ARTE ET ALIA
XABIER LIMIA DE GARDÓN
Santiago é de arte e de pedra. E ten unhas pedriñas pedras de chocolate e améndoas, que fai unha famosa pastelaría. Cea é pan, dende fai centos de anos, e dende fai máis de dous lustros refulxe coa Indicación Xeográfica Protexida e os seus dezasete fornos.
Xulio Gil, gran fotógrafo galego, tennos amosado dabondo dende fai décadas, con gran técnica e sensibilidade, ser un especialista na arte monumental Galega.
Así se pode apreciar no libro que ilustra para o texto de Bieito Iglesias e Engaiolarte Edicións, que ben de presentar no Centro Cultural, espazo onde fai uns meses a súa mostra fotográfica ‘Retablos e Diálogos’, triunfou no outono ourensán. O retablo do Pan de Cea que se estreou loce agora no centro da exposición que coordinamos, ‘San Cristovo de Cea refulxe’.
Xosé Luís Valladares, alcalde de Cea, saúda ao autor Xulio Gil, e a Xabier Limia de Gardón, comisario da mostra. |
Ao seu carón un feixe selecto de imaxes cheas de fermosura e ‘savoir faire’ do mosteiro cisterciense de Oseira. Os tres claustros desde as respectivas fontes, escaleiras, bóvedas da igrexa e capítulo baixo, os santos...
Xabier Limia entre Maribel Dávila e Jesús Manuel García, con Pepe Puga e Gonzalo Fernández á esquerda. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario