Espacio virtual de contenidos de arte y todo lo demás, con la villa de Cea, el pan y la Abadía de Oseira al fondo...
viernes, 15 de marzo de 2024
martes, 12 de marzo de 2024
Los alegres interiores de Francesch en Ourense
En el CCMV, esto es el Centro Cultural Marcos Valcárcel, Héctor Francesch presenta en la sala 1 sus interiores
El artista (A Coruña, 1977) lleva en el arte veinticinco años con numerosas muestras, mas es ahora y aquí donde hace su primera gran exposición, que la sala tiene espacio dabondo, y trae una obra, con variaciones, más de sesenta.
El autodidacta y versátil Héctor, de raíces catalanas aunque A Coruña es su ciudad, como muestra su afirmación de que siendo adolescente ya se fijaba en la obra de Luís Seoane...
También ha hecho destacados proyectos de efímeras instalaciones.
Este de aquí es un trabajo muy de diseñador, consiguiendo con una paleta de colores planos, desde lápices de color y acrílicos, una iconografía de aire pop-naïf, simple y alegre, de formas recortadas.
Son todos, dibujos lúdicos de entornos cotidianos, de interior, que quieren ser bodegones contemporáneos, desde un dominante carácter general de ilustración gráfica.
Fuera del marco de la pared, añade en el centro de la sala, sobre pedestales, pequeños formatos metálicos, estructuras planas de acero negro con corte laser, bidimensionales y pintadas, en un vistoso juego de instalación decorativo-escultórico en diálogo formal con las otras.
Está comisariada por Matilde Rodríguez, quien le ayuda a desplegar en sala este reciente caminar creativo del último quinquenio.
sábado, 9 de marzo de 2024
A ponte vella e a cidade de Ourense, mediados do XIX - comezos do séculos XX.
miércoles, 6 de marzo de 2024
Simbolizaba a fusión da velocidade e a estabilidade, que reflectía a filosofía da súa arte.
E Montederramo foi importante colexio para os monxes no tempo da Congregación Cisterciense de Castela.
Ms. medieval do mosteiro cisterciense no que se destaca por vez primeira a denominación de "Ribeira Sacra", tan utilizada hoxe en día... sendo "o artífice da lectura e traducción erróneas de «rovoyra sacrata» («roble sagrado») por «Ribera Sagrada» o monxe benedictino frei Antonio de Yepes a comezos do século XVII na súa «Crónica General de la Orden de San Benito». Así é coñecido na historiografía científica dende fai anos.
martes, 5 de marzo de 2024
DO ENTROIDO ENFEITIZADO DE MARÍA MAQUIEIRA AO DE CARLOS VELO
Co gallo do Entroido, singularísimo tempo anual en Ourense, tan celebrado, a Fundación Carlos Velo conseguiu que a ilustradora coruñesa de Sada, María Maquieira (n. 1985) expuxera as ilustracións do libro “Entroido enfeitizado" na galería Visol. O título baséase nunha breve e significada narración alegórica do recoñecido cineasta nado en Cartelle quen, ao pouco tempo de fuxir da guerra e ditadura militar do xeneral Franco, pon en marcha dende o D.F. de México a revista “Saudade (Verba Galega nas Américas)” co Grupo do mesmo nome entre os que estaban Delgado Gurriarán e Illa Couto, cuxo primeiro número saíu simbolicamente no mes de Sant Iago de 1942, abrindo o texto de Velo o segundo número, en Nadal dese ano.
Eles e as sete irmáns choradeiras, tan indispensables nos enterros doutrora, levan rostros moi semellantes, elas cun ar á propia María..., sendo as imaxes máis efectivas aquelas nas que a artista propón camiños plásticos dende a súa inspiración, como a virxe do Entroido de monxa e o Foleiro semiespido.
A máis salientable é a da morte da Santa pola Raíña loba, obra como aqueloutra en perspectiva de sotto in su, que Maquieira licenciouse en Hª da arte entre a USC e a facultade de letras e filosofía de Perugia, cunha ampla estadía en Roma.
Ela é o clímax do in crescendo que redacta Velo nunha secuencia extraordinaria na que xa se queimara o Meco e o sol morrera "nas ondas do mar hiperbóreo. O vento de Fisterra çenchese de escuridade mitolóxica", espazo no que sitúa a narración, facendo que trece mariñeiros se transformen en lobos, que pelexan cos Fenos, que non Felos, e a Santa cos brazos en cruz faille un desconxuro a Raíña loba, que se bota enriba dela e morre. Así " desfaise o feitizo da princesa Aldina, filla de El Rei de Galiza" apreixada na pelica de loba. E diante do carro da santa morta, "o vello Breogán coberto cunha coroza chea de vieiras camiña con pes nús camando aos bois", que Maquieira efixia cun magnífico rostro portando un facho entre bois e viste, sen máis, unhas vieiras. Todo elo no tempo das festas míticas do Entroido, co trasno e o foleiro, o Feno pescantín, o novo e o sacauntos, o Meco do viño, os vellos Chanqueiro e Liberata, dona Pingoleta e Don Vaselina.
Eis unha exposición para o mes do
enfeitizado ano bisesto, que nos fai coñecer esta artista da man da Fundación
Carlos Velo, cunha proposta en prosa poética chegada do exilio galego, que se
inicia co latín da misa de Requiem e remata co Dum Paterfamilias, concluíndo entre
música de zanfona e cantos coa invocación “Isperta do teu sono Santiña! ,
Erguete e canta Rosalía!”. Marabilloso desempeño.