sábado, 30 de septiembre de 2017

Daniel Caxigueiro e a situación de España en setembro

O artista Daniel Caxigueiro deu en publicar dende o quince de setembro, ata o 29, estas obras conceptuáis que son unha forma de expresar/explicar (se), en tempo real, ante o que está a suceder en tempo real neste Reino de España, no que vivimos.  

Desde a/s súa/s arte/s.

'Desconcertado (primer acto)':


'Desconcertado (segundo acto)': 

Unha obra que falta de silencios, segundo o artista

'Cando o surrealismo ocupa as nosas vidas, o Desconcert (tercer acte) vese contaxiado':

      
'Desconcert' (quart acte):


'Sin vergüenza, sin consideración y sin piedad

me han construido en torno altas, sólidas murallas.

Y ahora , heme aquí, quieto y desesperándome.

No pienso en otra cosa: este destino me devora el alma.

¡Tantas cosas tenía yo que hacer ahí fuera!

¡Cómo no me di cuenta cuando las construían!

Y sin embargo nunca oí ruidos ni voces de albañiles.

Desde el mundo exterior- y sin sentirlo- me encerraron'
. (K.KAVAFIS: 'Murallas').

nº 5


nº 6

nº 7


                                                                            nº8



                                              nº 9: 'cando as apariencias enredan':



                                                                           nº 10

                                                                     
                                                                      nº 11


                                                                        nº 12



(CONTINUARÁ?)


jueves, 28 de septiembre de 2017

Sandra Varela, David Catá et alii, Bienal de Arte de Ourense



La ourensana Sandra Varela Rodríguez utiliza, para la obra ganadora del primer premio de Artes Plásticas para jóvenes menores de 30 años de la Diputación de Ourense 2017, unos calendarios de Würth. En estos famosos almanaques de la conocida empresa alemana, construcción, automoción y maquinaria, todos para entornos masculinos, el punto de cruz, con el que recubre cuerpo y rostro de las tres exuberantes chicas en bañador. Con este tradicional y popular bordado femenino hace una intervención o, 'Sutura', en clave crítica de discurso de género, para hacer ‘hincapié en la sobreexposición del cuerpo femenino y su sexualización, que hoy en día se asume como normal’, según reconoció.


Era un trabajo para la asignatura de escultura (sic), que aún cursa en la Facultad de BB.AA.

Aquí están las obras de 'Sutura'...

David ‘Catá’ es el segundo premio, un regresa al podio en el que estuvo en 2010 con sus primeras fotografías. Autor de talento, ya con recorrido en video-performance, pintura y escultura. Ahora, tras su estancia en Berlín, trae un video, Sonidos ahogados, en el que el artista de Viveiro reflexiona desde una circunstancia de salud autobiográfica, mostrando facetas nuevas caso emanadas del gran viaje.

El artista multidisciplinar tuvo un sueño, ser músico, ingresando a los ocho años en el conservatorio de Viveiro (acordeón). Luego se cruzó en su camino el arte... De ahí surgen sus esculturas 'Déjame volar' con música propia.
















Como ha reconocido, la obra presentada surge a raíz de detectársele otosclerosis unos años antes, con lo que los sonidos cobraron para él una nueva dimensión e importancia, con la pérdida de audición.


Por ello la 'performance' en el mar con el acordeón, video, cuyas ‘melodías se desvanecen entre mis dedos’... 

Obra de 2013





En la plural exposición con los finalistas del concurso hay otra sugestiva obra suya, 'Secuelas 01', una pintura. 



Pilar Boullosa, con una instalación desde el diseño gráfico, y Julia Huete, tercer puesto con dos obras en punto de cruz sobre tejido de algodón deudoras del Minimal, merecen atención.

sábado, 23 de septiembre de 2017

Equinoccio de otoño en San Miguel de Celanova, Mozárabe/'pre románico'


 Equinoccio en San Miguel de Celanova, Mozárabe/'pre románico'.
                                                            "1.SERENIDADE 8:15.



                                                          2. VELAÍ VÉN 8:27.


                                                            3. EXPLOSIÓN 8:34.



                                                           4.IMPLOSIÓN 8:35.
  


                                                            5. SOMBRAS 8:36.


                                                                6.MISTERIO 8:36.



                                                         7. UN BURAQUIÑO...


De Xosé Benito Reza son as fotos e os atinados comentarios. Velaquí a súa secuencia, coas dúas finais que engado do cartel. Todo precisión e sensibilidade...



miércoles, 13 de septiembre de 2017

Na morte de Xohana Torres

Xohana Torres Fernández, Santiago, 22.novembro 1931/ Vigo, 12.setembro.2017, martes. Foto 2001.

















Facendo miñas as palabras de Francisco Castro, digo: 


"Hoxe a cultura galega está de loito tralo falecemento, onte, dunha das poetas máis grandes e que máis influenza teñen exercido en toda a historia das nosas letras como foi Xohana Torres.




Un retrato dela, saído das mans de Laxeiro.

Poeta delicada onde as houber, e militante, en tempos dificilísimos e perigosos, a prol da nosa cultura. Seus son algúns dos versos máis repetidos por todas e todos os que aspiramos a, algunha vez, dicir algo con sentido. 


Con Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares, foi unha das voces que empezaron a construír a modernidade da nosa literatura na colección 'Illa Nova', de Galaxia. 


Novelas como Adiós, María, poemarios como Estación ao mar ou libros para os máis pequechos como Polo mar van as sardiñas (ademais do seu traballo teatral ou radiofónico) dan a dimensión inmorrente da súa obra".







Hoxe, o laio en Galicia podería ser 'EU TAMÉN NAVEGAR'...

miércoles, 6 de septiembre de 2017

TERRADENTRO, ARTE MAIOR DE XOSÉ BENITO REZA


XABIER LIMIA DE GARDÓN. ARTE ET ALIA.
(Na web de La Región)

As pinturas falan, e os artistas contan historias con elas. Cando son quen de insuflarlle sentimento, transmiten emocións, coas liñas, a composición e as cores. Delo tratamos nesta columna a meirande parte do ano, agás no tempo no que o Lorenzo aperta.


A fotografía e o plano a man alzada explícase dende a cuarta,
parte, que da título á obra.

No frescor da costa dei en ler ‘Terradentro de Xosé Benito Reza, e foi como estar diante dos cadros dunha exposición. 

Mussorgsky fixera xa algo parecido coa música. O descubrimento do mundo a mediados do século pasado, que nos presenta o autor celanovés nas tres historias teñen equivalencia de arte, polos matices nas cores das leiras e campos que se transforman en paisaxe.

A terra de Celanova 
A gradación de alturas, do val ata as penechairas, da súa orografía e vexetación, a súa estrutura agropecuaria, disposta nunha orde por séculos, son esencia, e non recheo.

Presentando a obra.
Elo non pode estrañar, pois o autor é enxeñeiro de montes, mais tamén un estudoso da ornitoloxía, da historia ou da astronomía, facianas que se deixan ver, e iluminan páxinas con atmosferas que engaiolan.


Deu contra Xosé Benito en 1997
do fenómeno da luz
equinoccial da capela de
San Miguel, fundada no século X.
(Foto A. Piñeiro)








  






Esta maxia débese ao ‘seu galego literario é abundancial e selecto a un tempo’, en palabras de Xosé Luís Méndez FerrínBerros no vento’ e ‘Casa grande de Ademourán’ son historias de ficción e misterio en espazos rurais. O can do alcalde’ é a terceira, e discorre nunha vila. 


A praza, co quinteiro onde ten casa. A fonte está diante dela...

Pola alameda pasean o abogado Rial e o capitán da Garda Civil.
Son aquelas unhas acaídas tramas de misterio, con un pivote que as une, o avogado Rial que con tino e sentidiño vainas desleando e resolvendo, coa axuda dun capitán da Garda Civil. As casas e os espazos, a vida cotiá das xentes do tempo do Franquismo, queda plasmado nas precisas descricións, nas que hai datos históricos e tamén arqueolóxicos.

Aquela Celanova de antes dos anos sesenta do pasado século, o tempo das novelas...


Na intriga das novelas devalan os sentimentos dos personaxes, o mundo dinámico duns protagonistas e o do pobo, máis estático. Dramas rurais, e tensións, trufadas de ironía. Para especialistas, como Ramón Nicolás, son novelas ‘abeiradas a un xénero que case denominaría como thriller rural’.




Velaquí o peso do tempo da nenez e adolescencia, xermolo da vida. A mirada de Xosé Benito Reza detense na recreación daquel tempo dos nosos maiores, dende a nostalxia que sentiu, ‘cando as portas xa non estaban abertas’, pois como dixo, ‘a súa tía Gumersinda xa morrera’. E así, deulle vida un momentiño a avoa Amadora de Vilanova dos Infantes e os sete fillos, naqueles tempos de escuridade e medos da dura ditadura coa casa de comidas, xentes fortes e rexas que encheron as terras do rural de Ourense, ou Galicia, nas súas aldeas e lugares, e que se está a esfarelar dende hai lustros diante dos nosos ollos.


Esta terra ten aquí o centro nunha vila, Celanova, innomeada conscientemente, como o velo mosteiro bieito, na que o avogado Rial ten despacho diante dunha fonte nunha praza, e un café central, dende a que se vai cara Ademourán, por Acevedo, e ‘os fondais agarimosos do río Deva, onde pousa o lugar de Remuiños’ (Redemuíños tamén)...

O autor, fai uns anos... (foto La Región).
O cabo é un cuarto capítulo, excursus persoal no que rememora a súa vida, e familia, Terradentro, realmente, pechando as paredes deste gran fresco ao xeito renacentista, cadrando o círculo.