Espacio virtual de contenidos de arte y todo lo demás, con la villa de Cea, el pan y la Abadía de Oseira al fondo...
miércoles, 31 de mayo de 2017
lunes, 29 de mayo de 2017
HELENA DE MEDEIROS, ESCENÓGRAFA PLÁSTICA
XABIER LIMIA DE GARDÓN
ARTE ET ALIA
Idioma dos Pássaros |
As vestimentas influen nas obras... |
Está a estrearse nestas datas “Progetto Händel” no Teatro Scala de Milán con deseñadora de vestiario de Helena de Medeiros, a artista que está a expoñer na sala principal do centro cultural da Deputación ourensana. A música barroca de Georg Friedrich Haendel, o músico alemán naturalizado británico, e o ballet contemporáneo con coreografía de Mauro Bigonzetti, co que xa tiña traballado anteriormente, expresan a mestizaxe da que gusta a artista de Porto (Portogallo). Aquí están os seus cadros, de gran porte, que amosan todos eles esta actividade central na súa vida, e no só paixón.
"Sueño de Chagall", díptico. |
Esta se expresa tamén nas representacións escultóricas que inclúe, ben acaídas, cheas desa “Insustentável leveza”, como titulou unha exposición súa fai un par de anos nos Paços do Concelho de Barcelos.
É o seu un proxecto de fondo, que vai máis alá das liñas paralelas, pois os seus traballos de creadora plástica e de vestiario (en portugués figurinista, fermoso concepto) son facianas dun só sentir: o do seu corazón. Ten o atelier na coñecida Rúa dos Clérigos de Porto onde traballa as súas obras sobre papel e tea, nas que aplica tinta china e técnicas mixtas, respectivamente. Entre estas, a máis salientable, é á que engade pan de ouro á pintura, para provocar un efecto vizoso e luminoso, que tamén busca nas propostas escultóricas.
Aves (Birds), 200/150 cm. Impresión alta resolución |
Mujer pájaro,Yeso sintético s. mármol, 2016. |
A máis recente é deste mesmo ano, "Birds" (paxaros), a foto dunha escultura súa pendurada nun exterior a contraluz con unha ave en voo.
Fronte dela, no outro extremo da sala, “Ás rotas”, pintura sobre cartón dunha bailarina e outras dúas figuras por tras en caída, obra con tinta china e pan de ouro en contraste coa cor vermella.
Fronte dela, no outro extremo da sala, “Ás rotas”, pintura sobre cartón dunha bailarina e outras dúas figuras por tras en caída, obra con tinta china e pan de ouro en contraste coa cor vermella.
Outro dos eixos de forza é o das esculturas, dende a pequena peza acéfala da bailarina sobre a punta da zapatilla e mans-pas coas que semella querer voar, ata “o idioma dos pássaros”, pendurada en salto de “grand pas de chat” polo escenario, xesto en pintura da obra de cabeceira, fronte da porta principal. Unha artista con voz propia cuxas obras teñen poesía e música.
"Mira la corona", 2017, 220/200 cm.,Tinta India en papel. |
Etiquetas:
Helena de Medeiros
sábado, 27 de mayo de 2017
lunes, 22 de mayo de 2017
AIRIÑOS AIRIÑOS AIRES DE XURXO LOBATO
Xurxo Lobato e Anxo Angueira, na presentación |
Así salíu na web de La Región
ARTE ET ALIA
Unha terra aquela de Castela, na que escribiu moito de Follas Novas, o seu segundo poemario. E vai inserindo o fotógrafo-biógrafo sensacións dun sentir, compartindo emocións, a campá de Bastavales, a chuvia nas rúas de Compostela, as brañas de Laíño, no Ulla, e a luz da catedral, co sol que ‘lanza serenos raios que firen descoloridos da Gloria ós ánxeles e ó Pai Eterno’.
'En vano, a gaita, tocando unha alborada de gloria' |
Na casa da Matanza
‘Miña casiña, meu lar, cantas onciñas de ouro me vals’, arredor de Padrón e Iria Flavia, e a casa da Matanza, onde vivíu os seus derradeiros anos. O exterior dela dende o parral, as fechaduras das portas, a cama co cabezal e a colcha de liño, aínda que Xurxo Lobato é quen de desenfocala almofada e centrarse na rosa fresca que hai alí cada mañá...
Na contorna, Lestrobe, co pazo; o do Arretén, no que nacera a súa nai; o interior da casa da rúa do Príncipe na Coruña, unha de cuxas fotos, de asombroso contraluz, foi escollida para a capa do libro-catálogo, deseño de Xosé Díaz / Imago mundi.
Rosalía de nova en Madrid, na rúa da Ballesta, e xa casada en 1861, no calexo de Álvarez Gato. Está san Ildefonso de Madrid, onde casara con Manuel Murguía, e tamén Vigo, coa imprenta da que saíu Cantares Gallegos, obra que resoa como ‘a gaita, tocando unha alborada de gloria’, do noso foi rexurdimento literario.
A actualidade da escritora nos nosos días ben da man de Pedro Feijóo e o éxito de ‘A memoria da choiva’ (Xerais, 2013), con trama policíaca, ou as súas obras ilustradas en El Patito Editorial, por artistas como Álvaro de la Vega (2012) e Manuel Figueiras (2015), e a nova icona con ar a Warhol. Así a muller con personalidade propia, moderna e feminista, mesmo ecoloxista, desde a linguaxe visual, a mirada persoal intimista conquerida por Lobato.
Etiquetas:
Anxo Angueira,
Rosalía de Castro,
Xurxo Lobato
lunes, 15 de mayo de 2017
lunes, 8 de mayo de 2017
ACHEGÁNDONOS Á GALAXIA CARLOS CASARES
XABIER LIMIA DE GARDÓN
ARTE ET ALIA
Na web de La Región
A Fundación Casares, coa axuda de institucións autonómicas e ourensáns, ben de inaugurar a exposición 'Os Mundos de Carlos Casares' na Sala José Ángel Valente, o principal espazo expositivo municipal. Trátase da mostra institucional co gallo do Ano que lle dedica a Real Academia Galega. Cando remate sairá da cidade onde naceu o escritor da Limia cara outras cidades galegas, para rematar en Xinzo, terra da familia, onde quedará no futuro.
A rechamante montaxe de Xoán Creus e Covadonga Carrasco, que tamén levan o deseño gráfico, ten peso de seu, un enxeño crebado con cubos abertos e unha estrutura de valado en C, con taboleiros asimétricos esparexidos nela con caligrafías e textos..., que arrodeamos para achegarmos e entrar no círculo aberto de CarlosCasares (CC).
A Carpintería Forma armou os case 900 barrotes de madeira branca, con un ar a eses palafitos que puideron existir na lagoa de Antela. Sobre eles vinte cinco maletas cheas de plumas, medallas, esculturas, cámaras fotográficas -Leica M3 e Minox algunhas delas-, trens en miniatura, discos de vinilo, o magnetófono, os cinco Premios da Crítica de Galicia,1980, 1999, 2002 (Galego egrexio) e os dous de 2003, in memoriam, esculturas de Manolo de Buciños, con nenos levantando libros, manuscritos varios, fotos e folletos...
Hai os artigos ‘Con esta lupa’ de La Región, en galego e con debuxos de Siro López de comezos dos anos setenta, está o seu carnet do ‘Diario de la mañana’, Cardenal Quiroga-11-y-15 de correspondente en Madrid nos inicios dos oitenta, e debaixo, un texto seu do ‘Club de los sin maleta’ con finos debuxos da súa man e persoeiros con maletas; e algúns dos ‘A marxe’, nun dos diarios de A Coruña que fai dende 1973, que cimentan a súa escrita e sona. Hai cartaces, como o dos Premios de la Crítica 1976 que gañou Carlos cando os ‘xoguetes’ aínda eran ‘pra un tempo pohibido’, e libros, moitos libros, todos os seus libros, en fermosas edicións de capas vellas e outras recentes, máis inferiores no deseño, todas elas da Editorial Galaxia, que foi o barco que o levou dende o comezo con ‘Vento ferido’, e a axuda imprescindible, necesaria e insubstituíble de Ramón Piñeiro.
Con íl, no asento do tándem, no principio detrás e logo xa diante, dende as ideas de Galicia con voz propia seguiuno ata o Parlamento Galego na primeira lexislatura, co PSOE como vehículo. Os comisarios Chus Martínez e Gustavo A. Garrido dividiron a súa vida en cinco fases, dende as Paisaxes, de infancia e adolescencia, as Luzadas, tempo na Universidade, compromiso político, docencia en Viana do Bolo e Bilbao, e primeiras publicacións; A viaxe, ou Kristina Berg (Karin Anna Kristina, 1948/2012) de Suecia, voda, fillos e fitos na literatura; e Conviña..., como comezaba os seus relatorios na andaina política, coa Lei de Normalización Lingüística; e finalmente no Redondel, a dirección de Galaxia e do Pen Clube de Galicia, a presidencia do Consello da Cultura Galega...
A proposta biográfica é densa de máis. Malia todo, boto a faltar, entre tanta cousa persoal miúda, a Harley Davidson na que levaba de paquete a Torrente Ballester...

lunes, 1 de mayo de 2017
PÉREZ CALVO VISITA OURENSE
Las barracas de las ferias, con su sabor a las nubes de algodón y olor al aceite de los churros, y las casetas de tiro, impresionaron al madrileño Luís Pérez Calvo, que las trae convertidas en plásticas ventanas de arte a la Galería Marisa Marimón. Una obra suya con este tema fue seleccionada para la 31ª edición del Premio BMW de pintura, homenaje a los feriantes que se ganan la vida en las fiestas de pueblo.
Tambien el mundo del circo, los TBO's, el cine...
Luís Pérez Calvo con la galerista Marisa Marimón momentos antes de la inauguración. |
Uno de los conciertos de música, para él tambien relevante como tema, llamó nuestra atención: el de country-rock de los Beau Brummels y su ‘Bradley´s Barn’ de 1968, cuando ya eran un dúo.
La obra que dedica a ello explica su modo proceder, apoyándose en la carátula del disco, que incluye en el centro de la composición como un cartel en color aquel relevante disco de la banda de San Francisco.
Hay en ella, otros del mundo americano en blanco y negro, como la Krazy Cat, o Gata Loca, famoso personaje del Cómic que hizo George Herriman hasta 1944 desde uno de los diarios de Hearst en New York, el Evening Journal. Delante del cartel hay una masa de máquinas Transformers expectantes.

El autor posa para Miguel Villar, La Voz de Galicia, delante de los Batman... |
Batman, superhéroe cansado de serlo, trabaja de fontanero, en supermercados o empleado del hogar, toque de humor cercano al blanco gamberrismo infantil que pintarrajea postales antiguas.
Todo tiene un aire Pop, concepto en el que se siente cómodo el artista que muestra ‘Pipas, chicles y caramelos’, título que se nos antoja una ampliación de la muestra de 2015 en el madrileño barrio de Lavapiés, que junto al de Embajadores son sus espacios-base.
Mas también hay espacio para la mitomanía desde el cine, caso de Sáhara de Zoltan Korda, con Humphrey Bogart. O King Kong.
Etiquetas:
Luís Pérez Calvo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)