lunes, 31 de octubre de 2016

O LEGADO DOS IRMANDIÑOS DA FALA


Algúns dos Irmandiños dos nosos días...

XABIER LIMIA DE GARDÓN.
o artigo na web de La Región
ARTE ET ALIA

Chega ata nós unha exposición singular como poucas que pon diante dos nosos ollos, en Ourense, a fala, e un sentir de pertenza. Dende A Coruña, onde comeza, pois un 18 de maio de 1916 nacía alí dunha xuntanza a primeira Irmandade da Fala, reunión na sé da Real Academia Galega, entón na rúa Rego de Auga. E o bosque de feitos xerado nas dúas décadas seguintes, amósase agora compactado nuns grandes contedores-caixas de madeira clara, onde por fóra hai serigrafías con imaxes e dos que penduran cadros, como o autorretrato de María Corredoira ou o retrato de Risco. De alí comezou o roteiro por outras seis cidades, Santiago e Vigo, logo do seu paso por Pontevedra, chega aquí, para seguir viaxe a Lugo e Ferrol. Entre nós, témola visitado no espazo de entrada do Centro Cultural da Deputación.


Foron os iniciadores históricos os irmáns Villar Ponte con algúns amigos, “catro vagos d’A Coruña” segundo sinala con fina ironía D. Ramón Otero Pedrayo en ‘Arredor de si’, quen precisa como andaban a transformar a nosa cultura rural nunha outa cultura dende a recuperación da lingua galega. Estamos pois no seu centenario, 1916/2016, que ben sendo máis ben o noso... Logo virá o 1918, fito de partida na definición do nacionalismo galego, por mais que as Irmandades señan moito máis que un movemento político un verdadeiro rexurdimento cultural, co que hai que contar na definición de ‘século de prata’ do Reino. Eles foron "xente nova ou con ideas modernas", segundo Antón Villar Ponte.

As Irmandades en dez cubículos de memoria

Dez espazos para profundar na dimensión global dende dez temas que amosan a súa cerna, podéndose ver nas cabinas documentos, imaxes, obxectos e publicacións, e ademais escoitar discursos e gravacións musicais.




Alí están as lentes de Vicente Risco, unha pluma Parker 51 de Castelao, e o manuscrito autógrafo de Arredor de si, de Otero Pedrayo..., e con eles a máquina de escribir de Valentín Paz Andrade ou o violín de Quiroga que foi de Antón Losada Diéguez. 


A música foi, sen dúbida, un fito central na recuperación do galego, e aquí están o estandarte de ‘Queixumes dos Pinos’ da Coral Polifónica Follas Novas, e o cartel da Coral de Ruada, de 1931, obra de Camilo Díaz Baliño



Para Castelao esta obra de Asorey era a
primeira escultura galega. Picariña, 1918.
As obras artísticas teñen un tratamento aparte na sala do fondo, coa escultura ‘Galicia, Nai e Señora’, de Uxío Souto, grande símbolo, coa ‘Nai e fillo’ de Eiroa. Asorey, Lloréns ou Imeldo Corral tamén están, e Castelao, que a arte foi unha preocupación, co teatro, para chegaren ás masas. 



Eiroa, Nai e fillo, 1930. Ata 1936 na entrada do Seminario de
Estudos Galegos
















E con eles a literatura, e a presenza na sociedade, dende a creacións dun voceiro, A Nosa Terra, e as editoriais (Céltiga, Lar, Nós). Unha idea que nos permite que reflexionemos no que temos hoxe co Estado das Autonomías. 

O cultivo das ciencias sociais e experimentais, as Escolas do Insiño Galego e Seminario de Estudos Galegos son parte dos logros. Outro é a participación das mulleres, en "igualdade absoluta, política e civil da muller e do home".

miércoles, 26 de octubre de 2016

SEIS FISTERRAS DE AUGA EN ALTERARTE CO CENTRO DE OURENSE


XABIER LIMIA DE GARDÓN.
o artigo na web de La Región
ARTE ET ALIA.

Fai uns días estivo entre nós Ramón Loureiro, o escritor de Sillobre, no entorno de Ferrol, onde vive, na costa ártabra, a presentar o seu libro máis íntimo, ‘Diarios’, de Eurisaces Editora. Co seu verbo amable, coñecemento e fino humor da man, pensaba ao escoitalo estar a ver a encarnación dunha das fisterras de Galicia. Na sala Alterarte Juan Fernando de Laiglesia González de Peredo proponnos nas súas ‘Seis fisterras de auga’ que fagamos unha viaxe na propia sala, sentados nunha cadeira que se move arredor dun espazo escuro, especialmente modificado para elo.





Así poderemos ollar as catro fotografías de cadansúa das fisterras que procurou nun mapa: Cabeza Negro, en Murcia, e Camelle, na Costa da Morte; e no segundo dos eixes cartesianos, o Cabo Vidio, en Asturias, e Esposende, na costa portuguesa, que se sitúa noutro dos extremos.



Son así, catro visións dos espazo, catro direccións, catro puntos cardinais no que as augas son os límites, mais tamén o inicio doutras tantas vidas, e delo tratou o mesmo Daniel Castelao nalgunhas páxinas de ‘Sempre en Galiza’. 



Mais o artista madrileño e docente De Laiglesia, que da Complutense chegou a Galicia para impartir docencia nos inicios da facultade de BB. AA. de Pontevedra, quixo engadir á visión espacial terrestre a do eixe vertical, cénit, sobre a cabeza, e nadir, na dirección oposta: é aquí onde están as aguas celestes e as que moran no subsolo... Arriba as nubes, e no chan a peza ‘Alcantarillado Orense’, co escudo da cidade: ela, Ourense, é o eixe no que xira a exposición.

Esta é unha descripción aproximada dun territorio expandido que é físico, e tamén emocional. Así a mesa cicular pintada co faro, e o cadro posterior, no que se ve a influenza da ‘Illa dos mortos’ de Arnold Böcklin.


De Laiglesia que é escultor, e tamén é Dr. en filosofía, busca nos seus traballos outros camiños expresivos, sendo máis de proxectos artísticos que semellan de investigación. Así cando fixo o telescopio Erdel Verlag, semellante ao que Galileo fabricara en Venecia, para a exposición ‘400 lunas emocionadas’, que iniciada na Galería Dr. Erdel Verlag de Regensburg en 2009, ano mundial da astronomía, con Kepler e Galileo na base, e rematou en Lalín, homenaxe a Ramón Mª Aller Ulloa





Aquí en Ourense completa a súa proposta un espazo primeiro ou antesala, con unha mesa e o mapamundi coas medidas, e unha obra cos buracos da capa de ozono sobre os polos, con algas mariñas prensadas, unha referencia explícita; e diversas esculturas nun andel, algunha das cales actívase, e móvese, cando nos achegamos, ou maletas e obxectos diversos, e un mapa-tapiz destacado, que chama ‘mantamundi’ (sic), coa mesma hora nos husos horarios, pois nas súas palabras o mundo debe ser un refuxio real para todos.



E se na exposición hai unha esfera mística, segundo menciona o curator, Juan Luís Moraza Ourense, o centro é por definición, a orixe, o punto de partida. Esto é, no contexto da UVigo, o Campus da Auga. De Augas Quentes !



lunes, 24 de octubre de 2016

En el día de las bibliotecas

La luz del conocimiento ...



Biblioteca Bodleiana, Universidad de Oxford, Inglaterra:


Biblioteca del monasetrio de Oseira (Ourense



viernes, 21 de octubre de 2016

HALLADA ESTATUA DE LA FACHADA DEL PÓRTICO DE LA GLORIA EN LA TORRE SUR DE LA CATEDRAL



"Las obras de restauración que se están realizando en la Torre Sur de la Catedral de Santiago han permitido encontrar una escultura procedente de la fachada medieval del Pórtico de la Gloria. El hallazgo se ha realizado de manera fortuita, mientras se excavaba en el interior de una estancia situada en la parte inferior de la torre, junto a la escalera de acceso a la misma, con el objetivo de eliminar los escombros que la rellenaban. Se trata de una figura masculina, que presenta un buen estado de conservación, a la que falta la cabeza, y de 185 cm de altura. Una característica especial es que se trata de una estatua columna, es decir, una figura humana adosada a una columna, labrada en una sola pieza, lo que la sitúa en su origen como parte de una puerta de acceso a la basílica (...). 
La figura procede de uno de los ingresos exteriores de la fachada del Pórtico de la Gloria, realizada por el taller del Maestro Mateo, a finales del siglo XII o en los primeros años del siglo XIII."



SERÁ EXHIBIDA EN LA EXPOSICIÓN ‘El Maestro Mateo en el Museo del Prado’ a partir del 29 de noviembre. Seguro que así se redimensionará la importancia del arte medieval en Galicia. He aquí dos de las piezas que se hallan en el Museo de Pontevedra:



martes, 18 de octubre de 2016

Rosendo Cid, na fisterra de papel e auga...



XABIER LIMIA DE GARDÓN. 
ARTE ET ALIA.


No baixo da tenda comercial de Roberto Verino, rúa do Paseo, ten o empresario e deseñador de moda un ‘Espacio de arte’ dende fai un tempo. Aquí amosa Rosendo Cid, artista do papel, os seus collages. Son estas obras de pequeno formato, que ensambla con precisión e técnica dende fai anos, un xeito de facer biografía querenciosa das súas escollas selectivas da historia da arte. A ela acode para facer as súas harmoniosas composicións, ao modo dos ‘cadáveres exquisitos’ surrealistas, tirando de conexión cultural, dende o psicolóxico.

Da serie "Yo, que tantas pinturas he intentado ser"...

E aínda que é un traballo persoal non o fai só pois son dous dun tempo a esta parte: Rosendo e Roberto Torres, alter ego seu. Algo así como o seu admirado Duchamp / Rose Sélavy, ao lonxe. Aquil naceu fai un par de anos co gallo dunha exposición colectiva, ‘Todo arte es falso hasta que se demuestre lo contrario’, que il mesmo monta na Galería 22 de Logroño con amigos do seu redor, algúns deles artistas, e todos con nomes falsos... E agora, tirando do fío, está a piques de sair do prelo ‘El hombre que rayaba periódicos’ con frases - ocorrencias, que firma como 'Eduardo Torres'... Aquela é unha fina liña na que o humor e a impostura andan preto, nunha maneira de facer que foi tese fai cen anos, e que agora semella retranca, mais que podería chegar a ser alomenos ‘jocoseria’, ou quizais algo máis.



Os quince collages do ‘Verino space art’, como tamén se podería denominar, son obras de dúas series distintas, “Las líneas paralelas nunca se encuentran”, que inaugurara na Galería Metro de Santiago, coa que traballa, a comezos de ano, e que daquela acompañou con unha edición limitada de 25 caixas con seis collages inéditos que non se amosaron na mostra. A miniaturización da proposta, en 10x10 cm, da paso á outra serie, que titula "Yo, que tantas pinturas he intentado ser", na que deixa ver motivos dun proceso no que está dende fai anos, e que lle costa pechar. A súa presenza no panorama artístico da cidade resulta sempre suxestiva polo que supón precisamente de xogo e seriedade, e non a partes iguais precisamente, o que é agradecer. Esta mostra nolo achega á cidade de novo, pois dende 2011 non expoñía aquí.

Dúas obras de “Las líneas paralelas nunca se encuentran”, na Galería Metro, Santiago, da mesma liña da historia da arte que a outra serie.

As súas recentes presenzas artísticas teñen pasado por "La pintura tiene el tamaño de nuestras preguntas", interesante proposta da singular Galería Circular de Allariz, fai uns meses, con carpetas numeradas das obras, pasando por ‘El arte dice cosas sin explicar nada’ (Piso Dos, Pontevedra) e a ‘L’esprit de l’escalier’, un proxecto específico para o Centro Galego de Arte Contemporánea, nun difícil espazo do edificio museístico, que non sala, ámbalas dúas de 2015. E o seu libro ‘365 maneras de estar en el mundo’, con un debuxo por día, editado por Duen de Bux, obra coa que se relaciona ‘365 maneras de estar en una habitación’ para o proxecto Cuarto Público, 3ª edición, no Hotel NH Collection de Compostela, que foi galardoada co Premio Xunta de Galicia.

jueves, 13 de octubre de 2016

TINO CANICOBA SENTIMENTOS CON MADEIRA E COR

O artista con unha das súas obras acompañado de Isabel Patiño e Marisa Codón
XABIER LIMIA DE GARDÓN.
o artigo na web de La Región
ARTE ET ALIA.

O escultor Canicoba abre en Ourense a súa primeira mostra individual na Galería Visol. Presentouse fai uns días acompañado de amigos que ata aquí chegaron dende diversos puntos da xeografía galega, entre eles os artistas Antón Sobral, Lomarti, Ruth Noemí Lodeiro ou Jorge García-Valenciano.


O artista nado en Compostela trae un amplo elenco das súas madeiras, cada vez máis depuradas dende que deu en regresar ás exposicións a finais de 2013, na compaña da pintora porriñesa Chelo Rodríguez. Foron aquelas ‘Reflexións’, esculturas e óleos, o seu renacemento. A madeira tratada en talla directa, desbastando con motoserra, para aplicarlle logo aixolas. 

Este mesmo ano repetiu proceder no faro de Cabo Vilán con Xesús Franco.



Publicitario de formación, con estudos de Artes en Zaragoza e na ‘Escuela Pablo Picasso’ da Coruña, comezou a pintar, participou en colectivas e fixo algunha individual. De Girona a Valdepeñas, e por Galicia adiante. 

Deixouno no 2000, aínda que a Arte tiraralle, participando en diversos certames, nos que os logros salientables son ser finalista no Villa de Madrid e primeiro premio nos de Tui, Lugo e Vigo.

Dende a estela de Paco Leiro ou, incluso, de Stephan Balkenhol, Canicoba sitúase nun variado conxunto de artistas que traballan deste xeito a madeira, como Enrique Tenreiro ou Álvaro de la Vega, aínda que entre eles este último sexa o menos proclive a utilizar as cores nas súas obras (Enrique pola súa parte menos figurativo e máis orgánico). Esta é unha das características diferenciais de Canicoba que engade amplos campos de cor nos seus tipos do rural, homes e mulleres que andan o camiño e van á feira coa galiña, saen da misa con galana fachenda ou coa palmatoria..., unha sorte de elenco de etnografía cotiá actual, á que se engaden outras tipos humanos, entre os que aparecen unhas de canon superior ao natural, verdadeiros totems. 


As de maiores dimensións centran o espazo da galería, sendo elas, as que se achan mellor emplazadas para nós, unha escultura a súa de formar grupos, e deixalas falar, dese modo tan noso.





Deixándose ir dende o material leñoso, o artista busca a forma, máis tamén conduce o resultado, con detalles personalizados coas gubias nas caras, retratos que teñen moito de autrorretrato.








En espazo aparte, coloca pezas escultóricas en pedra, mais os resultados son distintos, e distantes. As facetas e ángulos semellan parecidos pero a forza do seu dicir esváese malia a dureza do material.

É sen embargo na madeira onde os temas escollidos, os seus bustos e corpos, gañan vida de seu, materia na que Constantino González / Tino Canicoba é quen de insuflarlle un dicir propio, que está a definir nestes últimos anos, unha renacida pulsión plástica que nunco o abandonou, e dende a que quere amosarnos unha reflexión, e transmitirnos o seu mundo con raiceiras. 

Escultor do humano con unha certa retranca, da vida que ve dende Ponte Ulla, este cidadán do mundo, como temos visto autodefinirse, que gusta da montaña e viaxar en moto, é un espíritu libre con un corazón que se solidariza coas dores da existencia do común, como fixo en "La puta vida" en Afundación de Vigo, fai un par de anos.


Nesta mostra de aquí segue a transmitir emocións e sentimentos.





miércoles, 12 de octubre de 2016

domingo, 9 de octubre de 2016

En EXPERIMENTA 10+1


Son dez artistas no espazo, sólidos nas paredes... e unha performance na inauguración.

Son Mónica Alonso, e Berta Cáccamo, son Sara Coleman e Chelo Matesanz, son Mónica Trastoy e Mar Vicente...


'Corpo', de Sara Coleman.



A elas engádense Suso Fandiño, Rubén Fernández Castón, Héctor Francesch e Din Matamoro...

Logo, a maiores, na inauguración, Adriana Pazos con María Roja fixeron 'Dasein'. Elas son o '+1' da ecuación '10+1'.


E todos eles Coordinados / comisariados por Paula Cabaleiro...

viernes, 7 de octubre de 2016

Las salas de Botticelli rebren en los Uffizi


Museo de los Uffizi/ Florencia: por fin abrirán las salas de Botticelli con las dos grandes obras tan conocidas del maestro florentino... Mas, para mi, el tríptico de Hugo Van der Goes...!