín unha exposición dobre na que ofrece retratos dunha liña e acuarelas. Este exercicio de bipolaridade buscada na súa expresión plástica está na sala principal do Centro Cultural da Deputación. O catálogo se dedica de xeito monográfico aos retratos, que ocupan as paredes principais.


Coa liña, dende o lapis (rotulador ou grafo ás veces), o artista escolle o punto inicial. A liña flúe, dende a concentración, aquí, agora: é o único que lle importa. Avanza como meditando, pescudando o camiño esencial dende o mirar interesado para coller os trazos máis salientables. Así, busca achegarse ao individual que está máis alá dos ósos e a carne, para captar a raiola de luz interior, esa faísca do cerne de cada quen, o que fai que o rostro teña vida..., ou non! A tensión faino entrecruzar por veces a liña, mais o trazo é constante. Del xurde a ‘vera efigies’ ou un rostro novo, o que será sempre un afondamento na humana materia (human matter). Penín está a facer este proceso desde o pasado outono en Berlin, mais a técnica procede -segundo confesa- dunha das leccións de Xesús Vázquez. Este artista santanderino de orixe ourensá deu aquí un curso, 'Despois de Auschwitz', que o iniciara no recurso que agora presenta.

Vinteunha obras conforman un 'pachwork show' nunha das paredes
Nas outras paredes están as órficas pradeiras de cores que por veces semellan das cencias experimentais, un expresionismo de gamas cromáticas que se achega á abstracción sen perder de vista a natureza. As súas polícromas acuarelas de cromatismo calmo, en follas de diversas medidas, sen bastidor nen marco, pendurounas na parede con puntas.

Unha das súas obras máis recentes, con rastros da 'paisaxe biolóxica microscópica', con Altamira cecais tamén.
Destruír o aparente, e chegar más alá dos límites mediante a contemplación: isto vai estar en contraposición ao acto de pintar/debuxar que amosa na outra parte. Aquí saliéntase máis alí bórrase. Naquelas obras retratísticas, por conseguinte, hai baleiro, e nas outras unha densidade de elementos compositivos, un horror vacui. E aínda que haxa unha certa tensión entre figuración e abstracción, Penín semella iniciar un vieiro de seu.

O ronsel de Mark Tobey -que a natureza domine a túa obra-, o grande artista norteamericano, nos parece albiscar…

lunes, 16 de septiembre de 2013

Morre Olimpio Liste, petrucio da etnografía galega dende Cea


Olimpio Javier Liste Regueiro (Pontevedra, 16 de abril de 1932- Pontevedra, 15 de setembro de 2013) foi un destacado coleccionista de etnografía coa súa dona Josefina Fernández Mosquera. Ámbolos dous recibiron por elo o Premio ‘Torques de Honra Chamoso Lamas’, na súa segunda edición (2009).

Fundacion Liste,Vigo. A comezos de 2012 pecha, sen financiación
Mais voltou abrir tras asinar un novo convenio co Concello

Xuntaron máis de trece mil pezas, primeiro no museo-almacén de Oseira, que en parte dividiu para Vigo nun segundo momento. Dende rapaz na aldea de Ventosa (A Golada), co seu pai casado en segundas nupcias coa mestra. Foi diplomado en inspección técnica, e mestro de invidentes por vocación. Na etnografía foi da man de Xesús Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo Fernández («Xocas»).
En 1972 abríu o Museo de Oseira; en 1999 inaugurou o Museo de Vigo no chalet Barreras, cedido polo Concello vigués durante 50 anos.

(Velaquí queda o link da súa web)




Olimpio Liste recolle o Premio 'Cumbres del Suido' 2009, en Sobroso
Como ejemplo de tesón y voluntad firme, en la recuperación del patrimonio histórico – etnográfico de Galicia, en una labor de mas de cuatro décadas, que ha dado como fruto, una de las colecciones mas importantes del territorio Nacional , expuestas en el Museo Liste en Oseira ( Ourense) y Museo Liste en Vigo ( Pontevedra), que son un referente, en los círculos museísticos, tanto por el número de piezas como por su valor histórico-etnográfico”, escribiuse na acta do galardón.

No centro dos premiados. Á súa esquerda José A. de la Riera, Presidente de AGACS, á dereita Salvador. G. Solla


Así en 1972 xurdiu o Museo Etnogrtáfico Liste en Oseira (San Cristovo de Cea), na casa na que históricamente o Mosteiro cisterciense daba acubillo aos peregrinos dende a segunda metade do século XVIII e coa Deputación de Ourense como principal valedora. Pechou ao retiralle a subvención en 2011.

No día de hoxe, o emblemático edificio sigue pechado.



Mercaron unhas pezas, outras recolléronas conservándoas nas casas do campo de Casledo, en Oseira, arredor do río. 

Pero ademáis promoveu a sús divulgación, coa súa filla Araceli Liste Fernández. Así sobre o besadoiro, enorme arado xa sen décadas de traballar. Outro traballo pioneiro foi a publicación dun libriño coas panadeiras de Cea e a recuperación do vello forno a carón do edificio sede do Museo, lugar onde viviu o derradeiro monxe exclaustrado, conservando no primeiro andar o seu cuarto.



A gloria para este gran home que dende a súa acción particular (coa súa muller e filla) fixo ao concello de San Cristovo de Cea dende Oseira más grande, punto de referencia da etnografía galega.

Óscar Vázquez para La Voz de Galicia, IV.2009.


domingo, 15 de septiembre de 2013

Vilariño en sala Tabacalera de Madrid (retrospectiva)

«Yo soy seda de caballo, soy ausencia o no soy nada».
Quince animales muertos en el centro de un lecho de especias (multicolor visión de la muerte desde la naturaleza), que miran hacia el cielo para reencarnarse -Vilariño dixit-. El artista de la imagen y la palabra -es fotógrafo y poeta-, Manuel Vilariño (A Coruña, 1952) realiza una amplia retrospectiva. Paisajes y animales bajo el título de 'Seda de caballo', pieza del 2002 en el CGAC, esfera de cedro de  recubierta de seda...


 Tabaco is dead (el arte de mirar -en la exposición 'Lejano interior'-, niebla y mar). ¿una reflexión del  coruñés?

viernes, 13 de septiembre de 2013

Ramón Trigo para Palabras de auga

O debuxo, polícromo que vai da páxina par á impar, ás veces. Ocupa alí toda a folla, máis noutras veces fai pasaxe entre elas e, pola parte inferior as une.  


Na colección Merlin de Edic. Xerais (nº 233), está Palabras de auga, de Marcos Calveiro. O pasado ano déronlle o Premio (que fixo o nº XXVII) lle da nome á colección. Foi 'Premio Fervenzas Literarias' ao Mellor libro Xuvenil de 2012.
O ilustrador Moncho Trigo, que está a publicar nesta editorial dende o 2001 -iste é o seu quinto traballo gráfico-, foi 'Premio Fervenzas Literarias' á Mellor Portada. 

Este libro é unha das duas obras galegas nominadas pola Organización Española del Libro Infantil y Juvenil (Oepli) como candidata a entrar na Lista de Honra da Organización Internacional do Libro Xuvenil (IBBY en inglés). A outra é 'Contos por teléfono', tradución da obra de Gianni Rodari que fixo Carlos Acevedo para Kalandraka, con ilustracións do artista ourensán Pablo Otero.


'sungusungu mkubwa"!, Na páx. 39
A fame dende a seca extrema, a importancia das formigas, na importancia da vida, na que non falta a presenza da explotación das riquezas minerais para o primeiro mundo con nenos escravos... que vixían nenos-soldado -arrebatados aos seus pais-. En trece capítulos e con un diccionario suahili-galego (de cincuenta e catro palabras ou acepcións) !!!

Na páx. 105

miércoles, 11 de septiembre de 2013

Manuel Penin presenta 'Human matter'

Acaba de inaugurar na sala principal do Centro Cultural Manuel Penín: velaquí posando diante dunha das súas obras -pola mañá- entre os políticos que o presentaron/promoven. Detrás hai unha das súas polícromas acuarelas (técnica mixta sobre papel), con puntas, directamente, na parede... Polo serán (vide infra) e xa con outro look foi a presentación vox populi, con agasallo vinícola 'Alberte' (D.O. Ribeiro), con Guillermo Díaz Iglesias, director de Nodegas Nairoa ao fronte, o que nos fixo demorar agadablemente na reunión de arte e amizade.


Aida Fernández, na portada do catálogo...
O fundamental da mostra, máis aló das órficas pradeiras de cores (por veces semellan mariñas das cencias experimentais), expresionismo de gamas cromáticas, son os retratos, dende a liña contínua.


Abel Canal, médico...
Emilia Ruiz


Jº Manuel Vázquez A. (a) 'Casiano'
Luís Glez. Tosar, poeta...



Edelmiro V. Naval, poeta
A liña, e dende a liña, grafo preferentemente, ou rotulador, ás veces...


Mais xa antes en Berlin (octubro, 2012),  ou incluso antes, après as leccións do artista plástico Xesús Vázquez (Pentes, Ourense, 1946), que vive e traballa en Santander, nun curso ('Despois de Auschwitz') en Ourense...